Francisco Martínez Leira, coñecido como Pancho, nado en Bufarda (Ombre, Pontedeume) o 21 de decembro de 1916 e finado na Mediña (Ombre) o 31 de decembro de 1954, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Participou na Guerra Civil nun Batallón do Terzo, aproveitando esta circunstancia para levar armas aos fuxidos. Despois da guerra residiu en Mugardos e traballou nos estaleiros de Bazán. Militante do PCE, incorporouse á guerrilla o 22 de xaneiro de 1948, tras descubrirse a súa participación na folga do aceite e o azucre que se desencadeara en Bazán. Integrado no Destacamento Arturo Cortizas como responsábel de transmisións. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en xullo de 1949 encartado na causa 201/49 xunto con Francisco Paz Fornos.[1] Pertenceu ao comité rexional do PCE (1949-1950). Cando Francisco Rey Balbís marchou a Francia en 1951 convértese no máximo dirixente da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Despois da caída de Foucellas o 9 de marzo de 1952 Francisco Martínez era practicamente o único guerrilleiro activo en Galicia. Foi abatido pola Garda Civil o 31 de decembro de 1954 na Mediña (Ombre), logo dunha denuncia, cando se preparaba para fuxir ao estranxeiro.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 16-11-1949, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
Guerrilleiros antifranquistas | |
---|
|