Adrià Carmona Pérez, nado o 8 de febreiro de 1992 en Igualada (Cataluña), é un futbolista profesional español das canteiras do Barcelona e do Milan. É internacional coas categorías inferiores da selección española.
Traxectoria
Nado en Igualada (Barcelona, Cataluña), a carreira deportiva de Adrià comeza na canteira do Futbol Club Barcelona, onde chegou con tan só 9 anos. En 2010 asina co AC Milan debido a que non dispón de minutos no primeiro equipo. No filial sub-19 do Milan, xoga 44 partidos onde anota 11 goles. Con todo, a pesar de ter sido convocado en varias ocasión co primeiro equipo no chega a debutar. En xaneiro de 2013 é cedido ao Real Zaragoza polo que resta de temporada. Debuta como profesional o 16 de febreiro dese mesmo ano nunha derrota ante o Club Atlético Osasuna por 0−1. En xullo de 2013 recibe a carta de liberdade do Milan, co que aínda lle restaba un ano máis de contrato, sendo presentado o 2 de xullo como novo xogador do Girona FC para as seguintes dúas temporadas. No verán de 2014 o RCD Espanyol faise cos seus servizos para o filial. Alí permanece un ano até que volta á segunda división da man do Albacete Balompié. Tras o descenso do club albaceteño, asina co Club Deportivo Lugo por dúas temporadas.[1][2]
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas