O tordo común[2][3] (Turdus philomelos) é unha especie de avepaseriforme da familiaTurdidae, que habita en gran parte de Eurasia, incluída Galicia, onde é unha ave sedentaria case común, con individuos invernantes.[3] Presenta dorso marrón e ventre amarelado con manchas escuras xeralmente cor café e subdivídese en tres subespecies. Ten un peculiar canto, que repite frases musicais, que inspirou a diversos poetas.
A ave cría nos bosques, xardíns e parques, presenta unha conduta migratoria parcial, xa que moitos exemplares invernan no sur de Europa, norte de África e Oriente Medio. Introduciuse en Nova Zelandia e Australia. Aínda que non se encontra ameazada globalmente, a súa poboación diminuíu significativamente en varias partes de Europa, probablemente a causa de modificacións nas prácticas agrícolas.
Constrúe un niño de lama nunha árbore ou arbusto e choca catro ou cinco ovos azuis con manchas escuras. É unha ave omnívora que ten o costume de utilizar unha determinada pedra a modo de engra, onde rompe a cuncha dos caracois. Igual que ocorre noutros paseriformes, está afectado por parasitos externos e internos e é vítima de predadores como gatos e aves de presa.
Taxonomía
Nome
Turdus philomelos foi descrito por primeira vez polo ornitólogoalemánChristian Ludwig Brehm en 1831 e conserva o seu nome científico orixinal.[4] O nome xenéricoTurdus vén do nome latino para "tordo", e o epíteto específico philomelos refírese a un personaxe da mitoloxía grega, Filomela, á cal lle cortaron a lingua, pero que logo foi transformada nun paxaro cantor. O seu nome deriva do gregoΦιλοphilo- ('amante de') e μέλοςmelos ('canto').[5]
Clasificación
Un estudo molecular recente indica que os parentes máis próximos de T. philomenos son o tordo charlo (T. viscivorus), cunha plumaxe similar, e o T. mupinensis; estas tres especies son liñas temperás derivadas da estirpe Turdus, antes de que se diversificase e estendese polo mundo, e polo tanto, están menos estreitamente relacionados con outras especies de túrdidos europeos como o merlo común (T. merula).[6]
Distínguense tres subespecies, das cales a subespecie nominal, T. p. philomelos, cobre a maior parte da súa área de distribución.
T. p. hebridensis, descrito polo ornitólogobritánico William Eagle Clarke en 1913, é sedentario (non migratorio) e encóntrase nas Hébridas Exteriores e a illa de Skye en Escocia. É a subespecie máis escura, co dorso marrón escuro, unha mitra gris, e cor de fondo clara nas partes inferiores e flancos con tons grises.[7]
T. p. clarkei, descrito polo zoólogoalemánErnst Hartert en 1909 e nomeado en honor de William Eagle Clarke, aniña no resto de Gran Bretaña, Irlanda e no continente europeo en Francia, Bélxica, Países Baixos e posiblemente un pouco cara ao leste tamén. As partes superiores da súa plumaxe son de cor marrón con tons máis cálidos que os da subespecie nominal, a parte traseira de cor oliváceo e as partes inferiores cun fondo amarelo. É unha ave parcialmente migrante, xa que algúns exemplares invernan no sur de Francia e na Península Ibérica. Esta subespecie hibrida coa subespecie nominal no centro de Europa e con T. p. hebridensis nas Hébridas Interiores e o occidente de Escocia, e nestas áreas as subespecies presentan características intermedias.[7]
Algunhas subespecies adicionais, tales como T. p. nataliae de Siberia proposta polo rusoSerguéi Buturlín en 1929, non están amplamente aceptadas.[7]
Descrición
O tordo común (representado pola subespecie nominal T. p. philomelos) mide de 20 a 23,5 cm de longo e ten un peso de 50-107 gramos. Ambos os sexos son semellantes e teñen un dorso marrón e partes inferiores de cor crema ou amarelo-beixe con manchas negras nítidas, que se volve máis clara no ventre. A parte inferior das ás ten unha cor amarela cálida, o peteiro é de cor amarela e as patas e os pés son de cor rosa. De oeste a leste a través da súa área de reprodución, de Suecia a Siberia, o ton das partes superiores desta especie vólvese moito máis frío. As aves xuvenís parécense aos adultos, mais teñen raias beixes ou laranxas na parte posterior e nas cobertoiras das ás.[7]
A especie de tordo europeo que máis se parece ao tordo común é o tordo rubio (T. iliacus), pero diferénciase por ter unha nítida lista superciliar branca, flancos vermellos e durante o voo distínguese polas partes inferiores das súas ás que son de cor vermella. O tordo charlo (T. viscivorus) é moito máis grande e as esquinas da súa cola son de cor branca; o T. mupinensis, ten unha plumaxe máis semellante, pero distínguese polas marcas negras na cabeza e a súa área de distribución que non se superpón.[7]
O tordo común ten unha chamada aguda e curta, que soa tsip, que substitúe durante a migración por un siip agudo, similar á chamada do zorzal rubio, pero máis curto. A chamada de alarma é un chuc-chuc que se volve cada vez máis curto e máis estridente na medida que aumenta a ameaza. O macho adoita cantar desde unha percha elevada como a copa dunha árbore ou un teito. O seu canto componse dunha serie de frases musicais altas e claras, repetida de dúas a catro veces, filip filip filip codidio codidio quitquiquit tittit tittit tereret tereret tereret, e nisto intercálanse notas ásperas ou de imitación. A subespecie das Hébridas canta principalmente entre febreiro e xuño, pero as demais subespecies adoitan cantar desde novembro a xullo.[7] En relación ao seu peso, esta especie ten unha das chamadas máis fortes entre as aves.[8]
Un macho pode ter un repertorio de máis de 100 frases,[9] moitas das cales poden ser copiadas das dos seus pais e de paxaros veciños. O mimetismo vocal pode incluír a imitación de sons de teléfonos,[10] e chamadas de aves que están en catividade, incluíndo especies exóticas como o Dendrocygna viduata.[7]
Distribución e hábitat
Reprodúcese na maior parte de Europa (aínda que non na maior parte da Península Ibérica, nin nas terras baixas de Italia ou o sur de Grecia), e incluíndo Ucraína e Rusia case ata o lago Baikal. Chega ata a latitude 75 °N en Noruega e ata aproximadamente 60 °N en Siberia. As aves de Escandinavia, Europa e Rusia invernan na rexión do Mediterráneo, o norte de África e o Oriente Medio, pero só algunhas aves do oeste de Europa, co seu clima máis temperado, migran das súas zonas de reprodución.[7]
A subespecie nominal foi introducida en Nova Zelandia e Australia por sociedades de aclimatación entre 1860 e 1880, ao parecer por razóns puramente sentimentais.[11] En Nova Zelandia foi introducida nas dúas illas principais; estableceuse rapidamente e estendeuse ás illas veciñas, incluíndo as Kermadec, Chatham e Auckland.[12] Aínda que é común e amplamente distribuída en Nova Zelandia, en Australia só existe unha pequena poboación arredor da cidade de Melbourne.[13] En Nova Zelandia, parece ter un efecto prexudicial limitado sobre algúns invertebrados debido á depredación por parte de especies de aves introducidas[14] e dana os cultivos comerciais de froitas.[15] Como especie introducida, non ten protección legal en Nova Zelandia, e pode ser matada en calquera momento.[16]
Aniña en bosques con suficiente sotobosque, próximo a zonas máis abertas ata unha altitude de 2200 m sobre o nivel do mar (en Suíza). No oeste de Europa tamén aniña en xardíns e parques. A subespecie das illas Hébridas (T. p. hebridensis) aniña en zonas máis abertas, como as uceiras, mentres que no leste da área eurasiática, a subespecie nominal limítase aos bordos dos densos bosques de coníferas.[7]
En zonas de agricultura intensiva, onde as prácticas utilizadas fan que a terra sexa pouco axeitada para esta especie, os xardíns forman un importante hábitat de reprodución.
Nun estudo inglés atopouse que soamente o 3,5 % dos territorios se encontraban en terras de cultivo, mentres que o 71,5 % dos territorios estaban en xardíns, a pesar de que este hábitat só representa o 2 % da área total. Os niños restantes encontrábanse nos bosques (1 % da superficie total).[17]
En xeral, o hábitat de inverno é tamén o que se utiliza para aniñar, excepto que se evitan terras altas e outras localidades expostas;[18] Porén, a subespecie T. p. hebridensis adoita frecuentar a beira do mar en inverno.[7]
Non é unha ave gregaria, pero é posible que varias aves se xunten en inverno ou estean casualmente asociadas en hábitats onde se alimentan, ás veces con outros túrdidos como o merlo, tordo real (Turdus pilaris), tordo rubio (Turdus iliacus) e Turdus ruficollis.[7] A diferenza do tordo real e o tordo rubio, que son máis nómades, o tordo común tende a regresar con regularidade ás mesmas áreas de invernada.[18]
É unha especie monógama e territorial. Nas áreas onde é unha ave migratoria, o macho volve a establecer o seu territorio de cría e empeza a cantar en canto regresa. Nas zonas máis temperadas onde unha parte das aves adoita permanecer durante todo o ano, o macho residente non sae do seu territorio de cría, cantando de forma intermitente, pero a femia pode establecerse nunha área de invernada individual ata que a parella se une a ela a principios da primavera.[18]
Durante a migración viaxa principalmente pola noite cun voo forte e directo. Voa en bandadas espalladas que cruzan o mar nunha fronte ampla en lugar de concentrarse nos pasos curtos (como ocorre na migración de grandes aves planadoras), e chama con frecuencia para manter o contacto.[7] A migración pode comezar xa a finais de agosto nas partes máis orientais e setentrionais da área de distribución, pero a maioría das aves que teñen que cubrir distancias máis curtas, diríxense ao sur desde setembro ata metade de decembro. Porén, o mal tempo pode obrigar a movementos migratorios adicionais. A migración de retorno oscila entre a metade de febreiro en todo o Mediterráneo ata maio no norte de Suecia e Siberia central.[7] Rexistráronse exemplares errantes que chegaron a Groenlandia, varias illas do Atlántico e África occidental.[7]
Reprodución e esperanza de vida
A femia constrúe un niño en forma de cunca forrado con lama e herba seca. Elixe un arbusto, árbore ou enredadeira, ou, no caso da subespecie das Hébridas, no chan. Pon catro ou cinco ovos de cor azul brillante, lixeiramente manchados de negro ou morado;[7] en xeral teñen un tamaño de 2,7 x 2,0 centímetros e pesan 6,0 gramos, dos cales o 6 % corresponde á casca.[5] A femia choca os ovos soa durante de 10 a 17 días. Despois da eclosión transcorren outros 10-17 días ata que as crías saian do niño. O normal nesta especie son dúas ou tres niñadas nun ano, pero no norte da área de distribución só pode ter unha niñada.[7] Nos estudos feitos nas illas británicas observouse que como media un 54,6 % das crías británicas sobrevive o primeiro ano de vida, e a taxa de supervivencia anual de adultos é do 62,2 %. A esperanza de vida típica é de tres anos, pero a idade máxima rexistrada foi de 10 anos e 8 meses.[5]
O niño do tordo común é ocasionalmente asaltado por cucos que practican o parasitismo de crianza, como o Cuculus canorus, mais isto é moi raro porque o tordo adoita distinguir os ovos non miméticos dos cucos.[19] Porén, o tordo non mostra a mesma agresividade que o merlo común cara ao cuco adulto.[20] As aves introducidas en Nova Zelandia, onde non vive o cuco, conservaron durante os últimos 130 anos a capacidade de recoñecer e rexeitar ovos non miméticos.[21]
Entre os depredadores dos tordos adultos están os gatos, mouchos comúns (Athene noctua) e gabiáns comúns (Accipiter nisus); os ovos e polos son depredados por pegas, gaios e esquíos cinsentos se están presentes.[22][23][24]
Igual que noutras aves paseriformes, os parasitos son comúns e inclúen endoparasitos, como o nematodoSplendidofilaria (Avifilaria) mavis, cuxo nome específico deriva do do tordo Turdus mavis.[25] Segundo os resultados dun estudo ruso sobre parasitos do sangue, todos os tordos reales, tordos rubios e tordos comúns incluídos na mostra eran portadores de hematozoos, en particular Haemoproteus e Trypanosoma.[26] Tamén son común as carrachas do xénero Ixodes e poden conter axentes patóxenos, como os da encefalite nas zonas boscosas do centro e leste de Europa e Rusia,[27] e, máis comunmente, bacterias do xénero Borrelia.[28] Algunhas especies de Borrelia causan a enfermidade de Lyme, e aves como o tordo, que buscan alimento no chan, poden actuar como reservorio da enfermidade.[29]
Alimentación
O tordo común é omnívoro e aliméntase dunha gran variedade de invertebrados, especialmente de miñocas de terra e caracois, así como de froitas brandas e bagas. Igual que o seu parente, o merlo, encontra as súas presas animais a simple vista. Sérvese dunha técnica de caza consistente en correr e parar en campo aberto e furgar na folla seca caída en busca de alimentos en zonas boscosas.[7]
Os caracois constitúen un alimento especialmente importante durante as secas ou cando o mal tempo fai difícil encontrar outro alimento. O tordo a miúdo usa unha pedra favorita como "engra" para romper a cuncha dos caracois e extraer o corpo mol, que invariablemente limpa no chan antes de comelo.[18] As aves xoves inicialmente tiran obxectos e tratan de xogar con eles ata que aprenden a utilizar as engras como ferramentas para romperen as cunchas de caracol.[30] Os polos reciben principalmente alimentos de orixe animal, como miñocas de terra, lesmas, caracois e larvas de insectos.[7]
O caracol Cepaea nemoralis é comido habitualmente polo tordo e suxeriuse que os padróns polimórficos da cuncha representan unha resposta evolutiva para reducir a depredación,[31] aínda que o tordo común probablemente non é a única forza selectiva implicada.[32]
Estado de conservación
A especie ten unha extensa área de distribución, cuxa superficie é de aproximadamente 10 millóns de quilómetros cadrados e unha longa poboación que se compón de entre 40 e 71 millóns de aves só en Europa.[1]
No paleártico occidental hai probas dunha diminución da poboación, pero a un nivel por debaixo do limiar requirido para considerar que mundialmente a especie ten un status de especie ameazada (é dicir, unha redución do seu número de máis dun 30 % en dez anos ou tres xeracións) e, por tanto, esta especie é clasificada como en "especie pouco preocupante" na Lista Vermella da IUCN.[1]
En Gran Bretaña e os Países Baixos produciuse un descenso de máis de 50 % da poboación e o tordo común está incluído nas listas vermellas rexionais.[18][33]
As reducións son maiores nas terras agrícolas (73 % desde a metade da década de 1970) e crese que se debe a cambios nas prácticas agrícolas durante as últimas décadas.[34] Aínda que non se coñecen as razóns exactas da caída de poboación, esta pode estar relacionada coa perda de setos, a sementeira de cultivos en outono en lugar de en primavera, e posiblemente o aumento do uso de pesticidas. Estes cambios puideron reducir a dispoñibilidade de alimento e de sitios de nidificación.[35] Nos xardíns, o uso de iscos envelenados para controlar as lesmas e caracois pode representar unha ameaza,[24] e nas zonas urbanas algúns tordos son atropelados cando usan a superficie dura das estradas para romper as cunchas dos caracois.[36]
Significado cultural
Ou colle na trapela o voraz tordo ou a lebre ou a grula premios do gusto seu. Nestas faenas ¿quen nos esquence as amorosas coitas?
O tordo é o emblema do club de fútbol inglés West Bromwich Albion, e foi elixido porque se gardaba un tordo común como mascota no pub utilizado polo equipo para cambiarse. Tamén deu lugar ao alcume inicial de West Bromwich Albión, The Throstles (Os tordos).[41]
Como alimento
Os tordos cázanse como alimento desde hai 12 000 anos[42] e unha das primeiras referencias pode atoparse na Odisea: «Como cando os tordos de longas ás, prenden na rede armada na gramalleira indo ao niño e, acollen en odioso leito».[43]. A caza continúa hoxe en día en todo o Mediterráneo, pero non se cre que sexa un factor importante na diminución desta especie nalgunhas partes da súa área de distribución.[34]
En España, esta especie é cazada durante a súa migración a través do país, a miúdo usando liga que, aínda que prohibida pola Unión Europea, segue sendo usada no País Valenciano.[44][45][46]
Como mascota
Ata polo menos o século XIX, o tordo común era unha ave que se tiña en gaiolas nas casas pola súa voz melodiosa.[47] O mesmo que coa caza, hai poucas evidencias de que a captura de aves silvestres para este mester tivese un efecto significativo sobre as poboacións silvestres.[7]
↑ Devoogd, Timothy J.; Krebs, Susan D. Healy, Andy Purvis, John R. (1993). "Relations between Song Repertoire Size and the Volume of Brain Nuclei Related to Song: Comparative Evolutionary Analyses amongst Oscine Birds". Proceedings: Biological Sciences(en inglés)254 (1340): 75–82. PMID8290611. doi:10.1098/rspb.1993.0129.
↑ Slater, Peter J. B. (1983). "The Buzby phenomenon: Thrushes and telephones". Animal Behavior(en inglés)31: 308–309. doi:10.1016/S0003-3472(83)80204-8.
↑Heather, B.; Robertson, H. (1996). The Field Guide to the Birds of New Zealand(en inglés). Auckland: Viking. pp. 384–385. ISBN0-670-89370-6.
↑"Song thrush (Turdus philomelos)". Birds(en inglés). Department of Agriculture, Western Australia. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2007. Consultado o 25 de xaneiro de 2008.
↑"The State of Our Invertebrate Animals". State of New Zealand's Environment 1997, Chapter 9(en inglés). Ministry for the Environment, New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2008. Consultado o 13 de marzo de 2008.
↑"Song thrush (Turdus philomelos)"(en inglés). Department of Agriculture and Food Western Australia. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2007. Consultado o 13 de marzo de 2008.
↑"The State of Our Indigenous Birds"(PDF). The State of Our Biodiversity – The State of New Zealand’s Environment(en inglés). Ministry for the Environment, New Zealand. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 24 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2008.
↑ Kipp, Susanne; Goedecke, Andreas; Dorn, Wolfram; Wilske, Bettina; VolkeFingerle (maio de 2006). "Role of birds in Thuringia, Germany, in the natural cycle of Borrelia burgdorferi sensu lato, the Lyme disease spirochaete". International Journal of Medical Microbiology(en inglés)296: 125–128. PMID16530003. doi:10.1016/j.ijmm.2006.01.001.
↑ Goodhart, C. B. (maio de 1958). "Thrush Predation on the Snail Cepaea hortensis". The Journal of Animal Ecology(en inglés)27 (1): 47–57. JSTOR2173. doi:10.2307/2173.
↑ Owen, Denis F.; Bengtson, Sven-Axel (1972). "Polymorphism in the Land Snail Cepaea Hortensis in Iceland". Oikos(en inglés)23 (2): 218–225. JSTOR3543409. doi:10.2307/3543409.
↑"Song Thrush (Turdus philomelos)". Species Action Plan(en inglés). UK Biodiversity Action Plan. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 11 de marzo de 2008.
У Вікіпедії є статті про інші географічні об’єкти з назвою Плімут. Місто Плімутангл. Plymouth Координати 35°51′35″ пн. ш. 76°44′52″ зх. д. / 35.85972222224977202° пн. ш. 76.74777777780577992° зх. д. / 35.85972222224977202; -76.74777777780577992Координати: 35°51′35″ пн. ш. 76°44′52″ зх....
Świnica Blick von dem Höhenweg Kościelec Höhe 2301 m n.p.m. Lage Polen/Slowakei Gebirge Hohe Tatra Koordinaten 49° 13′ 10″ N, 20° 0′ 34″ O49.21941666666720.0093055555562301Koordinaten: 49° 13′ 10″ N, 20° 0′ 34″ O Świnica (Kleinpolen) Typ Felsgipfel, Zweiergipfel Erstbesteigung 1867 durch Maciej Sieczka Die Świnica (tschechisch/slowakisch Svinica, deutsch: Seenalmspitze) ist ein Berg an der polnisch...
سفارة النرويج في ألمانيا النرويج ألمانيا الإحداثيات 52°30′32″N 13°21′02″E / 52.50882°N 13.35061°E / 52.50882; 13.35061 البلد ألمانيا المكان برلين الموقع الالكتروني الموقع الرسمي تعديل مصدري - تعديل سفارة النرويج في ألمانيا هي أرفع تمثيل دبلوماسي[1] لدولة النرويج لدى �...
Estación de repostando de hidrógeno o hidrogenera. Hidrogenera en Zaragoza Una estación de hidrógeno o hidrogenera [1] es una estación de servicio o almacenamiento para el hidrógeno que lo dispensa, ya sea en pilas de combustible o como materia prima, usualmente localizada a las orillas de carreteras y/o autopistas. Los vehículos de hidrógeno lo usan como combustible de diferentes maneras, incluyendo en celdas de combustible o directamente por combustión. Este es surtido por k...
Connor Jaeger Medallista olímpico Datos personalesNombre completo Connor Lee JaegerNacimiento Hackensack, Estados Unidos30 de abril de 1991 (32 años)Carrera deportivaRepresentante de Estados UnidosDeporte Natación Medallero Natación masculina Evento O P B Juegos Olímpicos 0 1 0 Campeonato Mundial 0 1 1 Campeonato Pan-Pacífico 1 0 2 [editar datos en Wikidata] Connor Lee Jaeger (H...
Bernardino Drovetti Bernardino Michele Maria Drovetti (Barbania, 7 januari 1776 - Turijn, 5 maart 1852) was een Italiaanse verzamelaar, diplomaat en politicus.[1] Biografie Bernardino Drovetti werd geboren in Barbania, een stad vlak bij Turijn in het koninkrijk Sardinië. Hij verkreeg de Franse nationaliteit en ging bij het Grande Armée. Tijdens de Franse veldtocht in Egypte (1798-1799) redde hij het leven van Joachim Murat, zwager van Napoleon Bonaparte. Later werd hij de Franse con...
هذه المقالة بحاجة لصندوق معلومات. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة صندوق معلومات مخصص إليها. التعقّب والتتبّع Track and trace في توزيع وتموين العديد من أنواع المنتجات تتعلّق بتحديد المواقع الحالية والسابقة (ومعلومات أخرى) لمادّة أو ملكيّة فريدة من نوعها. يمكن دعم هذا المفه�...
List of events ← 2015 2014 2013 2016 in Hungary → 2017 2018 2019 Decades: 1990s 2000s 2010s 2020s See also:Other events of 2016List of years in Hungary The following lists events that happened during 2016 in Hungary. Incumbents President: János Áder Prime Minister: Viktor Orbán Speaker of the National Assembly: László Kövér Events 16 January – Service begins on the connected Buda tram network (Budai fonódó villamoshálózat). 28 February – Hungarian drama film Son of ...
Organization that honors scholastic achievement at secondary institutions This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Cum Laude Society – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2007) (Learn how and when to remove this template message) Cum Laude SocietyFounded1906; 117 years ag...
English indie rock band JAWSBackground informationOriginBirmingham, EnglandGenres Dream pop[1] indie rock[2] grunge[1] nu gaze[3] shoegazing[4] Years active2012–presentLabelsUnsignedMembersConnor ScholfieldAlex HudsonEddy GeachLeon SmithPast membersJake CooperWebsiteOfficial Website JAWS are an English indie rock band formed in Birmingham, England in 2012 after singer Connor Schofield had posted a demo (Cameron) online that received enough positive fe...
Станко Поклепович Особисті дані Народження 19 квітня 1938(1938-04-19) Спліт, Королівство Югославія Смерть 24 грудня 2018(2018-12-24) (80 років) Спліт, Хорватія Громадянство Хорватія Позиція захисник Професіональні клуби* Роки Клуб І (г) 1956–1976 «Спліт» ? (?) Тренерська діяльн...
The double-beat valve, drop valve or equilibrium valve is a type of poppet valve arranged to allow it to be opened against a high pressure with a minimum of force. One of its uses is in steam engines to admit steam to the cylinders and to release the exhaust. In stationary steam engines it is usually operated by trip valve gear while in railway locomotives a valve gear such as Caprotti is used. Hornblower's valve It was invented around 1800 by Jonathan Hornblower.[1] His valve is in t...
Passport of the Republic of Zimbabwe issued to Zimbabwean citizens Zimbabwean passportThe front cover of a contemporary Zimbabwean passport.TypePassportIssued by ZimbabwePurposeIdentification and traveling internationallyEligibilityZimbabwean citizenshipExpiration10 years after the date of issue or when used up The Zimbabwean passport is issued to citizens of Zimbabwe primarily for international travel. It can also be used for identification in lieu of national registration card or drive...
Zahliote Group – ZG مجموعة زحلوتيLeadersAziz WardehDates of operation1975–1978Group(s)Lebanese Front, Lebanese ForcesHeadquartersZahléSize500 fightersAllies Lebanese Front Lebanese Forces Lebanese Army Internal Security Forces (ISF) Israel Defense Forces (IDF)Opponents Lebanese National Movement (LNM) Lebanese Arab Army (LAA) Zgharta Liberation Army (ZLA) Free Tigers militia Palestine Liberation Organization (PLO) Syrian ArmyBattles and warsLebanese Civil War (1975-1990)Prece...
Нападение на полицейскую академию в Боготе 4°35′27″ с. ш. 74°07′48″ з. д.HGЯO Место нападения Богота Дата 17 января 2019 года Способ нападения взрыв автомобиля Погибшие 21 (включая нападавшего) Раненые 68 Медиафайлы на Викискладе Нападение на полицейскую академию в Б�...
Volar radiocarpal ligamentLigaments of wrist. Anterior view. (Volar radiocarpal visible at center.)DetailsFromradiusToproximal carpals, capitateIdentifiersLatinLigamentum radiocarpeum palmareTA98A03.5.11.004TA21788FMA40002Anatomical terminology[edit on Wikidata] The palmar radiocarpal ligament (anterior ligament, volar radiocarpal ligament) is a broad membranous band, attached above to the distal end of the radius, and passing downward to the scaphoid, lunate, triquetrum and capitate of t...
1971 Ontario general election ← 1967 October 21, 1971 1975 → 117 seats in the 29th Legislative Assembly of Ontario 59 seats were needed for a majority First party Second party Third party Leader Bill Davis Robert Nixon Stephen Lewis Party Progressive Conservative Liberal New Democratic Leader since February 12, 1971 January 6, 1967 October 4, 1970 Leader's seat Peel North Brant Scarborough West Last election 69 28 20 Seats won 78 20 19 S...
Part of the language of romantic nationalism For other uses, see National treasure (disambiguation). Part of a series onNationalism Nation forming Nationalism in the Middle Ages Anthem Church Colours Emblem Father Flag Epic God Identity Language Myth Sport State Symbol Treasure Core values Allegiance Independence Patriotism Self-determination Solidarity Types African Anarchist Blind Bourgeois Business Welfare Civic American French Irish Communist Constitutional patriotism Corporate Cyber- Eco...
Prison in West Lothian, Scotland HMP AddiewellLocationAddiewell, West Lothian, ScotlandCoordinates55°50′48″N 3°35′57″W / 55.8468°N 3.5993°W / 55.8468; -3.5993StatusOperationalSecurity classAdult Male Maximum Security (Cat A)Capacity796 (March 2020)OpenedDecember 2008Managed bySodexo Justice ServicesGovernorSamantha Pariser [1] HMP Addiewell is a private prison located near to the village of Addiewell in West Lothian, Scotland.[2] HMP Addiewe...
For other uses, see Táchira (disambiguation). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Táchira – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2015) (Learn how and when to remove this template message) State of VenezuelaTáchiraState of VenezuelaTáchira StateEstado de Táchira (Spanish)...