Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Casa do Correo Vello

Casa do Correo Vello
Fachada principal da Casa do Correo Vello
Edificio
EstiloGótico tardío
EnderezoPraza Celso García de la Riega, 4
LocalizaciónPontevedra
Coordenadas42°26′03″N 8°38′42″O / 42.434083333333, -8.6449444444444
PropietarioPropiedade privada
Uso(s)Vivenda
Construción
Construciónséculo XVI
Dimensións
Plantas4 (planta baixa + 3 andares )
editar datos en Wikidata ]

A Casa do Correo Vello é unha casa señorial gótica[1] do século XVI[2] situada no casco antigo da cidade de Pontevedra.

Localización

A casa atópase na praza de Celso García de la Riega, na parte norte do centro histórico de Pontevedra, moi preto da ponte do Burgo nunha das entradas principais á cidade medieval. Unha das súas fachadas laterais dá á rúa Real e ao camiño portugués de peregrinación a Santiago e á antiga vía romana XIX e a outra fachada á rúa San Nicolás.[3][2]

Historia

Esta casa nobre foi construída no século XVI, para dúas familias vascas procedentes de Áraba que se asentaron na cidade de Pontevedra, os Murga e os Ibaizábal. [2]

A casa debe o seu nome á función de Casa do Correo na cidade desde a que se distribuía o correo, cun servizo postal desde 1707. Foi empregada como casa de postas no século XVIII pola súa situación privilexiada próxima á ponte do Burgo e á beira do camiño de Santiago portugués. Á casa estivo vinculada o pai de Frei Martín Sarmiento que foi Correo Maior do Reino en Pontevedra.[4]

Descrición

É unha casa gótica[1] do século XVI que ten planta baixa e tres andares. Na súa fachada principal mostra un alfiz[1] característico do século XVI, que percorre a fachada que dá á praza de Celso García de la Riega e bordea a parte superior dun escudo de armas de grandes dimensións coas armas dos Ibaizábal, Villegas, Aldao e Salazar.[2] O escudo está timbrado cun casco con penacho e adornado de lambrequíns, así como unha cabeza de anxo debaixo da punta do escudo.

A porta orixinal de acceso á casa termina nun arco carpanel[1][4] de tres centros cun pequeno escudo na clave. Os dous primeiros pisos teñen portas balconeiras e o terceiro posúe un balcón que ocupa toda a fachada.[2]

Na fachada lateral esquerda, que dá á Rúa Real, hai outro pequeno escudo totalmente cadrado coas armas dos Murga, que eran oriúndos do municipio de Aiara en Áraba e parentes dos Ibaizábal.[2]

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 82. ISBN 978-8403509344. 
  • Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 221. ISBN 978-84-8457-327-2. 
  • Messía De la Cerda y Pita, Luis F. (1989). Heráldica, escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona de Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Deputación de Pontevedra. pp. 239–241; 242–245. ISBN 848684522X. 
  • Nieto González, Remigio (1980). Pontevedra. Guía monumental ilustrada (en castelán). Pontevedra: Asociación de Comerciantes de la calle Manuel Quiroga. p. 30. 
  • Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 24-25. ISBN 9788482890852. 

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya