Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Túnel ferroviario de alta velocidade de Guadarrama

Modelo:Xeografía físicaTúnel ferroviario de alta velocidade de Guadarrama
Imaxe
(2014)
Tipohigh-speed railway tunnel (en) Traducir
Túnel Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaRevenga, España, Real Sitio de San Ildefonso, España, Rascafría, España, Manzanares el Real, España, Soto del Real, España e Miraflores de la Sierra, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°49′47″N 3°53′53″O / 40.82961305, -3.89811922
Características
Dimensións28.413 (lonxitude) m
AtravesaSerra de Guadarrama Editar o valor en Wikidata
Permite o paso deLiña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación28 de setembro de 2002 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata

O túnel de Guadarrama é un túnel ferroviario de 28 km de lonxitude que atravesa a serra de Guadarrama. É a maior obra de enxeñería civil que se levou a cabo en España, ademais de ser o túnel máis longo do país, o sexto de Europa e o noveno do mundo en 2016.

As súas obras comezaron a finais de 2002 e nelas participaron máis de 4.000 traballadores de manera simultánea. O túnel entrou en servizo o 22 de decembro de 2007.

Características

A infraestrutura parte do concello de Miraflores de la Sierra, na Comunidade de Madrid, a unha cota de 998 metros. Atravesa a serra de Guadarrama acadando unha altura máxima de 1.200 metros, cunha pendente do 1,5% e volvendo a descender ata os 1.114 metros na súa boca norte, xunto á estación de Segovia-Guiomar, nas proximidades da cidade de Segovia. O máximo recubrimento da bóveda do túnel atópase na contorna do Pico de Peñalara, con 992 metros de altura nese punto.

Está formado por dous tubos paralelos, un para cada sentido da circulación, dos que as máquinas tuneladoras extraeron 4 millóns de m³ de terra. Cada un ten 28 km de lonxitude, cun diámetro de 9,5 m e unha separación entre ambos de 30 m. Dispón de galerías de emerxencia unindo ambos os corredores cada 250 m, unha gran estancia autónoma e estanca a metade de percorrido, con cabida para 1.200 persoas para o seu uso en caso de emerxencia e instaláronse ventiladores reversibles que poidan inxectar aire se ocorrese un incendio. O deseño realizouse para que os trens que o percorran poidan alcanzar altas velocidades sen comprometer con iso a infraestrutura.

Este gran túnel forma parte da liña férrea de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, a cal une as dúas submesetas atravesando o Sistema Central, poñendo a viaxe desde a capital de España a Valladolid en 50 minutos e a pouco máis de 20 ata Segovia mediante trens de alta velocidade. A súa construción é así mesmo fundamental para as comunicacións ferroviarias das rexións da cornixa cantábrica e o noroeste peninsular, dado que por el pasará o corredor que comunicará mediante trens de alta velocidade Madrid con Galicia, Asturias, Cantabria, o País Vasco e, finalmente, a conexión co suroeste francés.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya