Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Carlos del Río

Modelo:BiografíaCarlos del Río
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Cedeira, España Editar o valor en Wikidata

Jesús Carlos del Río López, nado en 1967 en Cedeira, é un político e sindicalista galego.

Traxectoria

Traballador de Correos, foi responsable comarcal do sector de Correos da bisbarra de Ferrol e membro do Consello Confederal da CIG[1]. Membro de Podemos, no Nadal de 2014 optou á secretaría local de Podemos Ferrol na lista Xuntos Podemos, mais a formación anulou as eleccións sen dar a coñecer os resultados[2] con acusacións de fraude. En marzo de 2015 foi un dos fundadores de Ferrol en Común[3] e o seu presidente. Crítico coa dirección estatal de Podemos, foi o voceiro estatal de Bases Podemos[4] mais en novembro de 2016 deuse de baixa en Podemos[5]. En febreiro de 2018, aínda sendo presidente de Ferrol en Común, anunciou publicamente as súas discrepancias coa formación e que se ía presentar ás eleccións con outra formación [6] e en xuño dese foi un dos fundadores de Xuntos Actúa[7], ligada á formación estatal Actúa, e pola que se presentou como candidato á alcaldía de Ferrol nas eleccións municipais de 2019.

Notas

Kembali kehalaman sebelumnya