Federico Vico Villegas, máis coñecido como Fede Vico, nado o 4 de xullo de 1994 en Córdoba (Andalucía), é un futbolista profesional español da canteira do Córdoba, que actualmente xoga como extremo ou media punta no Granada CF da Liga Santander.
Traxectoria
Formado nas categorías inferiores do Córdoba Club de Fútbol, principal equipo da súa cidade natal, Fede Vico debutou con 16 anos co primeiro equipo na Segunda División. Da man de Lucas Alcaraz, xoga o 23 de xaneiro de 2011 no Estadio Nuevo Arcángel ante o Girona, saíndo en substitución de Juanmi Callejón, acabando o partido con empate 1-1. No momento do seu debut, foi o segundo xogador máis novo en debutar co primeiro equipo cordobés. Semanas despois debuta co Córdoba B.[1] Na seguinte temporada convértese nun habitual das convocatorias de Paco Jémez, aínda que aínda con contrato co filial branquiverde. De feito, chega a facerse cun posto no once titular, sendo unha peza clave para disputar os Playoffs de ascenso á Primeira División. Porén, o equipo é eliminado nas eliminatorias polo Real Valladolid.
Na temporada seguinte Fede Vico consegue o seu primeiro gol co primeiro equipo. Sería o 3 de marzo de 2012 na vitoria por 2-1 ante o Xerez CD, sendo o xogador máis novo da historia do club en anotar un tanto. A finais dese mesmo ano Vico é a estrela do Córdoba, sendo recompensado cun contrato que o converte no xogador mellor pagado do club. Tras callar unha gran tempada, o Royal Sporting Club Anderlecht faise cos seus servizos ao final de tempada. Co equipo belga consegue o seu primeiro título oficial ao gañar a Supercopa ante o KRC Genk. Con todo, Vico non disputou o partido por estar convocado coa Selección de fútbol sub-19 de España. O 31 de xaneiro de 2014, Fede chega ao K.V. Oostende da Pro-League (Primeira División) en calidade de cedido. Posteriormente é cedido ao Córdoba, ese ano en Primeira División, onde disputa 20 partidos. Tras unha nova cesión, esta no mercado de inverno ao Albacete Balompié, rescinde o seu contrato co club belga e asina o 8 de decembro de 2016 polo Club Deportivo Lugo por dúas temporadas.
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas