Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Jesús López Cobos

Modelo:BiografíaJesús López Cobos

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Jesús López-Cobos Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Toro, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 2018 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaToro Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Música e Arte Dramática de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de orquestra Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de orquestra, director musical Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHans Swarowsky e Franco Ferrara Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI
Denon (pt) Traducir
Telarc International Corporation (en) Traducir
Philips
Philips Classics Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0529807 BNE: XX847705 Musicbrainz: ee55058d-2eec-4bb1-91ec-19365e3b2072 Discogs: 1437991 Allmusic: mn0001651947 Editar o valor en Wikidata

Jesús López Cobos, nado en Toro (provincia de Zamora) o 25 de febreiro de 1940 e finado en Berlín o 2 de marzo de 2018, foi un director de orquestra español. Ao longo da súa traxectoria ten dirixido á maioría das grandes orquestras europeas e americanas

Traxectoria

López Cobos estudou na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras en 1964. Posteriormente interesouse na música, estudando dirección de orquestra con Franco Ferrara e Hans Swarowsky, e diplomándose en composición en 1966 no Conservatorio de Madrid. Foi galardoado nos Concursos de Besançon e Copenhaguen (Nikolai Malko)

Grazas a unha bolsa de estudos puido trasladarse a Nova York para ampliar os seus estudos musicais, debutando como director sinfónico en Praga e como director de ópera en Venecia en 1969. A partir dese momento conseguiu dirixir á maioría das orquestras sinfónicas e filharmónicas do mundo como director invitado. En 1971 foi invitado pola Deutsche Oper Berlin, que en 1981 o nomeou Director Xeral de Música. Durante os anos que permaneceu na capital alemá, ata 1990, levou as producións da Ópera Berlinesa a Washington e o Xapón, onde se ofreceu por primeira vez a Tetraloxía de Richard Wagner completa.

En 1975, López Cobos debutou nos Ánxeles e Londres coas súas respectivas orquestras filharmónicas, sendo durante seis anos o principal director invitado da London Filharmonic Orchestra, orquestra coa que realizou xiras polo Xapón e España.

Entre 1984 e 1988 Director da Orquestra Nacional de España, entre 1986 e 2000 Director da Cincinnati Symphony Orchestra (orquestra que o nomeou director musical emérito), e entre 1990 e 2000 director principal da Orchestre de Chambre de Lausanne. Dende 2003 ata 2010 foi o musical do Teatro Real de Madrid.

O mestre López Cobos foi o primeiro director español que subiu ao podio do Teatro alla Scala de Milán, da Royal Opera House (Covent Garden) de Londres, da Opéra national de Paris e da Metropolitan Opera de Nova York.

López Cobos é, xunto con Krzysztof Penderecki, director honorífico da Área Musical da Fundación Príncipe de Asturias.[1]

Discografía

López Cobos ten gravado para selos como Philips, Decca, Virgin, Teldec, Telarc, Denon, Claves, Cascavelle etc. Salientan as gravacións realizadas coa Cincinnati Symphony Orchestra, coa que gravou en exclusiva para Telarc obras de Falla, Ravel, Bizet, Franck, Mahler, Respighi, Villa-Lobos ou Shostakovich entre outros, sendo nomeado a un Grammy en 2003. Tamén ten rexistrado o ciclo das sinfonías de Bruckner. Ten realizado gravacións para Denon dun ciclo de sinfonías de Haydn coa Orchestre de Chambre de Lausanne, así como unha serie de óperas de Rossini para o selo Teldec.

Recoñecementos

Ao longo da súa traxectoria, López Cobos ten recibido numerosos galardóns pola súa labor:

Notas

  1. Área musical da Fundación Príncipe de Asturias
  2. "Acta do Xurado". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 13 de xullo de 2007. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya