Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Toni Gabarre

Modelo:BiografíaToni Gabarre
Biografía
Nacemento(es) Antonio Gabarre Ballarín Editar o valor en Wikidata
26 de maio de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Huesca, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,86 m.
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro centro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  CD Atlético Baleares

Twitter: gabarre9 Editar o valor en Wikidata

Antonio Gabarre Ballarín, coñecido como Toni Gabarre, nado en Huesca o 26 de maio de 1990, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Teruel, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

Destacou no AD Almudévar, equipo que era filial do Huesca, e co conxunto de Almudévar foi o máximo goleador da Terceira División na tempada 2013/14, anotando 31 goles en 40 partidos.[1][2] Os seus rexistros valéronlle a súa fichaxe en 2014 polo Deportivo Aragón, filial do Real Zaragoza,[2] equipo co que xogou na Segunda División B, marcando 2 goles en 16 partidos. No mercado invernal puxo rumbo ao Alcoyano, onde militou na segunda metade da tempada 2014/15.[3]

Tralo seu breve paso polo club de Alcoi, chegou libre en 2015 ao CD Ebro.[4] No conxunto aragonés xogou 71 partidos durante dúas tempadas e acumulou 18 goles, contribuíndo a que o equipo lograse a permanencia na Segunda B.

Na campaña 2017/18 xogou na UE Llagostera,[5] onde foi titular indiscutible, disputando 38 partidos e conseguindo 6 goles, aínda que foi insuficiente para salvar o equipo do descenso. A continuación fichou polo Tudelano, club que conseguiu a permanencia en boa parte grazas aos seus 15 goles.[6] Repetiu cifra goleadora na tempada seguinte, desta vez vestindo a camiseta do Atlético Baleares,[7][8] e proclamouse campión do Grupo I de Segunda B, pero sen poder conseguir o ascenso. Foi o segundo máximo anotador do seu grupo, só por detrás de Rufo, do Internacional de Madrid.

En setembro de 2020 asinou polo Numancia, co que disputou a súa sétima tempada consecutiva na Segunda División B.[9] Xogou 25 partidos, nos que marcou 3 goles. Tras ese ano en Soria, o 1 de agosto de 2021 asinou polo Sabadell para competir na nova Primeira División RFEF.[10] En xaneiro de 2022, despois de só dúas titularidades, rescindiu o seu contrato co conxunto arlequinado e días despois confirmouse a súa volta ao Alcoyano.[11][12] Na súa segunda etapa no club, volveu aos onces iniciais e marcou dous goles. Na tempada 2022/23 xogou no Calahorra e no San Fernando,[13][14] antes de fichar no verán de 2023 polo Teruel.[15]

Notas

  1. Díaz, Rafa (15 de outubro de 2013). "Toni Gabarre, el señor del gol". Diario del Alto Aragón (en castelán). p. 24. Consultado o 21 de outubro de 2023. [Ligazón morta]
  2. 2,0 2,1 "El Real Zaragoza B ficha a Gabarre y a Rami, del Almudévar" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  3. "EL CD ALCOYANO FICHA A CUATRO NUEVOS JUGADORES PARA CONSEGUIR EL OBJETIVO" (en castelán). 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  4. "El oscense Toni Gabarre regresa a Aragón para jugar en el Ebro" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  5. "Toni Gabarre cambia el CD Ebro por la Llagostera". Marca (en castelán). 27 de xullo de 2017. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  6. "El año 2019 del CD Tudelano: un año de idas y venidas" (en castelán). 28 de decembro de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  7. "Gabarre, un nuevo goleador para el Atlético Baleares" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  8. "Toni Gabarre, con etiqueta de gol" (en castelán). 15 de outubro de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  9. "Toni Gabarre ya es numantino" (en castelán). 17 de setembro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  10. "Toni Gabarre, nou davanter arlequinat" (en catalán). 21 de outubro de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  11. "Acuerdo entre el CE Sabadell y Toni Gabarre para la desvinculación del jugador" (en castelán). 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  12. Linares, Vicente (15 de xaneiro de 2022). "El Alcoyano ficha a Toni Gabarre, un viejo conocido de la afición" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  13. "Toni Gabarre, un delantero centro para el CD Calahorra" (en castelán). 11 de agosto de 2022. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  14. "Toni Gabarre, un tiburón para el ataque azulino" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  15. "Toni Gabarre apuntala la delantera del Club Deportivo Teruel" (en castelán). 25 de xullo de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
Kembali kehalaman sebelumnya