Birdman or (The Unexpected Virtue of Ignorance), comunmente coñecido como Birdman, é un filme estadounidense de drama e comedia negra, coescrito, coproducido e dirixido por Alejandro González Iñárritu. Está protagonizado por Michael Keaton, xunto con Zach Galifianakis, Edward Norton, Andrea Riseborough, Amy Ryan, Emma Stone e Naomi Watts. Conta a historia de Riggan Thomson (Keaton), unha antiga estrela de Hollywood famoso por interpretar o superheroe Birdman que fai unha adaptación para Broadway dunha historia de Raymond Carver.
Birdman gañou varios premios, incluíndo o Óscar ó mellor filme e ó mellor director para Iñárritu, mellor guión orixinal e mellor fotografía. Estivo nomeada noutras cinco categorías, compartindo con The Grand Budapest Hotel o mérito de ser o filme máis nomeado da 87ª edición dos Oscar.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1927/28–1950 | |
---|
1951–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|