Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Dave DeBusschere

Modelo:BiografíaDave DeBusschere

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte14 de maio de 2003 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Detroit Mercy (en) Traducir
Austin Catholic Preparatory School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, beisbolista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 1974 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebéisbol
baloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association, Baloncesto masculino da División I da NCAA e Major League Baseball Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porDetroit Pistons Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Chicago White Sox
New York Knicks
Detroit Pistons
Detroit Mercy Titans baseball
1959–1962 Detroit Mercy Titans men's basketball

WikiTree: DeBusschere-32 Find a Grave: 7441173 Editar o valor en Wikidata

David Albert DeBusschere, nado o 16 de outubro de 1940 en Detroit (Míchigan) e finado o 14 de maio de 2003 en Nova York, foi xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira na National Basketball Association (NBA) durante os anos 1960 e 1970. Drafteado polos Detroit Pistons en 1962, foi durante tres anos adestrador-xogador no equipo de Míchigan, sendo o home máis novo da historia en dirixir un equipo da NBA ao contar con tan só 24 anos.

En 1969 deixa os Pistons e asina cos New York Knicks, equipo co que gañaría dous títulos da NBA. En recoñecemento pola súa labor no equipo neoiorquino foi retirado o seu dorsal número 22. En 1983 foi admitido no Basketball Hall of Fame e en 1996 votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA". Alén diso, durante a temporada 1962-63 xogou como profesional ao béisbol nos Chicago White Sox da MLB. Faleceu en 2003 aos 63 anos por mor dun ataque ao corazón.

Traxectoria

Universidade

Os seus tres anos universitarios transcorreron en Detroit Mercy, onde completou unhas estatísticas de 24,8 puntos e 19,4 rebotes por partido. ISto valeulle para ser elixido Atleta do Ano do estado de Míchigan en 1960.

NBA

Foi elixido na cuarta posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1962 polos Detroit Pistons como elección territorial. Nesa primeira tempada conseguiu un oco no quinteto ideal de rookies. Foi un xogador eminentemente defensivo, sendo incluído durante 6 anos no mellor quinteto defensivo da liga. Entre 1965 e 1967 compaxinou o posto de xogador co de adestrador para os Pistons. Foi traspasado aos New York Knicks a mediados da temporada 1968−69, cos que conseguiu dous títulos da NBA, o primeiro ese mesmo ano, e o segundo en 1973.

Despois da súa retirada

DeBusschere retirouse en 1974. En homenaxe o éxito conseguido no equipo neoiorquino a súa camiseta co número 22 foi retirada polos Knicks, colgando hoxe do teito do Madison Square Garden. Posteriormente traballou como executivo nos New York Nets (actuais Brooklyn Nets) da desaparecida American Basketball Association (ABA), competición da que chegou a ser o comisionado. Durante os anos 1980 volta ao seu antigo club, os Knicks, para traballar como adestrador asistente e director de operacións. Durante esta etapa seleccionou no draft a Patrick Ewing que, ao igual que DeBusschere, sería seleccionado en 1996 como un dos cincuenta mellores xogadores da historia da NBA.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya