A maior das illas é a illa Karimata, que dá o seu nome ao grupo, e que mide cerca de 20 km de longo (leste-oeste) e ten unha superficie de 179 km². Na illa levántanse dous afiados cumios montañosos, de 1 022 e 1034 m de altitude.
Unha serie de pequenas aldeas están situadas na costa, a maior das cales é Padang, no extremo oriental da illa. A illa é coñecida porque os seus habitantes teñen graves problemas de malaria. Por iso, despois dunha severa epidemia desta doenza, foi repoboada con orixinarios da costa oeste de Borneo.
Estes niños véndense a 1 400 euros o quilogramo, prezio que ascende a 3 000 euros de comprarse unha vez procesados. Segundo datos oficiais, hai máis de 20 000 recolectores destes niños no sueste asiático, que venden na súa totalidade á China.[5]
Esta poboación recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.
A illa Karimata está clasificada como Reserva natural polo goberno de Indonesia, pero até o momento non houbo ningunha xestión na zona. Porén, hai rumores de grandes plans de desenvolvemento turístico.