Portugal, en calidade de principal estado europeo empeñado no recoñecemento de dereitos sobre as illas Atlánticas e a costa africana durante a década de 1470, no entanto viuse enfrontando unha serie de conflitos co reino veciño. Unha vez rematada, na Península Ibérica, unha guerra favorable a Castela, os representantes de ambos os estados firman un acordo de paz.
Ademais de formalizar a fin das hostilidades (polo que Xoana a Beltranexa, e o seu tío e marido Afonso V de Portugal, desistían para sempre das súas pretensións ao trono de Castela), o Tratado contiña outras cláusulas en relación á política de proxección externa de ambos os países, nun momento en que os dous reinos competian polo dominio do océano Atlántico e as terras ata entón descubertas na costa africana.
Por estas cláusulas, Portugal obtiña o recoñecemento do seu dominio sobre a illa de Madeira, o arquipélago dos Azores, de Cabo Verde e da costa de Guinea, mentres que Castela recibía as illas Canarias. Renuncia a navegar ao sur do cabo Bojador, ou sexa, do paralelo 27 no que se atoparon as propias illas. Regulamentaba tamén as áreas de influencia e de expansión de ambas as coroas polo Reino de Fez, no Norte de África.
O Tratado foi o primeiro de entre os que regulamentaban a posesión de terras non descubertas (como posteriormente o Tratado de Tordesillas e o de Zaragoza). Reflectía os desexos de Portugal, interesado en garantir dereitos sobre a costa da mina e do golfo de Guinea, e continuar a súa exploración da costa africana, en que por esa vía esperaba a pasaxe para a India.