Sabino Torres Ferrer, nado en Pontevedra o 24 de xuño de 1924 e finado en Madrid o 23 de maio de 2016[1], foi un editor e escritor galego.
Traxectoria
Comezou a súa actividade xornalística en 1943 na revista Finisterre con Emilio Canda Pérez e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 editou a colección Benito Soto con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira. En 1953 creou o semanario Litoral, do que foi redactor-xefe e subdirector. En 1992 fundou a colección poética Hipocampo Amigo con Emilio Álvarez Negreira. Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1952.[2]
Obra en galego
- Ondas do mar comigo, 1997.
- Trovas de Nadal, 1999.
- Xograría nova, 2000.
- Intres de soidade, 2001.
- As tres columnas, 2008 (narrativa), Galaxia.
- Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930-1960, 2014, Galaxia.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
Obra en castelán
- Cuaderno de Carmen, 1949.
- Versos para la bella Helenes, 2010 (poesía).[3].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas