Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Numeración muisca

Numerais muiscas.

A numeración muisca foi o sistema de numeración empregado polos muiscas. Ó igual que os maias, os muiscas tiñan un sistema de numeración vixesimal, baseado nos múltiples de vinte (en muisca: gueta). Os numerais muiscas baseábanse na conta dos dedos das mans e dos pés. Tiñan números específicos do un ata o dez, e os números entre o once e dezanove usaban o sistema "pé un" (11) a "pé nove" (19). O número 20 era o número 'perfecto' para os muiscas, o cal é visible no seu calendario. Para calcular números maiores de 20 usaban múltiplos do seus número 'perfecto'; gue-muyhica sería "20 veces 4", ou 80. Para describir o "50" usaban "20 veces 2 máis 10"; gue-bosa asaqui ubchihica, transcrito como guêboʒhas aſaqɣ hubchìhicâ.[1] No seu calendario, que era lunisolar, só contaban do un ao dez e vinte. Cada número tiña un significado especial, relacionado cos seus deuses e certos animais, especialmente os abondosos sapos.[2]

Para a representación dos seus números usaron díxitos inspirados no seu contorno natural, especialmente sapos; ata ("un") e aca ("nove") derivan destes animais tan abondosos na sabana de Bogotá e noutras partes do Altiplano Cundiboyacense onde os muiscas vivían na súa confederación.

Os estudosos máis importantes que achegaron coñecemento sobre os números muiscas foron Bernardo de Lugo (1619),[1] Pedro Simón (século XVII), Alexander von Humboldt e José Domingo Duquesne (finais do século XVIII e comezos do XIX) e Liborio Zerda.[3][4][5][6][7]

Numerais

Os muiscas usaron un sistema de numeración vixesimal e contaron principalmente cos dedos das súas mans e secundariamente coas dedas dos pés. O seu sistema pasou de 1 a 10 e para numeracións máis altas empregaron o prefixo quihicha ou qhicha, que significa "pé" na lingua muisca Muysccubun. Once converteuse así en "pé un", doce: "pé dous", etc. Ao igual que outras civilizacións precolombianas, o número 20 era especial. Os muiscas tiñan dúas maneiras de expresar o número vinte: "pé dez"; quihícha ubchihica ou a palabra exclusiva gueta, derivada de gue, que quere dicir "casa". Os número entre 20 e 30 cóntanse así gueta asaqui ata ("vinte máis un"; 21), gueta asaqui ubchihica ("vinte máis dez"; 30). Os números maiores eran contados como múltiplos de vinte; gue-bosa ("20 veces 2"; 40), gue-hisca ("20 veces 5"; 100).[3]

Números do 1 até o 10, e o 20

Número Humboldt, 1807[3] De Lugo, 1619[1] Díxitos muiscas
1 ata
2 bozha / bosa boʒha
3 mica
4 mhuyca / muyhica mhuɣcâ
5 hicsca / hisca hɣcſcâ
6 taa[8]
7 qhupqa / cuhupqua qhûpqâ
8 shuzha / suhuza shûʒhâ
9 aca
10 hubchibica / ubchihica hubchìhicâ
20 quihicha ubchihica
gueta
qhicħâ hubchìhicâ
guêata

Números maiores

Número Humboldt, 1807[3] De Lugo, 1619[1]
11 quihicha ata qhicħâ ata
12 quihicha bosa qhicħâ boʒha
13 quihicha mica qhicħâ mica
14 quihicha mhuyca qhicħâ mhuɣcâ
15 quihicha hisca qhicħâ hɣcſcâ
16 quihicha ta qhicħâ ta
17 quihicha cuhupqua qhicħâ qhûpqâ
18 quihicha suhuza qhicħâ shûʒhâ
19 quihicha aca qhicħâ aca
20 gueta guêata
21 guetas asaqui ata guêatas aſaqɣ ata
30 guetas asaqui ubchihica guêatas aſaqɣ hubchìhicâ
40 gue-bosa guêboʒha
50 gue-bosa asaqui ubchihica guêboʒhas aſaqɣ hubchìhicâ
60 gue-mica guêmica
70 gue-mica asaqui ubchihica guêmicas aſaqɣ hubchìhicâ
80 gue-muyhica guêmhuɣcâ
90 gue-muyhica asaqui ubchihica guêmhuɣcâs aſaqɣ hubchìhicâ
99 gue-muyhica asaqui quihicha aca guêmhuɣcâs aſaqɣ qhicħâ aca
100 gue-hisca guêhɣcſcâ
101 gue-hisca asaqui ata guêhɣcſcâs aſaqɣ ata
110 gue-hisca asaqui hubchihica guêhɣcſcâs aſaqɣ hubchìhicâ
120 gue-ta guêta
150 gue-muyhica asaqui hubchihica guêqhûpqâs aſaqɣ hubchìhicâ
199 gue-aca asaqui quihicha aca guêacas aſaqɣ qhicħâ aca
200 gue-ubchihica guêhubchìhicâ
250 gue-quihicha bozha asaqui hubchihica guêqhicħâ boʒhas aſaqɣ hubchìhicâ
300 gue-chihica hisca guêqhicħâ hɣcſcâ
365 gue-chihica suhuza asaqui hisca guêqhicħâ shûʒhâs aſaqɣ hɣcſcâ
399 gue-chihica aca asaqui quihicha aca guêqhicħâ acas aſaqɣ qhicħâ aca

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1619 - Muisca numbers according to Bernardo de Lugo - consultado o 29 de abril de 2016 (en castelán)
  2. Izquierdo, 2009, p.30
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Humboldt, 1807, Part 1
  4. Humboldt, 1807, Part 2
  5. Humboldt, 1807, Part 3
  6. Duquesne, 1795
  7. Zerda, 1883
  8. Taa on Muysccubun Dictionary (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya