Daniel Lago Barreiro, nado en Rábade en 1990, é un actor galego.
Traxectoria
Fillo do político socialista Luis Ángel Lago Lage[1], Daniel Lago comezou a súa andaina como actor, sendo cativo, cando no 2001 foi escollido para o papel de Brais na serie de televisión Terra de Miranda da TVG[2]. Ten aparecido en varias series feitas en Galiza en episodios esporádicos incluíndo a exitosa serie galega Pratos combinados.
Na serie Matalobos interpreta a Iván Matalobos, o fillo do protagonista, se ben o seu personaxe falece no capítulo 28, a mediados da segunta tempada.
Compaxina a súa carreira na interpretación coa profesión de veterinario, carreira que estudou en Lugo[3]. Asemade tamén práctica o deporte do rugby, pertencendo ao primeiro equipo do Muralla R.C. da cidade de Lugo, desenvolvéndose nos postos de á, centro e zagueiro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas