Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Val de San Vicente

Modelo:Xeografía políticaVal de San Vicente
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°22′39″N 4°29′01″O / 43.3775, -4.4836111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalVal de San Vicente (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.783 (2023) Editar o valor en Wikidata (54,68 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie50,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude50 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRoberto Escobedo Quintana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39095 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaytovaldesanvicente.com Editar o valor en Wikidata

Val de San Vicente é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste co concello asturiano de Ribadedeva, polo sur con Herrerías e polo leste con San Vicente de la Barquera.

Val de San Vicente é o municipio máis occidental da costa cántabra e está situado na desembocadura dos ríos Deva e Nansa, que achegan as súas augas ao mar nas rías de Tina Mayor e Tina Menor respectivamente.

A súa actividade económica principal é o turismo. Tamén a industria alimentaria fíxose un oco na economía de Val de San Vicente coas corbatas como principal produto, típico da zona.

O territorio está atravesado pola Autovía do Cantábrico e pola liña de ferrocarril de FEVE Santander-Oviedo. De Unquera parte a principal estrada que comunica a comarca de Liébana coa costa e o resto de Cantabria.

Durante o Antigo Réxime este municipio pertencía como señorío aos Marqueses de Aguilar de Campoo.

Localidades

Os seus 2.670 habitantes (INE, 2006) distribúense por:

Demografía

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2006
2.570 2.749 2.575 2.641 2.892 3.026 3.081 2.777 2.408 2.621 2.560 2.670

Fonte: INE

Administración

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 1001 54,91 % 6
PP 449 24,63 % 3
PRC 308 16,90 % 2
  • Alcalde electo: Miguel Ángel González Vega (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 1095 59,71 % 8
PP 397 21,65 % 2
PRC 180 9,81 % 1
  • Alcalde electo: Miguel Ángel González Vega (PSC-PSOE).

Patrimonio

Existen no municipio os seguintes bens de interese cultural:

Hai, ademais, un Ben de interese local, as Ruínas da antiga igrexa medieval do cemiterio de Portillo.

Concello irmán

Véxase tamén

Kembali kehalaman sebelumnya