- Non confundir con Urbano Feijoo de Sotomayor (†1898).
Urbano Feijoo Sotomayor Ron y Feijoo Sotomayor, nado en 1898 e finado o 6 de outubro de 1959[1], foi un político e diplomático galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense. Herdou o título de marqués de Santa Ilduara en 1925, sucedendo a Camilo Feijoo de Sotomayor Cejo, Marquina y Montes e foi vizconde de San Rosendo[2]. Secretario do Corpo diplomático, foi cónsul de Berlín (1944) e embaixador de España na Santa Sé, en Liberia e na República Dominicana.
Notas