O loberno é un ser mitolóxico da cultura galega, froito da unión entre un lobo e unha raposa. Nalgunhas ocasión semella moito máis un raposo e noutras un lobo de cor alanxada ou con manchas desta cor.
Ao atoparse diante del é inútil berrarlle porque é xordo e non escapa. O único que se pode facer é fuxir deixando atrás as propias pertenzas das que se alimentará.
Fascínate coa mirada e mesmo pode paralizarte ademais de poder ver a través das paredes. Coase nos cemiteros para desenterrar mortos e zampalos.
Adoitase ver nun cemiterio no Castelo, no concello de Muras.[1]
Non é animal moi frecuente, ni tampouco moi raro en Galicia e alí ten cinco nomes vulgares, v.g. lobo cerval, lobezno, lubicán, lobo rabaz e tigre . Este último é falso, pois no hai tigres en Europa, pero chámaselle tigre porque ten a pel manchada e moi fermosa e apreciable. Os catro primeiros nomes, aínda que comezan poo lobo, só aluden a súa voracidade, non a que o animal sexa do xénero lobo, pois só o é do xénero gato. É como gata, pero tan grande como un can perdigueiro. Combinando todo é o verdadeiro animal lince.Tradución do castelán.
Outros autores como Xoán Cuveiro Piñol no seu dicionario do século XIX describía a voz loberno como un lince, un animal cuadrúpede de dous ou máís pés de alto, de cor cobriza escura con manchas negras, de cola curta, orellas longoas e erguidas. E complenta a súa descrición restándolle veracidade ao que se di da súa vista e dos ouriños.[2]