Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Hunza, Colombia

Mapa do territorio muisca. Hunza no territorio amarelo.

Hunza (en muisca Chunsa ou Junsa)[1] foi unha das principais cidades da confederación muisca, na época precolombiana, sede do goberno do zaque (cacique que comandaba os pobos da zona norte do actual Altiplano Cundiboyacense, no centro de Colombia). A actual cidade de Tunja atópase construída sobre o seu mesmo lugar.[2] O nome desta localidade provén do mítico cacique da cidade, Hunzahúa (palabra que significa ‘varón poderoso’). Estando á cabeza do territorio muisca, mantiña numerosos cercados como o de Quiminza, ó igual que os templos de adoración relixiosa coma o Pozo de Hunzahúa e os Coxíns do Zaque.[3]

Últimos gobernantes

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  2. «Hunzahúa», breve biografía posiblemente novelada, en el sitio web Pueblos Originarios.
  3. Hunzahúa y su hermana, artículo en el sitio web Tunja.gov.co. Consultado o 16 de xaneiro de 2012.

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya