Rebecca é un filme estadounidense de drama psicolóxico dirixido por Alfred Hitchcock que se estreou en 1940. Foi o primeiro proxecto estadounidense de Hitchcock e o seu primeiro filme con contrato co produtor David O. Selznick. O guión é obra de Robert E. Sherwood e Joan Harrison, e é unha adaptación de Philip MacDonald e Michael Hogan, estaban baseados na novela homónima de Daphne du Maurier. Está protagonizado por Laurence Olivier e Joan Fontaine, xunto con Judith Anderson e George Sanders nos papeis secundarios.
Rebecca gañou dous Premios Oscar, o de mellor filme e mellor fotografía, dun total de 11 nomeamentos. Olivier, Fontaine e Anderson tamén estiveron nomeados nos seus respectivos papeis. Rebecca foi o filme que abriu a primeira edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín en 1951.[2]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1927/28–1950 | |
---|
1951–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|