Os muiscas tiñan coñecementos avanzados de astronomía e construían os seus lugares sagrados de acordo coa posición dos corpos celestes. O Templo da Lúa, ó igual que El Infiernito ou o Templo do Sol de Sugamuxi foron construídos seguindo estes patróns.[4]
No templo os rituais eran organizados polos caciques e os zipas da Confederación muisca. Os caciques e sacerdotes do Templo da Lúa levaban roupas brancas, diferentes das do Templo do Sol, que eran vermellas.[3] O Templo do Sol non era só un lugar de adoración, senón tamén de educación dos novos caciques e dos gobernantes muiscas.[4][5][6]
Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia(en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–219. ISBN978-958-14-1416-1.
Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América - Great indigenous cultures of the Americas(en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–238. ISBN978-958-14-0368-4.