Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Zoisita

Zoisita
Fórmula químicaCa2Al3(SiO4)(Si2O7)O(OH)
ClaseSilicatos - VIII/C
SubclaseSorosilicato
Sistema cristalinoOrtorrómbico, dipiramidal
CorSen cor, púrpura, branco-agrisado, gris, castaño-marelento, amarelo, rosa ou verde
BrilloVítreo
Dureza6 a 7 (escala de Mohs)
FracturaDe irregular amorfa a concoidal
RaiaBranca
Densidade3,3 g/cm³

A zoisita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo sorosilicatos e dentro destes é do tipo epídotos. Como o resto dos epídotos, é un mineral estruturalmente complexo que ten tanto tetraedros de silicato simples, SiO4, como tetraedros de silicato dobres, Si2O7. É o dimorfo ortorrómbico doutro mineral coa mesma fórmula, a clinozoisita (monoclínico).

Foi bautizada en 1805 por Siegmund Zois, barón von Edelstein, austríaco erudito que financiou expedicións de recolección de minerais. Sinónimos en desuso son illuderita, orthozoisita, saualpita ou unionita.

Variedades

Até 1967 non se encontrou a variedade azul en Tanzania, a chamada tanzanita, a pesar de que non é outro mineral distinto, senón unha zoisita normal máis pura, que tallada fica como unha xema transparente brillante e de bela cor azul.

Anyolita con rubíes

A variedade thulita emprégase como pedra preciosa, pero non tallada, senón que se púe para perlas ou cabuxóns.

A variedade aniolita é verde e case sempre asociada a rubíes de grao medio, sendo usada como pedra ornamental. Nesta os rubís normalmente atópanse distorsionados e dispersos entre o hábito masivo da zoisita.

Ambiente de formación

Aparece en rochas de metamorfismo rexional de grao medio, ecloxitas e rochas metamórficas de facies de xistos azules.

Normalmente aparece asociada aos seguintes minerais: calcita, biotita, hornblenda, cuarzo, corindón, andradita e outros minerais metamórficos, que son un criterio importante para identificar a zoisita (xa que é moi variable o hábito e a cor).

Localización, extracción e uso

É coñecida dende hai uns dous séculos como pedra ornamental, se ben a súa distribución e uso son moi limitados. A tanzanita pode ser tallada e usada como pedra preciosa, mentres que outras variedades pulimentadas son semipreciosas.

Téñense localizadas cantidades notables en Tanga (Tanzania), Ducktown (Tennessee, Estados Unidos), Suíza, India e Austria.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya