Sergio Ismael Díaz Velázquez, máis coñecido como Sergio Díaz, nado o 5 de marzo de 1998 en Itauguá (Central), é un futbolista profesional internacional paraguaio da canteira do Cerro Porteño que actualmente xoga como dianteiro no Corinthians cedido polo Real Madrid.
Traxectoria
Club
Nado en Itauguá, cidade do Departamento Central de Paraguai, Sergio Díaz comezou a súa carreira futbolística na escola de fútbol do Club Tacuary, aínda que tan só permeneceu no club do barrio Jara da Asunción un ano. Con dez anos chega á canteira do Cerro Porteño,[1] onde en idade sub-15 consegue meter uns trinta goles, os cales lle valen para ser ascendido ao filial. Alí, tras adestrar co primeiro equipo, é comparado con Sergio "Kun" Agüero. O seu debut co primeiro equipo na Primeira División de Paraguai produciríase 27 de xuño de 2014, data na que contaba 16 anos e 3 meses, no último encontro do Torneo de Apertura. Nese partido, que supuxo a vitoria por 2−1 do seu equipo ante o Club General Díaz, entra no minuto 84.[2] O seu primeiro gol chegaría no Torneo Clausura, o 28 de setembro do mesmo ano, na décima xornada ante Club Nacional, sendo o único tanto do encontro.[3] Pouco despois, o 8 de outubro, consegue anotar dous goles na vitoria do seu equipo por 2−0 ante o Club Atlético 3 de Febrero. O 6 de novembro debuta na Copa Suramericana ante o Boca Juniors, saíndo ao terreo de xogo no minuto 62. As súas boas actuacións, incluídas as do Campionato Suramericano sub-20 coa selección paraguaia levantan o interse polo xogador do Liverpool FC e do Manchester United. En canto á liga loca, finaliza Torneo Clausura de 2014 como subcampión co Cerro Porteño e aportando oito goles.
Ao ano seguinte, no Torneo Apertura 2015, disputa o Super Clásico do fútbol paraguaio entre o Cerro Porteño e o Club Olimpia. Sergio Díaz é quen de anotar o gol que abre o marcador aos 14 minutos, converténdose así no xogador máis novo en anotrar nos clásicos con 17 anos, 1 mes e 28 días.[4] Finalmente, o encuentro finalizó 1 a 1. Nese torneo apertura, Díaz acaba anotando 5 goles e coroándose campión. Tras acabar a temporada e cumprir 18 anos, asina o seu primeiro contrato como profesional co Cerro Porteño até 2021. A nivel internacional, debuta ese mesmo ano na Copa Libertadores ante o Sport Club Corinthians, onde contribúe con brillo á vitoria do seu equipo por 3−2, conseguindo un gol e unha asistencia. Tras superar a fase previa do torneo, o Cerro Porteño consegue a súa clasificación aos oitavos de final do certame continental. O 28 de abril, recibiron ao Boca Juniors no Defensores del Chaco no partido de ida da fase eliminatoria. Díaz entrou ao partido no minuto 71, efrontándose a xogadores como Carlos Tévez e Nicolás Lodeiro, mais acabaron por perder por 2 a 1. O partido de volta xogouse o 5 de maio na Bombonera, velvendo a saír Díaz na segunda metade. Con todo, o seu equipo foi eliminado tras caer por 3 a 1.
O 1 de xullo de 2016, da finalmente o salto a Europa asinando polo Real Madrid a cambio de 5 millóns de euros máis variábeis. Co club madrileño fai a pretemporada co primeiro equipo no Canadá, sendo convocado para xogar un amigábel ante o Paris Saint-Germain, sen chegar a debutar, e xogando contra o Chelsea FC na International Champions Cup, saíndo en substitución de Álvaro Morata no minuto 66. Disputou entón o seu primeiro partido co Real Madrid con 18 anos e 147 días, utilizando a camisola co número número 38, e converténdose no segundo xogador paraguaio en xogar para os "merengues" despois de Javier Acuña. Ao comezar a temporada é asignado ao filial, o Real Madrid Castilla, onde xoga 36 partidos e anota 5 goles na Segunda División B. Ademais, xoga na Copa de Europa xuvenil da UEFA, onde se converte nun dos xogadores máis destacados do equipo con 4 goles en 8 partidos. Tras acabar a temporada, o 10 de agosto de 2017 anúnciase a súa cesión ao Club Deportivo Lugo da Segunda División.[5]
Internacional
Sergio Díaz é interancional coa selección de Paraguai nas categorías sub-15, sub-17, sub-20, sub-23 e absoluta. Debutou coa súa selección en competición oficial no Campionato Suramericano sub-20 do Uruguai 2015 ante Bolivia na primeira xornada do torneo, sendo o autor do segundo tanto do seu equipo na vitoria por 4−2, sendo o xogador máis novo da historia en conseguir un gol na competición con 16 anos e 10 meses. Finalmente xoga 7 partidos do torneo onde anota 2 goles. Un mes despois de participar no Suramericano Sub-20, foi escollido como parte da selección sub-17 para xogar el Suramericano da categoría no seu país. O 4 de marzo xogou o primeiro partido contra Venezuela, anotando o primeiro gol do torneo no minuto 24 de partido e conseguindo gañar finalmente por 3 a 2. Despois do verán, grazas ás súa aactuacións, foi convocado para xogar o Mundial Sub-17. No mundial debuta o 20 de outubro, onde xogou como contra Siria no primeiro partido do grupo e gañando 4 a 1. Con todo, tras xogar contra Francia, campioa de Europa da categoría, e Nova Zelandia, quedaron eliminados do torneo. Tras ser un habitual nas categorías inferiores da selección paraguaia, Díaz debuta coa selección absoluta o 2 de xuño de 2017 nun amigábel ante Francia.[6]
Estatísticas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas