Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Tim Burton

Modelo:BiografíaTim Burton

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Timothy Walter Burton Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Burbank, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes
12 de maio de 2010 – 24 de maio de 2010
← Isabelle HuppertRobert De Niro → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBurbank (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto das Artes de California - valor descoñecido (–1981)
Burbank High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, animador, actor, poeta, deseñador, produtor de cinema, escritor, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorThe Walt Disney Studios (pt) Traducir (1981–1984) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJules Engel Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLena Gieseke (1989–1991), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaMonica Bellucci (2023–)
Helena Bonham Carter (2001–2014)
Lisa Marie (1993–2001) Editar o valor en Wikidata
FillosBilly Burton
 () Helena Bonham Carter
Nell Burton
 () Helena Bonham Carter Editar o valor en Wikidata
PaisBill Burton Editar o valor en Wikidata  e Jean Rae Erickson Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webtimburton.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000318 Allocine: 6494 Rottentomatoes: celebrity/tim_burton Allmovie: p83666 TCM: 25935 Metacritic: person/tim-burton TV.com: people/tim-burton
Facebook: TimBurton Twitter: TimBurton_JP Instagram: timburton BNE: XX838562 Musicbrainz: 94ec1dfd-9fde-470e-bd77-de3579ef5549 WikiTree: Burton-3547 Editar o valor en Wikidata

Timothy William Burton,[1][2] nado en Burbank (California) o 25 de agosto de 1958, é un director e produtor de cinema, guionista e artista estadounidense. É coñecido polos seus filmes de fantasía gótica e de terror, como Beetlejuice (1988), Edward Scissorhands (1990), The Nightmare Before Christmas (1993), Ed Wood (1994), Sleepy Hollow (1999), A noiva cadáver (2005), Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street (2007) e Frankenweenie (2012), mais Burton tamén dirixiu filmes de superheroes como Batman (1989) e Batman volve (1992), o filme de ciencia ficción Planet of the Apes (2001), o drama Big Fish (2003), o musical Charlie e a fábrica de chocolate (2005), e os filmes de fantasía Alice in Wonderland (2010) e Miss Peregrine's Home for Peculiar Children (2016).

Burton traballou de forma habitual co actor Johnny Depp e co compositor Danny Elfman, quen compuxo a banda sonora de tódolos seus filmes agás tres. Helena Bonham Carter, exparella de Burton, tamén apareceu en moitos dos seus filmes. Burton escribiu e ilustrou o libro de poesía The Melancholy Death of Oyster Boy & Other Stories, publicado en 1997 pola editorial británica Faber and Faber, e un recompilatorio de debuxos, bosquexos e outras pezas artísticas en The Art of Tim Burton, lanzado no ano 2009. Entre os seus premios e recoñecementos salientan dous nomeamentos ós Premios Óscar e tres ós premios BAFTA, e ter gañado un Premio Emmy e un Globo de Ouro.

Traxectoria

Primeiros anos

Burton naceu en 1958, en Burbank, California, sendo o fillo de Jean Burton (nada como Erickson) (1933–2002), propietaria dunha tenda de agasallos de temática de gatos, e William "Bill" Burton (1930–2000), un ex xogador de béisbol de ligas menores que traballaba para o Departamento de Recreación e Parques de Burbank.[3][4] Sendo preadolescente, Burton fixo curtametraxes no patio traseiro en Evergreen Street usando técnicas de animación en stop motion ou gravando en película de 8 mm sen son (un dos seus últimos traballos xuvenís é The Island of Doctor Agor, que fixo cando tiña 13 anos). Burton asistiu á Escola Elemental Providencia en Burbank, e despois ó Instituto de Burbank, mais non foi particularmente un bo estudante. Foi membro do equipo de wáter-polo no instituto. Burton era unha persoa introspectiva e desfrutaba pintando, debuxando e vendo filmes. O seu traballo futuro estaría fortemente influenciado polas obras dos seus heroes da infancia como Dr. Seuss e Roald Dahl.[5] Logo de graduarse do instituto, Burton asistiu ó Instituto Californiano de Artes en Valencia, Santa Clarita, para estudar animación de personaxes.[6] Como estudante en CalArts, Burton fixo as curtametraxes Stalk of the Celery Monster e King and Octopus.[7]

Década de 1980

Stalk of the Celery Monster atraeu a atención da división de animación de Walt Disney Productions, que lle ofreceu a Burton unhas prácticas de aprendizaxe como animador no estudio.[6] Alí traballou como animador, artista de storyboard, deseñador gráfico, director de arte e artista conceptural para filmes como The Fox and the Hound (1981), Tron (1982) e The Black Cauldron (1985). A súa arte conceptual nunca chegou a reflectirse nos filmes rematados.

Durante a súa época en Disney, en 1982 Burton fixo a súa primeira curtametraxe, Vincent, unha animación en stop motion de seis minutos que está baseada nun poema escrito por Burton sobre un neno que fantasea con ser o seu ídolo Vincent Price, con Price narrando a historia. O filme foi producido por Rick Heinrichs, con quen Burton fixera amizade traballando no departamento de arte conceptual de Disney. O filme presentouse no Festival Internacional de Cinema de Chicago e estreouse nos cinemas dos Ánxeles durante dúas semanas xunto co drama adolescente Tex. Despois disto, Burton comezou a súa primeira produción de acción en vivo, Hansel and Gretel, unha adaptación de temática xaponesa do conto popular dos irmáns Grimm para Disney Channel, a cal remata cunha loita de kung fu entre Hansel e Gretel e a bruxa. O filme emitiuse unha única vez en 1983 durante Halloween, e debido a que é extremadamente difícil atopar referencias de imaxes, existían rumores de que o proxecto xamais se realizou. A curtametraxe fíxose finalmente pública en 2009 no Museo de Arte Moderna de Nova York, e de novo en 2011 como parte dunha exhibición de Tim Burton en LACMA.[8][9] Foi amosada de novo no Museo de Arte de Seúl en 2012.[10]

A súa segunda curtametraxe de acción en vivo foi Frankenweenie, estreada en 1984. Está protagonizada por Barret Oliver, Daniel Stern e Shelley Duvall. Filmado en branco e negro e inspirado en Frankenstein de James Whale, Frankenweenie conta a historia dun neno que reanima ó seu can Sparky, que fora atropelado por un automóbil. Despois de que Frankenweenie fose completada, Disney despediu a Burton, baixo o pretexto de gastar os recursos da compañía nun filme que é escuro e terrorífico de máis para que o visen os nenos.[11]

O actor Paul Reubens viuFrankenweenie e escolleu a Burton para dirixir a versión cinematográfica do seu popular personaxe Pee-wee Herman, afirmando no comentario de son do lanzamento en DVD de 2000 de "Pee-wee's Big Adventure" que tan axiña como comezou a curta, convenceuse do estilo de Burton. Pee-wee Herman gañou moita popularidade debido á obra de The Groundlings e the Roxy que máis tarde se convertería nun especial de HBO. O filme, Pee-wee's Big Adventure, foi realizado cun orzamento de 8 millóns de dólares e recadou máis de 40 millóns en América do Norte. Burton, un fanático do grupo musical ecléctico Oingo Boingo, pediulle ó guitarrista e vocalista Danny Elfman que compuxese a música para a película. Dende entón, Elfman creou a música de tódolos filmes de Burton agás Ed Wood,[12] Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street e Miss Peregrine's Home for Peculiar Children.

Despois de dirixir episodios para as revitalizadas series de televisión Alfred Hitchcock Presents e Faerie Tale Theatre de Shelley Duval, Burton dirixiu o seu seguinte gran proxecto. Beetlejuice (1988) é unha comedia supernatural acerca dunha parella nova forzada a soportar coa vida despois da morte, así como cunha familia de iuppies pretenciosos que invadiron a súa atesourada casa en Nova Inglaterra. Protagonizada por Alec Baldwin e Geena Davis, e con Michael Keaton como a famosa e repulsiva pantasma Beetlejuice, a película gañou cerca de 80 millóns de dólares, cun orzamento relativamente baixo. O filme tamén gañou o Oscar á mellor maquillaxe.

A habilidade de Burton para producir éxitos con baixos presupostos impresionou ós executivos, e recibiu a súa primeira película de gran presuposto, Batman, en 1989. A realización da mega-produción, ambientada en Londres, estivo pragada de problemas. Burton repetidamente discutiu cos produtores da película, Jon Peters e Peter Guber, pero a desfeita máis notoria involucrou ó elenco. Burton quería incluír a Michael Keaton polo seu papel anterior como Beetlejuice, malia o físico de Keaton, a súa inexperiencia con películas de acción, e a súa reputación como actor cómico. Aínda que Burton finalmente logrou o seu propósito, o furor sobre o elenco provocou gran animosidade entre os fanáticos, mesmo provocando o descenso do valor comercial das accións de Warner Brothers. Burton considerara ridículo elixir a alguén musculoso como Batman, insistindo en que o Xusticeiro Alado debería ser un home ordinario (aínda que incriblemente rico) vestido nun elaborado disfrace de morcego para asustar ós criminais. Burton escolleu a Jack Nicholson como O Joker (Tim Curry era a segunda opción) nun movemento que axudou a calmar os temores dos fans, así como para atraer audiencias maduras non tan interesadas nas películas de superheroes. Ó estrearse a película en xuño de 1989, foi apoiada pola campaña de mercadotecnia e mercancía máis grande da historia do cine ata ese momento, converténdose no éxito de portelo máis grande da historia, recadando máis de 250 millóns de dólares nos Estados Unidos e 400 a nivel mundial. A película resultou ser unha grande influencia para futuras películas de superheroes, que tomaron parte do brillo e do heroísmo americano de Superman para personaxes máis estraños e con máis profundidade emocional. O estilo gótico estilizado de Gotham City terminou sendo adoptado para a imaxe da cidade nas tiras cómicas.

Década de 1990

En 1990 Burton co-escribiu (con Caroline Thompson) e dirixiu Edward Scissorhands, volvendo a traballar con Winona Ryder, despois de coincidiren en Beetlejuice. Johnny Depp, un ídolo da adolescencia a finais dos anos oitenta polo seu traballo na serie de televisión 21 Jump Street, foi elixido para o papel de Edward, a creación dun inventor excéntrico e anticuado interpretado por Vincent Price, na que sería a súa última aparición na pantalla antes de morrer. Edward parecía humano, pero debido á repentina morte do seu creador, quedou con tesoiras no canto de mans. Situada nos suburbios (a película filmouse en Florida), a película é considerada a autobiografía de Burton en canto á súa infancia nos suburbios de Burbank. Price algunha vez dixo que "Tim é Edward". Johnny Depp escribiu un comentario similar no prólogo do libro de Mark Salisbury, Burton on Burton, referíndose ó seu primeiro encontro con Burton para o filme. Edward é considerada como a mellor película de Burton por fanáticos e críticos.

Esta película presenta unha estética moi característica de Tim Burton: composicións visuais levadas ó límite, tanto nos cadros como nas cores, os deseños dos lugares, os personaxes e os obxectos. A película representa a súa clara visión do romanticismo máis inocente: o dun mozo que non coñece o amor, e é tal o sentimento exercido que resulta emotivo e entrañable.

Malia que Warner Brothers rexeitara facer a máis persoal Scissorhands aínda despois do éxito de Batman, Burton finalmente accedeu a dirixir a secuela coa condición de ter control creativo total (de aí a escuridade que a caracteriza). O resultado foi Batman volve que tiña a Michael Keaton regresando como o Cabaleiro da Noite, e un novo conxunto de viláns: Danny DeVito (como O Pingüón), Michelle Pfeiffer (como Catwoman), e Christopher Walken. Máis escura e persoal que a súa predecesora, houbo queixas de que a película era moi forte para a infancia. As audiencias estaban máis incómodas coa sexualidade explícita, personificada polo suxestivo e fetichista estilo do disfrace de Catwoman. Un crítico mencionou, "demasiados viláns arruinaron a Batman", facendo énfase na decisión de Burton de enfocar a historia máis nos malos que en Batman (aínda que isto tamén pasara no filme anterior). A película tamén polarizou ós fanáticos, algúns encantados coa escuridade e rareza, mentres que outros dicían que non era fiel ós elementos básicos da fonte. A pesar dalgunhas destas controversias, Tim Burton fíxolle moitos cambios ó Pingüín; o mesmo elemento aplicaríase á tira cómica e á televisión. Converteu ó home ordinario nun fenómeno da natureza que parecía un pingüín con mans como aletas. Ademais, o alongado nariz do Pingüín foi cambiado por Burton para parecer un pico. Batman volve recadou 160 millóns de dólares que, malia ser un éxito, foi moito menos do que se esperaba.

Burton empezou a facer o traballo preliminar para a terceira entrega. Val Kilmer foi escollido para o papel principal (despois de que Michael Keaton rexeitara o personaxe debido a que Burton deixou o proxecto), Chris O'Donnell foi escollido para o papel de Robin, Jim Carrey como The Riddler (despois de que Robin Williams rexeitara o papel), Tommy Lee Jones como Dúas Caras, e Nicole Kidman foi elixida como o interese romántico de Batman, a Dra. Chase Meridian. Warner Brothers prescindiu de Burton despois de decatarse de que o ton da película era similar a Batman volve. Burton deixou a franquía de Batman, se ben regresou como produtor para Batman Forever dirixida por Joel Schumacher en 1995. Desta película dixo que tiña un título "como unha tatuaxe que fas cando estás drogado".

Despois, Burton escribiu e produciu The Nightmare Before Christmas (1993), que non dirixiu por conflitos de axenda con Batman Returns. Orixinalmente ía ser un libro para nenos con rimas. A película foi dirixida por Henry Selick e escrita por Michael McDowell e Carolina Thompson, baseado na historia, mundo e personaxes orixinais de Burton. O deseño das escenografías, os personaxes e a historia fixeron desta película unha pequena obra mestra non comprendida pola crítica. Porén, a historia do rei do país do Halloween que desexa converterse nun benévolo Papá Noel foi ben recibida polo público, converténdose nunha película de culto. Desde entón os produtos alusivos á cinta véndense por millóns, desde carteiras ata xoguetes. Burton colaborou con Selick de novo para Jim e o Pexego Xigante (1996), película que Burton co-produciu. A película axudou a xerar un renovado interese na animación stop motion.

Unha escena borrada de The Nightmare Before Christmas representaba a un grupo de vampiros xogando ó hóckey nun lago conxelado coa cabeza decapitada do produtor, Tim Burton. A cabeza foi substituída cunha cabaza de Halloween.

Burton nunca negou a influencia da ciencia ficción nas súas cintas, sobre todo a que proviña do cine camp, películas de baixo presuposto dos anos 50: cintas de monstros, vampiros e outras atrocidades que se volveron de culto cos anos.

A súa seguinte película, Ed Wood (1994), foi de moita menor escala, retratando a vida de Edward D. Wood Jr., un director coñecido como "o peor director da historia". Protagonizada por Johnny Depp, a película é unha homenaxe ó director de películas de horror e ciencia ficción de baixo presuposto que Burton vía de neno, e manexa ó seu cómico protagonista e ó seu grupo de personaxes estraños con sorprendente amabilidade e sensibilidade. As películas de Wood eran acartonadas, con malas actuacións e torpes personaxes que chocaban contra os decorados tirándoos. A súa temática era a ciencia ficción, o terror e o travestismo, pero el consideraba que era un director equiparable a Orson Welles. Esta é en si a esencia do filme de Burton. A incapacidade de Ed Wood para realizar os seus desexos de ser un gran director de cine. Foi filmada en branco e negro, cun elenco envidiable, que inclúe a actores como Martin Landau, Bill Murray, Jeffrey Jones ou Lisa Marie. Esta cinta é considerada por moitos como do mellor que fixo o cineasta, cun toque charramangueiro, rendindo homenaxe de paso, ó actor húngaro Béla Lugosi, que fixera o primeiro Drácula (1931) e que nos seus últimos anos actuou en varias películas de Wood.

Debido ós encontros creativos durante a realización de The Nightmare Before Christmas, Danny Elfman non quixo musicar Ed Wood, e a tarefa recaeu en Howard Shore. Aínda que foi un fracaso comercial ó estrearse, Ed Wood foi ben recibida polos críticos, gañou unha sólida base de fanáticos, e reviviu o interese nas películas de Ed Wood.

Inmerso na iconografía charramangueiro dos anos 50, o seguinte proxecto de Burton foi Mars Attacks! (1996), para o que se reuniu con Elfman. Baseada nunha serie de cartas de ciencia ficción, a cinta era un híbrido das películas fantásticas dos anos 50 e as de desastre total dos 70 (intelixentes cacofonías de sátira e desastre idiota). Por coincidencia resultou ser unha parodia non intencionada do éxito de portelo Independence Day, filmada ó mesmo tempo e estreada cinco meses antes. Aínda que a película contaba cun amplo elenco de estrelas, incluíndo a Jack Nicholson, Pierce Brosnan, Michael J. Fox, Sarah Jessica Parker, Natalie Portman, Jack Black, Danny DeVito, Tom Jones, Glenn Close ou Christina Applegate entre outros, foi desprezada polos críticos e case ignorada pola audiencia norteamericana. Porén, a recreación dunha mala película dos 50 foi recibida con éxito no estranxeiro, e logrou facerse cunha base de fanáticos mercede á emmisión por televisión e o DVD.

O seu libro The Melancholy Death of Oyster Boy & Other Stories foi publicado en 1996. A colección de versos sobre nenos mutantes como Neno Ostra, Nena Misto, Neno Mancha (que tivo a súa propia serie de caricaturas en formato Flash en Atomfilms.com), a Nena que se converteu nunha Cama, e outras invencións fantásticas. O libro foi publicado pola compañía Faber and Faber, que tamén publicou o deseño orixinal de Sleepy Hollow en 1999.

Sleepy Hollow foi estreada en 1999. Resultou un regreso ó Burton orixinal, cun escenario moi natural, sets únicos e outra excelente actuación de Johnny Depp como Ichabod Crane, agora un detective cun interese na ciencia forense en lugar dun mestre de escola na historia orixinal de Washington Irving. Burton rendeulle homenaxe á compañía inglesa Hammer Film Productions, pois era un entusiasta fanático das súas antigas películas de terror.

Un grupo de regulares de Burton apareceu como personaxes secundarios (Michael Gough, Ian McDiarmid, Jeffrey Jones e Christopher Walken, entre outros) e Christina Ricci foi elixida para o papel de Katrina Van Tassel. Ben recibida pola crítica, con mención especial á musicalización gótica de Elfman e cunha fotografía impecable obra de Emmanuel Lubezki, gañou un Oscar por Mellor Dirección de Arte, así como dous BAFTAs por Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Deseño de Produción. Un éxito na portelo, Sleepy Hollow foi un punto de inflexión para Burton. Acompañado dun cambio na súa vida persoal (separouse de Lisa Marie), Burton cambiou radicalmente de estilo no seu seguinte proxecto, deixando os bosques encantados e coloridos estraños para dirixir Planet of the Apes que, como Burton ten comentado, non era un "remake" do filme orixinal.

Década de 2000

Burton (dereita) e Pedro Almodóvar na estrea de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street en Madrid, no ano 2007.

Planet of the Apes (2001) foi un éxito comercial, recadando 68 millóns de dólares na fin de semana de estrea. A principal crítica foi o aire comercial co que se dotou a varios aspectos da cinta, fuxindo do ton escuro, cerebral e nihilista da versión de 1968. A película foi unha significativa separación do estilo usual de Burton, e houbo moitos debates sobre se en realidade era un filme de Burton ou era un simple encargo de dirección. Houbo noticias sobre varios choques entre Burton e o estudio durante a rodaxe, chegando ó extremo de que un día Tim deixou o set e parou a filmación. Tamén houbo rumores sobre cambios de último minuto na película. Malia o éxito comercial, e que o final suxería claramente a posibilidade dunha secuela, non parece haber intencións por parte do estudio nin de Burton de continuar a saga.

Big Fish (2003) contou coas actuacións de Helena Bonham Carter, Ewan McGregor, Jessica Lange, Albert Finney, Steve Buscemi e Alison Lohman. Na película, un encargo dos estudios Disney, Tim intenta devolver algo á sociedade americana, pois segundo di "a nosa cultura é pouca por que o noso país, é un país de inmigrantes". É tamén unha película intensa en canto á relación Pai/Fillo. Recibiu un nomeamento ós premios Globos de Ouro.

Charlie e a fábrica de chocolate foi un éxito en portelo, que recadando máis de 207 millóns de dólares tan só nos Estados Unidos. A imaxe, voz e maneiras de Depp como Willy Wonka, o dono da fábrica, foron comparadas coa estrela do pop Michael Jackson e coa estrela de rock alternativo Marilyn Manson, aínda que o actor argumenta que a súa principal inspiración viu de antigas estrelas infantís de televisión.

A noiva cadáver é unha película máis adulta, que se pretendeu comparar con The Nightmare Before Christmas. A historia está baseada nun conto da tradición rusa-xudía Ortodoxa, na que un mozo, mentres practica cos seus votos de matrimonio no bosque antes de pedirlle matrimonio á súa prometida, comprométese co cadáver dunha moza que agardaba polo seu verdadeiro amor. A película está adaptada e conta con abundantes toques de humor. Conta ademais co gran compositor de bandas sonoras Danny Elfman.

Vida persoal

Burton casou coa artista alemá Lena Gieseke, divorciándose en 1991, pouco despois da filmación de Batman Returns.[13] Burton foi parella de Lisa Marie, que actuou en moitos dos seus filmes durante a súa relación entre 1992 e 2001, salientando Sleepy Hollow, Ed Wood e Mars Attacks!. Burton desenvolveu unha relación romántica coa actriz inglesa Helena Bonham Carter, á cal coñeceu durante a rodaxe de Planet of the Apes. Marie respondeu en 2005 cunha poxa de pertenzas persoais que Burton deixara atrás, para consternación del.[14]

Burton e Bonham Carter tiveron dous fillos: William Raymond, nado en 2003; e Nell, nada en 2007.[15] O representante de Bonham Carter declarou en decembro de 2014 que a parella rompeu amistosamente a comezos dese ano.[16] Non está claro se estaban casados ou non; Bonham Carter utilizou a palabra divorcio ao comentar o final da súa relación.[17] mentres que outros medios de comunicación afirman que nunca estiveron casados.[16]

O 15 de marzo de 2010, Burton recibiu a insignia de Chevalier des Arts et des Lettres do Ministro de Cultura francés Frédéric Mitterrand.[18] Ese mesmo ano, Burton foi o Presidente do Xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2010, celebrado entre o 12 e o 24 de maio en Cannes, Francia.[19]

Nunha entrevista de 2005 con Evening Standard, Bonham Carter especulou sobre a posibilidade de que Burton tivese trazos da síndrome de Asperger.[20]

Filmografía

Como director

Como produtor

Libros

  • Burton on Burton, editado por Mark Salisbury (1995, edicións revisadas de 2000, 2006)
  • The Melancholy Death of Oyster Boy & Other Stories (1997)
  • The Art of Tim Burton, escrito por Leah Gallo (2009)
  • The Napkin Art of Tim Burton: Things You Think About in a Bar, editado por Holly Kempf e Leah Gallo (2015)

Notas

  1. Museum of Modern Art (MoMA) web appearance for a 2009 exhibition on Tim Burton's art work.
  2. Magliozzi, Ronald S.; He, Jenny (2009). Tim Burton (en inglés). The Museum of Modern Art. ISBN 9780870707605. 
  3. Morgenstern, Joe (9 de abril de 1989). "Tim Burton, Batman and The Joker". NYTimes.com. Consultado o 12 de marzo de 2010. 
  4. Gray, Sadie. "Tim+Burton". The Times (Londres). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2021. Consultado o 25 de maio de 2010. 
  5. Alison McMahan (2005). "The Films of Tim Burton: Animating Live Action in Contemporary Hollywood". p.27. Continuum International Publishing Group, 2005
  6. 6,0 6,1 Kashner, Sam (2014). "The Class That Roared". Vanity Fair. Consultado o 13 de febreiro de 2014. 
  7. "Tim Burton's early short: 'King and Octopus' Clip". YouTube. 5 de decembro de 2009. Consultado o 4 de xuño de 2010. 
  8. "Is the Tim Burton Exhibition at LACMA for Kids?". museumstories.com. Consultado o 6 de marzo de 2017. 
  9. Chang, Richard (3 de xuño de 2011). "Exhibit covers Tim Burton's career as filmmaker and artist". Orange County Register. Consultado o 6 de marzo de 2017. 
  10. Cha, Frances (11 de decembro de 2012). "Tim Burton's 'nightmares' become hit museum exhibit". CNN. Consultado o 6 de marzo de 2017. 
  11. Bovingdon, Edward (18 de outubro de 2012). "Tim Burton: How Disney fired me". Yahoo! Inc. 
  12. Calamar, Gary (28 de agosto de 2005). "Danny Elfman". The Open Road. KCRW. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  13. Pringle, Gill (26 de febreiro de 2010). "Tim Burton: Boyhood traumas of a director". The Independent (UK). Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  14. Stephen M. Silverman (6 de marzo de 2005). "Tim Burton Riled over Sale by Ex Lisa Marie". People. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  15. Norman, Pete (7 de agosto de 2008). "Helena Bonham Carter Reveals Her 7-Month-Old's Name". People. Consultado o 3 de maio de 2009. 
  16. 16,0 16,1 Chiu, Melody (23 de decembro de 2014). "Helena Bonham Carter and Tim Burton Split". People. Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  17. Foster, Alistair (3 de maio de 2016). "Helena Bonham Carter: 'I wanted to put 'handle with care' tape on my forehead when Tim and I split'". Evening Standard (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2019. 
  18. "Marion Cotillard stabbed with pin as she collects French award". The Telegraph. 16 de marzo de 2010. 
  19. "Tim Burton, President of the Jury of the 63rd Festival de Cannes". Festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2010. 
  20. Jones, Liz (16 de novembro de 2005). "Helena's secret pain". Evening Standard (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

Bibliografía

Read other articles:

Venus van Willendorf Le déjeuner sur l'herbe van Edouard Manet Een naakt is in de kunstwereld, vooral in de schilder- en beeldhouwkunst en in de fotografie, een afbeelding van een naakte – meestal menselijke of mensachtige – figuur. Naaktheid is al sinds de prehistorie een veelgebruikt kunstzinnig motief. Afbeeldingen van de naakte mens komen al voor in de prehistorie, onder andere in de vorm van Venusbeeldjes, die dan een cultische en niet zozeer een erotische bedoeling hebben. Oudheid ...

 

Dieser Artikel behandelt den Ort in Niedersachsen. Siehe auch: Haus Martfeld, Rittergut in Schwelm. Wappen Deutschlandkarte 52.8760194444449.063122222222212Koordinaten: 52° 53′ N, 9° 4′ O Basisdaten Bundesland: Niedersachsen Landkreis: Diepholz Samtgemeinde: Bruchhausen-Vilsen Höhe: 12 m ü. NHN Fläche: 35,06 km2 Einwohner: 2838 (31. Dez. 2022)[1] Bevölkerungsdichte: 81 Einwohner je km2 Postleitzahl: 27327 Vorwahl: 04255 K...

 

Lutter Mündung der Lutter in die Leine; im Hintergrund, hinter den Bäumen, erkennt man die Göttinger Kläranlage Mündung der Lutter in die Leine; im Hintergrund, hinter den Bäumen, erkennt man die Göttinger Kläranlage Daten Lage In Göttingen Flusssystem Weser Abfluss über Leine → Aller → Weser → Nordsee Quelle Im Göttinger Wald Mündung In die Leine51.5550229.915423Koordinaten: 51° 33′ 18″ N, 9° 54′&...

Association football club in Angus, Scotland, UK Football clubForfar UnitedFull nameForfar United Junior Football ClubNickname(s)UnitedFounded1974GroundGuthrie ParkLochside RoadForfarCapacity2,500ManagerDanny LowLeagueSJFA Midlands League2022–23SJFA Midlands League, 11th of 19 Home colours Away colours Forfar United Junior Football Club are a Scottish football club based in Forfar, Angus. The current club was formed in August 2020 following the amalgamation of the Forfar amateur team Lowson...

 

This article includes a list of references, related reading, or external links, but its sources remain unclear because it lacks inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (May 2020) (Learn how and when to remove this template message) General Winston's Daughter is a fantasy novel by American writer Sharon Shinn, published in 2007. General Winston's Daughter AuthorSharon ShinnCover artistBarry Marcus (photo), Linda McCarthy (design)Country...

 

Traktat Berlin Nama panjang: Traktat antara Britania Raya dan Irlandia, Austria-Hungaria, Prancis, Jerman, Italia, Rusia dan Utsmaniyah, untuk penyelesaian urusan timur. bahasa Inggris: Treaty between Great Britain and Ireland, Austria-Hungary, France, Germany, Italy, Russia, and the Ottoman Empire, for the Settlement of the Affairs of the East Eropa Tenggara setelah Kongres BerlinKonteksKongres Berlin setelah Perang Rusia-Turki (1877–1878)Ditandatangani13 Juli 1878 (1878-07-13)Lok...

Cet article est une ébauche concernant la chronologie de l'architecture. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Chronologies Données clés 1537 1538 1539  1540  1541 1542 1543Décennies :1510 1520 1530  1540  1550 1560 1570Siècles :XIVe XVe  XVIe  XVIIe XVIIIeMillénaires :-Ier Ier  IIe  IIIe Chronologies thématiques Architecture Arts plastiques ...

 

American basketball player Ashton HagansHagans with Kentucky in 2019No. 19 – Rip City RemixPositionPoint guardLeagueNBA G LeaguePersonal informationBorn (1999-07-08) July 8, 1999 (age 24)Cartersville, Georgia, U.S.Listed height6 ft 3 in (191 cm)Listed weight190 lb (86 kg)Career informationHigh schoolNewton(Covington, Georgia)CollegeKentucky (2018–2020)NBA draft2020: undraftedPlaying career2020–presentCareer history2020–2021Minnesota Timberwolves20...

 

The British Virgin Islands records in swimming are the fastest ever performances of swimmers from British Virgin Islands, which are recognised and ratified by the British Virgin Islands Swimming Association. All records were set in finals unless noted otherwise. Long Course (50 m) Men Event Time Name Club Date Meet Location Ref 50 m freestyle 100 m freestyle 200 m freestyle 400 m freestyle 800 m freestyle 1500 m freestyle 50 m backstroke 100 m backstroke 200 m backstroke 50 m breaststroke 100...

Pour des articles plus généraux, voir Chronologie des États-Unis et 1916. Éphémérides 9 mars : raid de Pancho Villa sur Columbus (Nouveau-Mexique). Photographie de 1916Chronologie des États-Unis 1913 1914 1915  1916  1917 1918 1919Décennies aux États-Unis :1880 1890 1900  1910  1920 1930 1940 Chronologie dans le monde 1913 1914 1915  1916  1917 1918 1919Décennies :1880 1890 1900  1910  1920 1930 1940Siècles :XVIIIe XIXe &#...

 

Battle of the Anglo-Spanish War Siege of Santo DomingoPart of the Anglo-Spanish War (1654–60)Puerta del Conde originally named Fort San Genaro.DateApril 23–30, 1655LocationSanto Domingo, Hispaniola(present-day Dominican Republic)18°28′35.00″N 69°53′35.99″W / 18.4763889°N 69.8933306°W / 18.4763889; -69.8933306Result Spanish victory[1]English forces fail to capture Hispaniola[1]Belligerents Spanish Empire  Commonwealth of EnglandComma...

 

Penyuntingan Artikel oleh pengguna baru atau anonim untuk saat ini tidak diizinkan.Lihat kebijakan pelindungan dan log pelindungan untuk informasi selengkapnya. Jika Anda tidak dapat menyunting Artikel ini dan Anda ingin melakukannya, Anda dapat memohon permintaan penyuntingan, diskusikan perubahan yang ingin dilakukan di halaman pembicaraan, memohon untuk melepaskan pelindungan, masuk, atau buatlah sebuah akun. Artikel ini membutuhkan rujukan tambahan agar kualitasnya dapat dipastikan. Mohon...

1982 filmApprehensionDirected byLothar WarnekeWritten byLothar WarnekeHelga SchubertStarringChristine SchornCinematographyThomas PlenertEdited byErika LehmphulMusic byCésar FranckRelease date 1982 (1982) CountryEast GermanyLanguageGerman Apprehension (German: Die Beunruhigung) is a 1982 East German drama film written and directed by Lothar Warneke and starring Christine Schorn.[1] The film was entered into the main competition at the 39th edition of the Venice Film Festival.[...

 

Railway station in Toronto, Ontario, Canada Etobicoke NorthGeneral informationLocation1949 Kipling AvenueToronto, OntarioCanadaCoordinates43°42′22″N 79°33′48″W / 43.70611°N 79.56333°W / 43.70611; -79.56333Owned byMetrolinxPlatforms1 side platformTracks3 mainline 1 sidingConstructionStructure typeWaiting room and washroomParking530 spacesBicycle facilitiesracksAccessibleYesOther informationStation codeGO Transit: ETFare zone04Services Preceding station G...

 

1919 unification agreement of the two Ukrainian People's Republics Universal of the Directory of the Ukrainian People's RepublicA copy of the Act Zluky, signed on 22 January 1919Presented22 January [O.S. 11 January] 1918Ratifiedfrom the moment of signingRepealed20 December 1919LocationSofia Square, Kyiv, Ukrainian People's RepublicSignatoriesUkrainian Central CouncilPurposeUnification of the Ukrainian People's Republic and the West Ukrainian People's Republic into one stateP...

Seeds of Death redirects here. For the Doctor Who serial, see The Seeds of Death. 2007 French filmHave Mercy on Us AllFilm posterDirected byRégis WargnierWritten byRégis WargnierAriane FertHarriet MarinJulien RappeneauLawrence ShoreBased onHave Mercy on Us Allby Fred VargasProduced byCyril Colbeau-JustinJean-Baptiste DupontGrégory BarreyNina HeynsStarringJosé GarciaCinematographyLaurent DaillandEdited byYann MalcorMusic byPatrick DoyleProductioncompanyGaumontDistributed byGaumont Columbia...

 

For other uses of the phrase, see Bonded by Blood (disambiguation). 1985 studio album by ExodusBonded by BloodStudio album by ExodusReleasedApril 25, 1985[1]RecordedJuly 1984StudioPrairie Sun Studios, Cotati, CaliforniaGenreThrash metalLength40:49LabelTorrid/CombatProducerMark Whitaker, Ken Adams, Todd GordonExodus chronology Bonded by Blood(1985) Pleasures of the Flesh(1987) Alternative cover Bonded by Blood is the debut studio album by American thrash metal band Exodus. Alth...

 

Punctuation mark () The symbol    redirects here. For other uses, see (disambiguation) and Quotation mark (disambiguation) \x22 redirects here. Not to be confused with X22. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Quotation mark – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2014) ...

Bengali music channel Television channel Woman TVCountryIndiaBroadcast areaIndiaHeadquartersKolkata, West Bengal, IndiaProgrammingLanguage(s)BengaliPicture format4:3 (576i, SDTV)OwnershipOwnerMedia Worldwide LimitedSister channelsSangeet BanglaMusic IndiaSangeet BhojpuriSangeet MarathiHistoryLaunched8 March 2016Former namesBangla Talkies (2016–2023)LinksWebsiteOfficial Website Woman TV is an Indian free-to-air English-language entertainment television channel that launched on 28 July 2023, ...

 

Эта статья — о дворянском роде. О носителях фамилии см. Ларионов. Ларионовы Описание герба: см. текст >>> Том и лист Общего гербовника III, 32 Губернии, в РК которых внесён род Московская, Костромская, Калужская Части родословной книги VI, II, III Период существован�...

 
Kembali kehalaman sebelumnya