Ángel Serafín Porto Ucha, nado en Guláns (Ponteareas) o 1 de abril de 1945[1], é un docente e investigador galego.
Traxectoria
Tras formarse e exercer como mestre de ensino primario, doutorouse en Filosofía e Ciencias da Educación na UNED coa tese La Institución Libre de Enseñanza en Galicia (1985). Foi titor no Centro Rexional da UNED en Pontevedra e Profesor Titular de Didáctica e Organización Escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela dende 1989 ata 2014, ano en que se xubilou[2]. Dende entón é profesor ad Honorem.
Leva publicado numerosos libros e artigos sobre a Institución Libre de Enseñanza e as súas relacións con Galicia, a depuración do maxisterio, os procesos de formación docente, e historias de vida de mestres e mestras[3].
Publicacións
- La Institución Libre de Enseñanza en Galicia (1986). Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.
- A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escola Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996). (2000). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. En colaboración con Aurora Marco.
- Historias de vida: O Maxisterio Pontevedrés na Segunda República, Guerra Civil e Franquismo (2003). Pontevedra: Alén Miño.
- María de Maeztu: Una antología de textos (2015). Madrid: Dykinson. En colaboración con Raquel Vázquez Ramil, ao igual que os posteriores.
- La escuela activa y el entorno: Una aproximación a través de los paseos, visitas y excursiones durante la Segunda República (2018). Santiago de Compostela: Andavira.
- La Casa del Maestro de Pontevedra (1934-1936). Organización societaria e depuración do maxisterio (2019). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.
- O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela. Nacemento e evolución (1969-2019). (2019). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía