MacLaine debutou no cine en 1955, cun papel no filme de Alfred HitchcockThe Trouble with Harry.
Interpretou numerosos papeis en filmes clásicos como O apartamento de Billy Wilder, A forza do cariño ou Steel Magnolias, e traballou cunha extensísima listaxe de actores, actrices, directores e produtoras da «sétima arte».
A súa versatilidade e carisma permitíronlle interpretar unha ampla gama de personaxes durante sete décadas de carreira, sendo o último filme no que participou até a data A Family Affair, en 2024 (aos seus noventa anos).
Crenzas e libros
MacLaine é coñecida pola súa devoción na crenza da reencarnación. Así mesmo, escribiu numerosas obras autobiográficas, a maioría das cales tratan sobre as súas crenzas new age como o solipsismo[Cómpre referencia] e sobre a súa carreira en Hollywood.
Escribiu nove libros sobre a súa procura espitual, entre eles The Camino: A Journey of the Spirit .<, escrito após a súa viaxe a Santiago de Compostela. Durante trinta días fixo o Camiño Francés mentres practicaba "meditación trascendental"[2] e escribiu o libro onde afirma que experimentou revelacións sobre vidas pasadas, a orixe do universo e segredos de civilizacións antigas.[3][4]
O escritor mexicano Carlos Fuentes dedicoulle a súa novela Cumpleaños, na que trata o tema da reencarnación.
Shirley MacLaine ten unha filla, Sachi Parker, nada en 1956, que escribiu un libro sobre a súa atípica relación materno-filial. Nel di que a nai lle dixo que o seu verdadeiro pai era un astronauta chamado Paul que estaba viaxando nas Pléiades, e que o seu pai terrestre, Steve Parker, era un clon dese astronauta.[6]