Salvador del Río
Salvador del Río Pérez nado en Moaña en 1966, é un actor, autor, director e iluminador galego.
Traxectoria
Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no teatro desde moi novo ligado ao grupo de Teatro Aurín e a compañía de teatro profesional Teatro de Ningures. Actor en numerosas compañías de teatro profesional galegas, actor en series de televisión e cine. Foi director das seis primeiras edicións do MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario) e director técnico do Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas desde 1998. Traballou tamén en numerosas series e producións audiovisuais.
Obras
- 1987. Belerian. O faiado das aventuras. Salvador del Río; Pedro Pablo Riobó; Marcos Viéitez; Revista Galega de Teatro, nº 23, 2000.
Dirección teatral
- 1994. A gata sobre o tellado de zinc quente, para Teatro Aurín.
- 1999. Morde-me, para IES María Soliño.
- 1999. Ñaque, ou de piollos e actores, para Llullu Teatro.
- 2000. Os figurantes, para IES María Soliño.
- 2001. O circo enmeigado, para Llullu Teatro.
- 2002. O principiño, para Teatro de Ningures.
- 2002. Roberto Zucco, para a Aula de Teatro da Universidade de Vigo.
- 2003. Supertot, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo.
- 2004. Morde-me, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo.
- 2005. Pic-nic, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo.
- 2006. Gordiñas, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo.
- 2007. Nosa señora das nubes, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo.
Como actor
- 1982. Dos arquivos do trasno, con Teatro Aurín.
- 1984 Pequena farsa dos amores desencontrados, con Teatro Aurín.
- 1984. O triángulo ateo, con Teatro Aurín.
- 1985. Os anxos e o sangue, con Teatro Aurín.
- 1987. Belérian. O faiado das aventuras, con Teatro Aurín.
- 1988. Máis cine, por favor, con Teatro Aurín.
- 1990. O tendal, con Teatro Aurín.
- 1991. Así é se vos parece, co Centro Dramático Galego.
- 1991. Elektra, con Teatro de Ningures.
- 1991. O incerto señor don Hamlet, co Centro Dramático Galego.
- 1992. Crónica de Pantagruel, con Teatro de Ningures.
- 1993. O polbo, con Teatro de Ningures.
- 1994. Macbett, con Producións Teatrais do Sur.
- 1995. Tic-Tac, con Teatro de Ningures.
- 1996. Como en Irlanda, co CDG.
- 1996. Terra de Lobos, con Teatro de Ningures e Centro Dramático de Viana (Portugal)
- 1997. O bufón e El Rei, co CDG.
- 1997. O peregrino errante que cansou ó demo, co CDG.
- 1998. Lugar común, con Teatro de Ningures.
- 1999. Memoria de Antígona, co CDG.
- 1999. Morte accidental dun anarquista, con Teatro do Morcego.
- 2000. A Branca Rosa, con Teatro do Morcego.
- 2000. Momo, con Teatro do Morcego.
- 2001. A cacatúa verde, co CDG.
- 2001. Fausto, con Teatro de Ningure.
- 2001. Os vellos non deben de namorarse, con Teatro do Morcego.
- 2002. Círculo, con Teatro de Ningures.
- 2002. A gran ilusión, con Teatro do Morcego.
- 2004. O caso da rúa Lourcine, con Teatro do Morcego.
- 2004. Defensa de dama, con Compañía de Teatro Balea Branca.
- 2004. Un tranvía de nome desexo, con Compañía de Teatro Balea Branca.
- 2004. Troianas, con Teatro de Ningures.
- 2005. Tartufo, con Teatro de Ningures.
- 2006. Misericordia, con Teatro de Ningures.
- 2007. Emigrados, con Teatro de Ningures.
Series de televisión
Todas na TVG:
Cine
Véxase tamén
Bibliografía
- Catálogo de dramaturgos galegos, 1973-2004, VV.AA.; CDEMGA, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, Santiago de Compostela, 2005.
- Como en Irlanda, IGAEM, 1996, Santiago de Compostela.
- A cacatúa verde, IGAEM, 2001, Santiago de Compostela.
- O peregrino errante que cansou ó demo, IGAEM, 1997, Santiago de Compostela.
Ligazóns externas
|
|