Mrs. Miniver é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que se estreou en 1942. Está protagonizado por Greer Garson e Walter Pidgeon. Inspirouse na novela de 1940 Mrs. Miniver de Jan Struther,[3] e amosa de que xeito a vida dunha muller da Inglaterra rural é afectada pola segunda guerra mundial.
Producida e distribuída por Metro-Goldwyn-Mayer, conta cun nutrido grupo de actores secundarios entre os que se inclúen a Teresa Wright, Dame May Whitty, Reginald Owen, Henry Travers, Richard Ney e Henry Wilcoxon.[4]
Mrs. Miniver gañou seis Premios Oscar, incluíndo mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actriz (Greer Garson) e mellor actriz secundaria (Teresa Wright).[5][6] En 1950, estreouse a secuela The Miniver Story con Greer Garson e Walter Pidgeon nos seus respectivos papeis.[4]
En 2006, o filme foi clasificado no número 40 da lista do American Film Institute, como un dos máis inspiradores filmes de tódolos tempos. En 2009, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente" significativo.[7]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1927/28–1950 | |
---|
1951–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|