True Detective é unha serie de televisión estadounidense creada e escrita por Nic Pizzolatto. A serie, emitida pola canle HBO nos Estados Unidos, estreouse o 12 de xaneiro de 2014. Cada unha das tempadas estrutúrase nunha narrativa propia separada das outras, con novos actores, personaxes e escenarios.
A primeira tempada protagonizada por Matthew McConaughey, Woody Harrelson, Michelle Monaghan, Michael Potts e Tory Kittles, ten lugar en Luisiana e segue a historia de dous detectives de homicidios na súa investigación sobre un asasino en serie durante un período de 17 anos. A segunda tempada, protagonizada por Colin Farrell, Rachel McAdams, Taylor Kitsch, Kelly Reilly e Vince Vaughn,[1][2] está ambientada en California, e céntrase en tres detectives de distintos departamenteos e un criminal metido ós negocios na súa investigación dunha serie de crimes que semellan estar ligados ó asasinato dun político corrupto.
A primeira tempada obtivo críticas positivas e tivo altos índices de audiencia, recibindo varios premios e nomeamentos. A segunda tempada tivo unha crítica máis dividida, malia que mantivo os áltos índices de audiencia.
Unha terceira tempada aprobouse en agosto de 2017, con Mahershala Ali como protagonista e Pizzolatto e Jeremy Saulnier como directores, e Pizzolatto como guionista xunto a David Milch.
Episodios
Notas
Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.