A lingua mawayana (mahuayana), tamén coñecida como mapidiana (maopidyán), é unha lingua moribunda da familia arauaca, falada no norte de América do Sur. É falada polo pobo mawayana que vive nas vilas das etnias waiwai e tiriyó no Brasil, Güiana e Suriname.[5] No ano 2015, só quedaban dous falantes da lingua vivindo na vila de Kwamalasamutu.
Clasificación
Aikhenvald (1999) clasifica a lingua mawayana (e posiblemente o mawakwa como dialecto) xunto coa lingua wapishana no subgrupo de linguas pidjanas (río Branco) da familia lingüística arauaca. Carl-in (2006:314) sinala que o mawayana "está estreitamente relacionado co wapishana" e segundo Ramirez (2001:530) comparten cando menos o 47% do seu léxico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Aikhenvald, Alexandra Y. (1999). "The Arawak language family". En Aikhenvald, Alexandra Y.; Dixon, R.M.W. The Amazonian languages. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 65–106.
- Carlin, Eithne B (2006). "Feeling the need. The borrowing of Cariban functional categories into Mawayana (Arawak)". En Aikhenvald, Alexandra Y.; Dixon, R.M.W. Grammars in contact: A cross-linguistic typology. Oxford: Oxford University Press.
- Carlin, Eithne B (2011). "Nested identities in the Southern Guyana-Surinam corner". En Hornborg, Alf; Hill, Jonathan D. Ethnicity in ancient Amazonia: Reconstructing past identities from archaeology, linguistics, and ethnohistory. University Press of Colorado. pp. 225–236.
- Carlin, Eithne B; Boven, Karin (2002). "The native population: Migration and identities". En Carlin, Eithne B.; Arends, Jacques. Atlas of the languages of Suriname. KITLV Press. pp. 11–45.
- Carlin, Eithne B; Mans, Jimmy (2013). "Movement through time in the southern Guianas: deconstructing the Amerindian kaleidoscope". En Carlin, Eithne B.; Leglise, Isabelle; Migge, Bettina; et al. In and out of Suriname: Language, mobility, and identity. Caribbean Series. Leiden: Brill.
- Mans, Jimmy; Carlin, Eithne B. (2015). Movement through Time in the Southern Guianas: Deconstructing the Amerindian Kaleidoscope. Leiden: Brill.
- Ramirez, Henri (2001). Línguas Arawak da Amazônia setentrional (en portugués). Manaus: Universidade Federal do Amazonas.