Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Xosé Bravo Frieiro

Modelo:BiografíaXosé Bravo Frieiro
Biografía
Nacemento27 de abril de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Alcalde de Rianxo
1979 – 30 de abril de 1994 (dimisión)Pedro Piñeiro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Xosé Bravo Frieiro, nado en Rianxo o 27 de abril de 1948, é un político galego do PSdeG-PSOE que foi alcalde da súa vila natal de 1979 a 1994.

Traxectoria

Cursou estudos de dereito. Posteriormente comezou a traballar como mariñeiro e en 1976 foi elixido patrón maior da Confraría de Pescadores de Rianxo. Nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Rianxo e foi elixido alcalde por maioría absoluta, sendo o primeiro alcalde democrático da vila. Dende abril de 1980 foi deputado provincial en substitución doutro compañeiro. Nas municipais de 1983 revalidou a alcaldía cunha amplísima maioría absoluta de 14 dos 17 concelleiros da corporación. Nese mandato volveu ser deputado provincial. Nestas dúas convocatorias electorais logrou o mellor resultado do partido tanto na provincia como en Galicia, sendo un dos mellores de toda España.

Nas municipais de 1987 e 1991 revalidou novamente a alcaldía por maioría absoluta, se ben comezou a experimentar un retroceso de apoios. Renunciou a alcaldía o 30 de abril de 1994, sendo substituído o 9 de maio por Pedro Piñeiro[1].

Tras renunciar á alcaldía fíxose cargo da xerencia da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmar). En novembro de 2003 asumiu a xerencia da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza[2], onde permaneceu ata a súa xubilación.


Predecesor:
José Luís Fernández Iglesias
 
Alcalde de Rianxo
 
1979 - 1994
Sucesor:
Pedro Piñeiro Hermida

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya