Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Vila Bulsa

Vila Bulsa, Hobbiton, a confortábel morada subterránea de Bilbo e, despois, de Frodo Bulseiro, construída para a triloxía cinematográfica The Lord of the Rings de Peter Jackson.

Vila Bulsa é a vivenda subterránea dos hobbits Bilbo e Frodo Bulseiro nas novelas de fantasía O hobbit e O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien. De alí parten Bilbo e Frodo nas súas aventuras, e ambos os dous volven para ela, durante un tempo. Constitúe o punto inicial dos arcos narrativos principais nas novelas e, ao regresaren os hobbits a ela, tamén representa un punto final da trama en cada caso.

Tolkien describíase a si mesmo como un hobbit agás pola estatura. Algúns académicos sinalan que Vila Bulsa é unha visión do fogar ideal de Tolkien e, nos seus detalles, unha descrición do seu carácter. Peter Jackson construíu en Nova Zelandia un set de rodaxe moi elaborado, incluída unha Vila Bulsa moi detallada, para a súa triloxía cinematográfica.

Descrición

J. R. R. Tolkien

O hobbit comeza cunha das "primeiras frases máis célebres da literatura":[1]

Nun burato no chan vivía un hobbit. Non era un burato noxento, sucio, húmido, cheo de restos de vermes e con cheiro a lama, e tampouco un burato seco, baleiro e areento, sen nada en que sentar ou que comer: era un burato-hobbit, e iso quere dicir comodidade.[2]

Os protagonistas d’O hobbit e O Señor dos Aneis, Bilbo e Frodo Bulseiro, vivían en Vila Bulsa, un luxoso smial ou burato-hobbit, escavado no Outeiro na parte norte da vila de Hobbiton na Caderna Oeste da Comarca. Tolkien fixo debuxos de Vila Bulsa e Hobbiton. A súa acuarela titulada The Hill: Hobbiton-across-the Water amosa o exterior e o campo circundante.[3] Tolkien fixo varios bosquexos en lapis e tinta nesta materia, definindo gradualmente as que serían a localización e arquitectura definitivas de Vila Bulsa.[4][5]

Outro dos debuxos de Tolkien, The Hall at Bag-End, Residence of B. Baggins Esquire, representa o interior, con elementos do século XX como un reloxo de parede e un barómetro. Menciónase outro reloxo no capítulo 2 d’O hobbit, cando o Mago Gandalf informa a Bilbo dunha mensaxe do anano Thorin Escudo de Carballo: «—Se limpases a repisa atoparías isto baixo o reloxo —dixo Gandalf, entregándolle a Bilbo unha nota (escrita, por suposto, no seu propio papel)».[6] O barómetro menciónase nos borradores de Tolkien para O hobbit.[7]

Peter Jackson

Versión de Jackson do Outeiro en Hobbiton á beira do Aiauga. A imaxe é comparábel á acuarela de Tolkien The Hill: Hobbiton-across-the-Water (citada arriba).

Peter Jackson fixo construír un elaborado set de rodaxe na granxa de ovellas Alexander en Matamata, Nova Zelandia, para a súa triloxía cinematográfica The Lord of the Rings. Incluía un muíño de auga, a pousada O Dragón Verde, e varios buratos-hobbit, así como Vila Bulsa nun pequeno outeiro, cun xardín.[8] Jackson dixo que o set daba a impresión de que se podía abrir a porta verde redonda de Vila Bulsa e atopar dentro a Bilbo Bulseiro.[9]

Chad Chisholm e colaboradores, na súa recensión do filme de Jackson de 2012 The Hobbit: An Unexpected Journey para Mallorn, escriben que Jackson mostra con humor como os ananos irrompen de súpeto no pequeno fogar de Bilbo e lle baleiran a despensa, ofrecendo unha especie de contrapunto cómico aos perigos da escuridade.[10]

Análise

Orixe no mundo real

Casas cubertas de céspede en Keldur, Islandia

O académico literario e cinematográfico Steven Woodward e mais o historiador especializado en arquitectura Kostis Kourelis suxiren que Tolkien puido basear os seus buratos-hobbit nas casas con cuberta de céspede, como as de Keldur.[11][12]

Personaxe derivado da arquitectura

Tolkien afirmaba ser un hobbit, e os académicos concordan en que en moitos aspectos se asemellaba a estes seres, pois gozaba da boa comida, a xardinaría, o tabaco de pipa e a vida nun fogar familiar e confortábel.[1] «Bag End» (Vila Bulsa no orixinal en inglés) era o nome real da casa de Jane Neave, tía de Tolkien, na vila de Dormston, en Worcestershire.[13][14] Tolkien describe Vila Bulsa como un lugar no que, en palabras do académico experto en Tolkien Thomas Honegger, «a maioría dos lectores vese fortemente tentada a pór as súas imaxinarias pantuflas e acomodarse diante dun anaco de pastel e un té».[15] Honegger argumenta que os lugares desempeñan unha función crucial n’O Señor dos Aneis, e que a función do burato-hobbit seguro é definir o carácter dos «hol-bytlan (habitantes de buratos), ante todo seres sedentarios que sofren dunha profunda aversión a viaxar fóra da Comarca». Para eles, escribe Honegger, «Viaxar ao estranxeiro enmárcase no mesmo ámbito cás aventuras», citando o comentario de Bilbo n’O hobbit: «Cousas desagradables, encordiantes e incómodas! Fan chegar tarde á cea!»[15]

O English Dialect Dictionary de Joseph Wright, que abrangue o período 1898-1905, recolle unha entrada para hobman, unha das moitas orixes posíbeis da palabra hobbit, que di: «Cada home-elfo ou hobman tiña a súa morada, á que lle puña nome».[16] O especialista en Tolkien Michael Livingston comenta que, partindo disto, resulta doado «lembrar o hobbit semellante a un home, amigo dos elfos e habitante dun burato, o Sr. Bilbo de Vila Bulsa, contratado polos ananos, seres non moi distintos, para cometer un roubo».[16]

Un interior acolledor: o artista sueco Carl Larsson recreou neste cadro o seu fogar inspirado no movemento Arts and Crafts en 1901. Johanna Brooke suxire que Vila Bulsa podería ter un estilo similar.[3]

A académica literaria Johanna Brooke escribe en Journal of Tolkien Research que o personaxe de Bilbo Bulseiro pode inferirse da arquitectura de Vila Bulsa, ao igual que os hobbits en xeral poden deducirse da súa preferencia por vivir en buratos. Suxire que Vila Bulsa é un edificio pertencente ao movemento Arts and Crafts, acorde ás ideas do deseñador William Morris, entre outros, no período comprendido entre 1880 e 1920. Segundo Brooke, certos elementos como os paneis de parede, os azulexos e as alfombras poderían ser perfectamente produtos fabricados por Morris & Co., e o opulento burato-hobbit indica claramente que Bilbo é de clase media. A súa localización no cumio do Outeiro «pon de manifesto unha maior altura física e social cá dos propietarios dos demais buratos»,[3] porque, como escribiu Tolkien no prólogo d'O Señor dos Aneis, «non era doado atopar lugares axeitados para construír eses longos e ramificados túneles».[3]

Brooke menciona a afirmación de Tolkien de que, de feito, «só os máis ricos e os máis pobres»[3] eran quen de perpetuar a práctica hobbit de vivir en buratos: os pobres, segundo di Tolkien, podían ter «tobos do tipo máis primitivo... cunha soa fiestra ou ningunha».[3] Vila Bulsa representa un marcado contraste con estes tobos, pois os seus mellores cuartos tiñan «xanelas redondas fondamente cavadas». Brooke comenta que Tolkien amosa esta dicotomía en The Hill: Hobbiton-across-the-Water, onde Vila Bulsa presenta varias fiestras, mentres que os buratos-hobbit situados máis abaixo (na Travesa da Bulsada) tiñan menos. Outros indicios de riqueza e clase son as comodidades típicas da era vitoriana, como o comedor, as múltiples despensas e os gardarroupas. Estes elementos poderían sinalar, segundo escribe Brooke, que o propietario de Vila Bulsa é «autocompracente, dado ao luxo excesivo, cómodo de máis e mesmo un pouco vaidoso»,[3] se ben, por contra, o espazo dedicado a colgar moitos chapeus e gabáns suxire que para el é importante acoller calorosamente os seus invitados. Brooke cita o comentario de Morris de que «a clase traballadora non pode pagar unha vivenda deseñada por un arquitecto; as coelleiras de tamaño mediano son para a clase media»,[17] sinalando que, coa mención das coelleiras, «se axusta perfectamente a Vila Bulsa».[3]

A cartógrafa Karen Wynn Fonstad creou un plano de Vila Bulsa, no que presenta a súa visión da cómoda distribución da vivenda, con moitas adegas e despensas, alén de varias chemineas, partindo dos indicios ofrecidos por Tolkien n’O hobbit e O Señor dos Aneis. Segundo o seu plano, Vila Bulsa ten 40 metros de longo e até 15 metros de ancho, escavados no Outeiro.[18] Honegger escribe que o traballo de Fonstad contribuíu de xeito substancial a outorgar á Terra Media unha «existencia independente».[15]

Unha soa entrada

O académico especializado en Tolkien Tom Shippey escribe que «Bag End», o nome orixinal en inglés, é unha tradución directa do termo francés cul-de-sac («fondo de saco»), algo que describe como «un xiro absurdo... un detalle de ‘snobismo francófilo’, empregado en Inglaterra para se referir a unha canella sen saída, unha rúa cunha soa entrada; tamén comenta que os franceses usan impasse para dicir o mesmo.[19][20] Existe unha interpretación das viaxes de Bilbo e Frodo como carreiros, porque ambas as dúas comezan e rematan en Vila Bulsa. Segundo Don D. Elgin, a canción A Walking Song de Tolkien, que aparece repetidas veces baixo diversas formas n’O Señor dos Aneis a medida que avanza a historia, é «unha canción sobre os camiños que continúan adiante até, por fin, volveren ás cousas familiares que coñecen de sempre».[21]

A residencia máis cobizada

O degoxo de Lobelia Sacovila-Bulseiro de facerse con Vila Bulsa, o lar de Bilbo, ten sido comparado co desexo frustrado de Vita Sackville-West de herdar Knole House (na imaxe).[22]

O xornalista Matthew Dennison compara o degoxo de Lobelia Sacovila-Bulseiro de se mudar para Vila Bulsa co apego da aristócrata Vita Sackville-West, de nome semellante, ao fogar da súa familia Knole House, que non foi quen de herdar.[22] Shippey sostén que os Bulseiro e os Sacovila-Bulseiro son «opostos vencellados», porque o contrario dun burgués é un saqueador, alguén que entra ilegalmente nos fogares dos burgueses, e n’O hobbit pídeselle a Bilbo que se converta en saqueador para se coar no cubil do dragón Smaug.[19] Sinala que o nome «Sacovila-Bulseiro» (Sackville-Baggins no orixinal inglés) elixido para a rama snob da familia Bulseiro[23] é unha chanza filolóxica, porque Sac[k]-ville se pode traducir como a forma francesa de «Vila Saco», outra tentativa de reforzar o status burgués da familia «francofonizando» o seu apelido.[19]

Contrastes con lugares afastados

Contraste con Vila Bulsa: a visión dun artista de Lothlórien, «un espazoso clareiro nun bosque cheo de luz, que evoca unha apertura resgardada».[15]

O historiador Joseph Loconte escribiu que Tolkien estabelecera un contraste entre a Vila Bulsa apracíbel e serena de Frodo e a escuridade e a destrución industrialista da Isengarda do mago Saruman. Loconte equipara isto co contraste de C. S. Lewis, membro dos Inklings ao igual que Tolkien, no seu libro infantil de 1950 The Lion, the Witch and the Wardrobe, entre o encantador e humilde fogar do matrimonio Beaver e a xélida opulencia do palacio da Bruxa Branca. Na opinión de Loconte, ambos os autores «reintroducen na imaxinaría popular unha visión cristiá da esperanza nun mundo atormentado pola dúbida e a desilusión».[24][25]

Honegger remarca un contraste diferente, entre dous debuxos de Tolkien: por unha banda, a representación de Vila Bulsa en The Hall at Bag End, «o espazo acolledor pero angosto dun burato-hobbit coa paisaxe igualmente limpa e definida da Comarca como fondo», e, pola outra, The Forest of Lothlórien in Spring, que presenta «ningures en particular, senón un espazoso clareiro nun bosque cheo de luz, que evoca unha apertura resgardada»[15]. Honegger suxire que, se a Comarca é un «paraíso pequeno-burgués illado e remoto», entón Lothlórien é un «paraíso transcendental ou idealizado». Amais, os confortábeis buratos-hobbit da Comarca contrastan coa natureza indómita do Bosque Vello, a idílica Valfendido e mesmo coa que fora a «terra prometida» dos ananos, Moria. Honegger argumenta que isto tamén é aplicábel ao tempo: mentres que Vila Bulsa e a Comarca están no presente, o Bosque Vello, Valfendido e Lothlórien representan viaxes ao pasado.[15]

Estrañeza

Vila Bulsa recibe estrañas visitas –Gandalf e os ananos–, facéndoa parecer un «sito estraño», nas palabras do personaxe Ted Areeiro, quen engade «e a súa xente máis aínda». Bilbo e Frodo tamén acaban sendo considerados como estraños. Bilbo é «moi rico e moi peculiar», en gran parte porque semella non avellentar, pero tamén porque viaxou fóra da Comarca e volveu cambiado.[26][27] David LaFontaine escribe en The Gay and Lesbian Review Worldwide que Bilbo é un «solteiro empedernido» que nunca tivera unha «relación romántica» con ningunha muller, e que vive só no «luxoso e agradábel espazo» de Vila Bulsa, «ilustrando a sensibilidade artística do hobbit».[28] LaFontaine comenta que Tolkien admira o «estilo de vida infrecuente de Bilbo... case chegando á envexa». Para LaFontaine, a descrición que ofrece Tolkien da «estrañeza» de Bilbo pódese interpretar como unha representación dun home homosexual.[28]

Parodia

A novela paródica Bored of the Rings de 1969, escrita polos fundadores de National Lampoon, Henry Beard e Douglas Kenney, búrlase do regreso a casa de Frodo trala súa perigosa aventura en Vila Bulsa, con estas palabras: «foi directo para a súa quentiña cheminea e deixouse caer na cadeira. Púxose a cavilar sobre os anos de exquisito aburrimento que lle agardaban. Se cadra podería empezar a xogar ao Scrabble".[29]

Notas

  1. 1,0 1,1 Vollrodt, Kim (20 de setembro de 2017). "Tolkien trivia: “In a hole in the ground there lived a hobbit”". Oxford University Press. Consultado o 20 de agosto de 2022. 
  2. Tolkien 1937, Capítulo 1. Unha reunión inesperada.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Brooke, Johanna H. (2017). "Building Middle-earth: an Exploration into the uses of Architecture in the works of J. R. R. Tolkien". Journal of Tolkien Research 4 (1). Article 1. 
  4. Hammond, Wayne G.; Scull, Christina, eds. (1995). J. R. R. Tolkien: Artist & Illustrator. HarperCollins. pp. 96–107. ISBN 978-0-261-10322-1. 
  5. McIlwaine, Catherine (2018). Tolkien: Maker of Middle-earth. Bodleian Library. pp. 295–298. ISBN 978-1-851-24485-0. 
  6. Tolkien 1937, Capítulo 2. Carneiro ao espeto.
  7. Tolkien, J. R. R. Bilbo's last Song: (for "XIV. Return to Hobbiton" note 21) "the Hornblower who received the barometer now changes from Cosimo (by way of Carambo) to Colombo." (A Long-expected Party): "For Cosimo Chubb, treat it as your own, Bingo: on the barometer. Cosimo used to bang it with a large fat finger whenever he came to call. He was afraid of getting wet, and wore a scarf and macintosh all the year round."
  8. Huffstutter, P. J. (24 de outubro de 2003). "Not Just a Tolkien Amount". Los Angeles Times. 
  9. Brodie, Ian (2004). The Lord of the Rings Location Guidebook (Extended version ed.). Auckland: HarperCollins. p. 19. ISBN 978-1869505301. 
  10. Chisholm, Chad (2013). "Review: A journey to the cinema. Reviewed Work: 'The Hobbit: An Unexpected Journey' by Peter Jackson". Mallorn (54 (Spring 2013)): 14–26. JSTOR 48614797. 
  11. Woodward & Kourelis 2006, pp. 189–214.
  12. Woodward, Steven; Kourelis, Kostis (2006). "Urban Legend: Architecture in The Lord of the Rings". En Mathijs, Ernest; Pomerance, Murray. From Hobbits to Hollywood: Essays on Peter Jackson's 'Lord of the Rings'. Brill. pp. 189–214. ISBN 978-90-420-1682-8. doi:10.1163/9789401201513_016. 
  13. "Lord of the Rings inspiration in the archives". Explore the Past (Worcestershire Historic Environment Record). 29 de maio de 2013. 
  14. Morton, Andrew (2009). Tolkien's Bag End. Studley, Warwickshire: Brewin Books. ISBN 978-1-85858-455-3. OCLC 551485018.  Andrew Morton wrote an account of his findings for the Tolkien Library.
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 Honegger, Thomas (2004). "From Bag End to Lórien: the Creation of a Literary World". En Peter Buchs; Thomas Honegger. News from the Shire and Beyond – Studies on Tolkien (2nd ed.). Zúric e Berna: Walking Tree Publishers. pp. 59–81. ISBN 978-3-9521424-5-5. 
  16. 16,0 16,1 Livingston, Michael (2012). "The Myths of the Author: Tolkien and the Medieval Origins of the Word "Hobbit"". Mythlore 30 (3/4): 129–146. 
  17. Morris, William (2008) [1888]. "The Revival of Architecture". En Harry Francis Mallgrave; Christina Contandriopoulos. Architectural Theory Volume II: an Anthology from 1871 to 2005. Singapore: Blackwell Publishing. p. 15. 
  18. Fonstad, Karen Wynn (1994) [1981]. The Atlas of Middle-earth. HarperCollins. pp. 118–119. 
  19. 19,0 19,1 19,2 Shippey, Tom (2001). J. R. R. Tolkien: Author of the Century. HarperCollins. pp. 5–11. ISBN 978-0261-10401-3. 
  20. "cul-de-sac". Collins English-French Dictionary. Consultado o 20 de abril de 2020. 
  21. Croft, Janet Brennan, ed. (2007). "What's at the Bottom of The Lord of the Rings and A Midsummer Night's Dream?". Tolkien and Shakespeare: Essays on Shared Themes and Language. McFarland & Company. pp. 52–53. ISBN 978-0-786428274.  Citing: Elgin, Don D. (1985). The Comedy of the Fantastic: Ecological Perspectives on the Fantasy Novel. Greenwood Press. 
  22. 22,0 22,1 Dennison, Matthew (18 de agosto de 2015). "Behind The Mask: Vita Sackville-West". St. Martin's Press. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 20 de abril de 2020. 
  23. Shippey, Tom (1982). The Road to Middle Earth. Allen & Unwin. p. 66. ISBN 978-0-547-52441-2. 
  24. Loconte, Joe (2015). A hobbit, a wardrobe, and a great war : how J.R.R. Tolkien and C.S. Lewis rediscovered faith, friendship, and heroism in the cataclysm of 1914-1918. Nashville, Tennessee. pp. xiv–xv. ISBN 978-0-7180-2176-4. OCLC 910568768. 
  25. Tirrell, Jeffrey (March 2018). "Review: A Hobbit, a Wardrobe, and a Great War: How J. R. R. Tolkien and C. S. Lewis Rediscovered Faith, Friendship, and Heroism, in the Cataclysm of 1914-1918 by Joseph Loconte". Anglican and Episcopal History 87 (1): 116–118. JSTOR 44783383. 
  26. Chance, Jane (1995). "Power and Knowledge in Tolkien: The Problem of Difference in "The Birthday Party"". Mallorn: The Journal of the Tolkien Society (33, Proceedings of the J.R.R. Tolkien Centenary Conference: Keble College, Oxford, 1992): 115–120. JSTOR 45320421. 
  27. Craig, David M. (xaneiro de 2001). ""Queer lodgings": gender and sexuality in "The Lord of the Rings"". Mallorn (38): 11–18. JSTOR 45321703. 
  28. 28,0 28,1 LaFontaine, David (2016). "The Tolkien in Bilbo Baggins". The Gay & Lesbian Review Worldwide 23 (6). 
  29. Beard, Henry; Kenney, Douglas (1969). "10 Be it Ever so Horrid". Bored of the Rings: a Parody of J.R.R. Tolkien's The lord of the Rings. Nova York: Signet (New American Library). ISBN 978-0-451-13730-2. 

Fontes

Read other articles:

Bagian dari seriAgama Hindu Umat Sejarah Topik Sejarah Mitologi Kosmologi Dewa-Dewi Keyakinan Brahman Atman Karmaphala Samsara Moksa Ahimsa Purushartha Maya Filsafat Samkhya Yoga Mimamsa Nyaya Waisesika Wedanta Dwaita Adwaita Wisistadwaita Pustaka Weda Samhita Brāhmana Aranyaka Upanishad Wedangga Purana Itihasa Bhagawadgita Manusmerti Arthasastra Yogasutra Tantra Ritual Puja Meditasi Yoga Bhajan Upacara Mantra Murti Homa Perayaan Dipawali Nawaratri Siwaratri Holi Janmashtami Durgapuja Nyepi ...

 

Ranah 3 Warna PengarangAhmad FuadiIlustratorDoddy R. NasutionPerancang sampulSlamet MangindaanNegaraIndonesiaBahasaBahasa IndonesiaGenreEdukasi, Religi, RomanPenerbitGramedia (Jakarta)Tanggal terbitJanuari 2011Halaman473ISBNISBN 978-979-22-4861-6 Ranah 3 Warna adalah novel kedua karya Ahmad Fuadi yang diterbitkan oleh Gramedia pada tahun 2009. Novel ini merupakan kedua dari trilogi Negeri 5 Menara bercerita tentang Alif yang baru selesai menamatkan sekolah di Pondok Madani (PM) Pono...

 

1980 studio album by Carmen McRae, George ShearingTwo for the RoadStudio album by Carmen McRae, George ShearingReleased1980RecordedJune 1980GenreVocal jazzLength39:07LabelConcordProducerCarl JeffersonGeorge Shearing chronology Blues Alley Jazz(1979) Two for the Road(1980) In Concert at the Pavilion(1980) Carmen McRae chronology I'm Coming Home Again(1980) Two for the Road(1980) Recorded Live at Bubba's(1981) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllMusic[1]The Penguin G...

Erzbischof Petar Rajič (2019) Wappen von Petar Rajič Petar Antun Rajič (* 12. Juni 1959 in Toronto, Kanada) ist ein römisch-katholischer Erzbischof und Diplomat des Heiligen Stuhls. Leben Petar Rajič entstammt einer kroatischen Familie, die aus der herzegowinischen Ortsgemeinde Doljani im zwanzigsten Jahrhundert nach Kanada auswanderte. Der Erzbischof von Vrhbosna, Marko Jozinović, weihte ihn am 30. November 1986 zum Diakon und der Bischof von Mostar-Duvno-Trebinje-Mrkan, Pavao Žanić,...

 

  提示:此条目的主题不是湘军南京屠城。 南京大屠杀第二次世界大战与中国抗日战争的一部分日軍活埋中國人的圖片[1]位置 中國南京市(远东国际军事法庭认定南京城之外周边200华里的城镇及村落都发生了大屠杀)日期1937年12月13日-1938年2月以後(远东国际军事法庭认定严重的屠杀持续了7週,其中前3週特别严重)目標中国士兵俘虜及南京市民,周边地�...

 

Italian painter (1667–1749) Alessandro MagnascoSelf-portraitBorn(1667-02-04)February 4, 1667Genoa, Republic of GenoaDiedMarch 12, 1749(1749-03-12) (aged 82)Genoa, Republic of GenoaNationalityItalianEducationValerio Castello, Filippo AbbiatiKnown forPaintingMovementBaroque Alessandro Magnasco (February 4, 1667 – March 12, 1749), also known as il Lissandrino, was an Italian late-Baroque painter active mostly in Milan and Genoa. He is best known for stylized, fantastic, often phant...

Museum for British cartoons, caricatures and comic strips Not to be confused with Cartoon Art Museum or National Cartoon Museum. Cartoon MuseumThe Cartoon MuseumLocation within Central LondonEstablished2006; 17 years ago (2006)Reopened 1 July 2019Location63 Wells StLondon, W1A 3AEUnited KingdomCoordinates51°31′4″N 0°8′20″W / 51.51778°N 0.13889°W / 51.51778; -0.13889Typethe art of comics and cartoonsCollection size4,000 plus original cartoo...

 

Dutch footballer (born 1986) Ibrahim Afellay Afellay with the Netherlands in 2011Personal informationFull name Ibrahim Afellay[1]Date of birth (1986-04-02) 2 April 1986 (age 37)[1]Place of birth Utrecht, NetherlandsHeight 1.80 m (5 ft 11 in)[2]Position(s) Attacking midfielder, wingerYouth career1990–1995 USV Elinkwijk1996–2003 PSV EindhovenSenior career*Years Team Apps (Gls)2004–2010 PSV Eindhoven 159 (35)2010–2015 Barcelona 21 (1)2012–201...

 

1957 film by Edward Bernds Escape from Red RockTheatrical release posterDirected byEdward BerndsScreenplay byEdward BerndsProduced byBernard GlasserStarringBrian DonlevyEilene JanssenGary MurrayJay C. FlippenWilliam Edward PhippsMyron HealeyCinematographyBrydon BakerEdited byJohn F. Link Sr.Music byLes BaxterProductioncompanyRegal Films IncDistributed by20th Century FoxRelease date December 1957 (1957-12) Running time75 minutesCountryUnited StatesLanguageEnglish Escape from Red Rock...

1st episode of the 9th season of SpongeBob SquarePants Extreme SpotsSpongeBob SquarePants episodeTitle cardEpisode no.Season 9Episode 1aDirected byTom Yasumi (animation)Luke Brookshier (storyboard)Marc Ceccarelli (storyboard)Alan Smart (supervising)Written byLuke BrookshierMarc CeccarelliDerek IversenProduction code325-902[1]Original air dateJuly 21, 2012 (2012-07-21)Guest appearanceJohnny Knoxville as Johnny KrillEpisode chronology ← PreviousHello Bikini Bo...

 

Indoor arena in Kuala Lumpur, Malaysia 3°8′26″N 101°42′10″E / 3.14056°N 101.70278°E / 3.14056; 101.70278 Nation StadiumExterior view of Nation Stadium in 2023AddressJalan Hang Jebat50150, Kuala Lumpur, MalaysiaOwnerPNB Merdeka Ventures Sdn. Bhd.Capacity10,000ConstructionBroke ground1960Opened19 April 1962 (1962-04-19)Renovated198219852015Construction costRM34 millionProject managerStanley Edward JewkesStructural engineerNg Eng HeanW.J. Cummin...

 

5th Miss Grand Brazil competition, beauty pageant edition Miss Grand Brazil 2023Adriana Yanca, the winner of the contestDate10 June 2023PresentersJuliano CremaGabrielle VilelaVenueRecanto Cataratas Thermas Resort, Foz do Iguaçu, ParanáBroadcasterYouTubeEntrants28Placements20DebutsAcre・Cataratas do Iguaçu・Guanabara・Ilha de São Luís・IpirangaWithdrawalsAlto CafezalCânions PaulistasEspírito SantoIlha CompridaMato Grosso do SulNorte Mato-GrossenseRondôniaSul MineiroVale do AçoRetu...

A. R. LakshmananHakim Mahkamah Agung IndiaMasa jabatan20-12-2002–21-03-2007 Informasi pribadiKebangsaanIndiaProfesiHakimSunting kotak info • L • B A. R. Lakshmanan adalah hakim Mahkamah Agung India. Ia mulai menjabat sebagai hakim di mahkamah tersebut pada 20-12-2002. Masa baktinya sebagai hakim berakhir pada 21-03-2007.[1] Referensi ^ Daftar Hakim di Mahkamah Agung India. Mahkamah Agung India. Diakses tanggal 10 Juni 2021.  Artikel bertopik biografi India ini ada...

 

Lokasi Qumran Qumran (Ibrani: חירבת קומראן) adalah nama modern bagi lahan dari suatu biara di Laut Mati, Tepi Barat Palestina.[1] Letaknya adalah 14,4 km sebelah selatan kota Yerikho.[1] Para ahli beranggapan bahwa Qumran adalah tempat tinggal kaum Eseni dan sekaligus juga menjadi pusat aktivitas para kaum Eseni di pesisir Laut Mati.[2] Para ahli-ahli purbakala pun menggali daerah itu.[1] Para penggali itu menemukan meja-meja kapur di Qumran...

 

Historic house in Delaware, United States United States historic placeOkolonaU.S. National Register of Historic Places Show map of DelawareShow map of the United StatesLocation1321 Shallcross Lake Road in St. Georges Hundred, near Middletown, DelawareCoordinates39°28′35″N 75°41′31″W / 39.47627°N 75.6919°W / 39.47627; -75.6919Area10 acres (4.0 ha)Built1866 (1866)Architectural styleItalianateMPSRebuilding St. Georges Hundred 1850-1880 TRNRHP...

Trnávka Municipio TrnávkaLocalización de Trnávka en EslovaquiaCoordenadas 48°00′50″N 17°24′20″E / 48.013888888889, 17.405555555556Entidad Municipio • País  Eslovaquia • Región Trnava • Distrito Dunajská StredaSuperficie   • Total 7,97 km² Altitud   • Media 122 m s. n. m.Población (1 de enero de 2021)   • Total 522 hab. • Densidad 65,5 hab/km²Código postal 930 32 (pošta Bla...

 

1994 video game 1994 video gameShounen Ninja SasukeDeveloper(s)SunsoftPublisher(s)SunsoftPlatform(s)SNESReleaseJP: October 28, 1994Genre(s)Action-adventureMode(s)Single-player Shounen Ninja Sasuke is an action-adventure game released by Sunsoft for the Super Nintendo Entertainment System in 1994. The game was supposed to be released in English as Boy Ninja Sasuke.[1] Gameplay This section needs expansion. You can help by adding to it. (August 2013) The game is very similar to Konami's...

 

César Tovar Datos personalesNacimiento Caracas (Venezuela)3 de julio de 1940Nacionalidad(es) VenezolanaFallecimiento Caracas (Venezuela)14 de julio de 1994Carrera deportivaDeporte BéisbolClub profesionalDebut deportivo 12 de abril de 1965(Minnesota Twins)RBI 435Promedio .278Bases robadas 226Posición JardineroBateo / Lanz. Derecha / DerechaRetirada deportiva 29 de septiembre de 1976(New York Yankees)Trayectoria MLB Minnesota Twins (1965-1972) Philadelphia Phillies (1973) Texas Ran...

Former restaurant in Islington, England GranitaDesperados restaurant (formerly Granita) in 2009Restaurant informationEstablished1990sClosed2003Previous owner(s)Hüseyin ÖzerFood typeBritishfusionStreet address127 Upper StreetCityIslington, LondonCountryEngland, United KingdomCoordinates51°32′20″N 0°06′09″W / 51.5388°N 0.1025°W / 51.5388; -0.1025 Granita was a restaurant at number 127 Upper Street in Islington.[1][2] It was founded in the ea...

 

Footballer (born 1988) Johny Placide Placide with Tsarsko Selo in 2021Personal informationDate of birth (1988-01-29) 29 January 1988 (age 35)Place of birth Montfermeil, FranceHeight 1.81 m (5 ft 11 in)Position(s) GoalkeeperTeam informationCurrent team BastiaNumber 30Youth career2000–2007 Le HavreSenior career*Years Team Apps (Gls)2007–2008 Le Havre B 27 (0)2008–2012 Le Havre 97 (0)2013–2016 Reims 49 (0)2016–2017 Guingamp 0 (0)2017–2018 Oldham Athletic 36 (0)201...

 
Kembali kehalaman sebelumnya