Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Breogán

Modelo:BiografíaBreogán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Familia
FillosBile, Ite, Artai Editar o valor en Wikidata
PaiBrate Editar o valor en Wikidata

Breogán, tamén identificado como Brigo,[1][2] é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre,[3] identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium).[2] A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses.[4] Neste compendio é descrito como o fillo de Brate,[5] e o pai de Ite e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels. Ademais cóntase como os gaels descenden de Adán, a través dos fillos de Noé, e como chegaron a Irlanda a través de Galicia.

É a personificación nacional de Galicia,[6] sendo mencionado dúas veces no himno Os Pinos a través de referencias metafóricas a Galicia como o "Fogar" e a "Nazón de Breogán".[7]

Etimoloxía

Unha posible explicación da orixe do nome de Breogán podería ser da expresión "Breo-genus" (fillo de Breo), sendo Breo o Brate gaélico. Mostra disto poden ser as aras votivas adicadas ao "deus lar Berobreo" localizadas no Monte Facho de Donón, no concello de Cangas do Morrazo. As aras están escritas en latín, sendo de resaltar que "deus lar" significaba na súa orixe "defunto divinizado",[8] polo que se podería traducir como aras adicadas ao "defunto divinizado" Berobreo.[9][10]

A lenda

"A chegada dos fillos de Miled", ilustración de J. C. Leyendecker en Myths & Legends of the Celtic Race de T. W. Rolleston, 1911.

De acordo cos relatos do Lebor Gabála Érenn, os devanceiros de Breogán pasaron 440 anos vagando pola Terra, someténdose a unha serie de probas e tribulacións, unha historia que está baseada na dos israelitas do Antigo Testamento.[11][12][13] Esta parte da lenda foi creada en tempos medievais, nos séculos XI-XII, cando existía unha gran tradición cristiá no momento da súa transcrición.[14][15] Eventualmente embarcaron dende Exipto, fuxindo das pragas da época de Moisés e chegaron á Península Ibérica, conquistándoa. Isto débese contrastar co achado dun escudo celta en Faiyum, Exipto, tal como nos mostra a obra clásica The Celts de T.G. Powell,[16] onde se destaca que existían "mercenarios" celtas en Exipto dende o ano 274 a.C.

Bai mac maith ic Brath .i. Bregon
cá ṅdernad in Tor in chathir
.i. Brigantia ainm na cathrach.
A Tur Bregoin iṁ atchess Heriu
fescur lathi gemreta.
Atoscondairc Ith mac Bregoin.


Brate tivo un bo fillo, a saber, Bregon,
por quen foi construída a Torre e a cidade.
Brigantia era o nome da cidade.
En verdade dende a Torre de Bregon
foi enxergada Irlanda un serán dun día invernal.
Enxergouna Ite, o fillo de Bregon.

Lebor Gabála Érenn, Tradución de Fernando Pereira González.[17]

No noroeste da península, un dos líderes celtas, Breogán, fundou a cidade chamada Brigantia (identificada coa Coruña)[18] e erixiu unha gran torre, a Torre de Breogán (identificada coa Torre de Hércules construída polo romanos). Dende o máis alto da torre, o seu fillo Ite albiscou a illa de Irlanda. A visión desa terra provocou que os gaels e Ite navegasen cara a Irlanda nunha expedición pacífica. Alí, Ite sería asasinado polos tres reis dos Tuatha Dé Danann, Mac Cuill, Mac Cécht e Mac Gréine. En vinganza, os oito fillos do neto de Breogán, Míl Espáine, e os nove irmáns de Ite, partiron dende Brigantia a Irlanda en trinta e seis naves lideradas por Érimón e Éber Donn, e conquistárona. O nome Míl Espáine provén do latín Miles Hispaniae ("soldado de Hispania") e é probablemente unha invencións dos escritores cristiáns.[19][20]

Os fillos de Míl, coñecidos como os milesianos, desembarcaron no Condado de Kerry e abríronse camiño loitando até o outeiro de Tara. Durante a conquista, as esposas dos treis reis dos Tuatha Dé Danann, Ériu, Banba e Fodla, pedíronlles que a illa recibise o seu nome: Ériu é a forma máis antiga do nome moderno de Éire, e Banba e Fodla eran empregados como os nomes poéticos para Irlanda, como Albion para Britania. En Tara, os fillos de Míl reuníronse cos tres reis, e decretouse que os invasores regresasen ás súas naves e navegasen unha distancia de nove ondas, e se eran quen de desembarcar de novo, Irlanda sería súa. Navegando de novo, os Tuatha Dé Danann empregaron a súa maxia para desencadear unha treboada, na cal cinco dos fillos de Míl pereceron, quedando só con vida Éber Finn, Érimón e Amergin o poeta. Porén, Amergin realizou unha invocación chamando polo espírito de Irlanda coñecida como a "Canción de Amergin" grazas á cal puideron desembarcar e tomaron a illa na batalla Tailtiu. Os tres reis dos Tuatha Dé Danann foron derrotados en combate singular polos tres fillos superviventes de Míl, Éber Finn, Érimón e o propio Amergin. Despois da vitoria, Amergin dividiu o reino entre Érimón, quen gobernou no norte, e Éber Finn, que gobernou no sur.[21][22][23]

Un ano despois da batalla de Tailtiu, Éber Finn non estaba conforme gobernando só a súa metade e loitou contra o seu irmán en Airgetros, sendo derrotado e asasinado, e dous anos máis, Érimón derrotou a Amergin noutra batalla.[24][25] A tradición local en Drogheda sinala o seu lugar de enterramento baixo Millmount. Érimón converteuse no único gobernante de Irlanda. O alto reinado alternaríase entre os descendentes de Éber e os de Érimón. Entre os fillos de Éber estaban Conmáel, Ér, Orba, Ferón e Fergna.[26]

Difusión da lenda

Folio 53 do Libro de Leinster. Lebor Gabála Érenn está rexistrado en máis dunha ducia de manuscritos medievais e o Libro de Leinster é só unha das fontes primarias do texto.

A primeira mención na historiografía á relación entre Galicia e as illas Británicas provén do século V, onde o historiador da Gallaecia Paulo Orosio na súa obra Historiæ adversus paganos (417) ou "Historia contra os pagáns" menciona a "Torre de Brigantia" como un faro moi alto que mira cara a Britania,[2] o cal podería suxerir unha relación marítima entre Galicia e as illas. Ademais, describe a Irlanda "entre Iberia e Britania".[27]

A lenda de Breogán recollida no Leabhar Gabhála entre os ano 900-1000 xa era coñecida en Galicia naquela época[2] como demostra a lenda galega de Trezenzonio, sendo un caso excepcional de mitoloxía compartida entre dúas nacións atlánticas. A lenda de Trezenzonio é unha historia semellante sobre un monxe que viaxou a unha illa marabillosa que divisou dende o máis alto da Torre de Brigantia, e foi escrita en latín nos primeiros anos do século XI en Galicia. A historia, preservada en dous manuscritos do século XIV, é coñecida como Trezenzonii de Solistitionis Insula Magna ("A Grande illa do solsticio de Trezenzonius").[28] O seu fillo foi Bile, que á súa vez era o pai de Milesius (tamén chamado Míl Espáine), o suposto devanceiro de tódolos irlandeses. Malia que isto é considerado como un mito, a teoría da conquista de Irlanda por pobos provenientes da Península Ibérica en tempos prehistóricos concorda cun estudo xenético elaborado en 2006 na Universidade de Oxford, que concluíu que a maioría da poboación das illas Británicas é descendente de granxeiros e pescadores neolíticos orixinarios das rexións norteñas da Península Ibérica.[29]

En decembro de 1601, os irlandeses perderon a batalla de Kinsale contra Inglaterra e debido a isto moitos condes gaélicos dediciron abandonar o país para evitar represalias (véxase Fuga dos Condes). O conde Hugh Roe O'Donnell (en irlandés: Aodh Ruadh Ó Domhnaill), un líder rebelde que loitou en Kinsale, foi un dos numerosos irlandeses que decidiron quedar en Galicia. Escapou dende Castlehaven o 6 de xaneiro de 1602, e chegou á Coruña o día 14, onde foi recibido con honras polo Gobernador de Galicia e polo Arcebispo de Santiago de Compostela, onde foi fundado o Antigo Colexio dos Irlandeses en 1605. Alí foi levado a "visitar a Torre de Betanzos, onde segundo as lendas dos bardos os fillos de Milesius partiron cara a Illa do Destino".[30] O feito de que o conde O'Donnell fose levado a visitar o faro amosa que a lenda de colonización de Irlanda era coñecida en Galicia no século XVII.

Tamén do século XVII é a historia do príncipe Gatelo, un rei que fundou a cidade de Brigancia, casou coa princesa Scota, e despois colonizou Irlanda e Escocia.[31]

A idea de que os gaels irlandeses proveñen do norte da antiga Hispania pode estar baseada nas semellanzas dos nomes Iberia e Hibernia[32] e de Galicia e Gael.[33] Pseudohistoriadores medievais fixeron declaracións semellantes sobre outras nacións baseándose nos seus nomes.[34]

Descendentes

Breogán tivo nove fillos máis alén de Bile, o pai de Míl Espáine. Deles, Ite foi o primeiro en chegar a Irlanda e foi asasinado polos fillos de Cermait, o que provocou que a súa familia se vingase. O fillo de Ite, Lughaidh, conmemórase no topónimo Corca Luighe, e os irmáns de Ite están presentes noutros lugares de Irlanda: Breogha, Cuailgne, Muirtheimhne e Cualu nos territorios dos seus descendentes; Fuad, Bladh e Eibhle nas montañas (Sliabh Fuaid en the Fews, Slieve Bloom, e Slieve Felim respectivamente) e Nár en "Ros Náir" en Slieve Bloom e "Cathair Náir" en Slieve Mish.[35]


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Brate
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Breogán
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Breogha
 
Cuailgne
 
Muirtheimhne
 
Ite
 
Bile
 
Cualu
 
Fuad
 
Bladh
 
Eibhle
 
Nár
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lughaidh
 
Míl Espáine
 
Scota
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Érimón
 
Éber Finn
 
Amergin Glúingel
 
Éber Donn
 
Fial nic Miled
 
Dill nic Mil
 
Ír mac
 

Legado cultural

No himno de Galicia

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

—Última estrofa do poema Os Pinos, Eduardo Pondal, 1890.

O primeiro texto do himno de Galicia, creado por Eduardo Pondal, foi titulado orixinalmente Breogán.[36][37] Logo de varias redaccións, o texto definitivo publicouse o 22 de maio de 1890 como Os Pinos. Na letra do himno, Breogán é mencionado dúas veces, e nel Galicia descríbese poeticamente coma o fogar e a "nazón" de Breogán.[7]

Na onomástica

Segundo datos do ano 2023 do Instituto Galego de Estatística, Breogán é o nome propio de 611 persoas en Galicia, cunha media de idade de 14,9 anos.[38]

Ademais é o nome propio de personalidades galegas como o escritor Breogán Riveiro, o xogador de fútbol Breogán Pereiro ou o político Breogán Riobóo.

No deporte

O CB Breogán nun partido de 2018.

O equipo profesional de baloncesto da cidade de Lugo, o Club Baloncesto Breogán, fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas,[39] recibe o seu nome na súa honra. O equipo de piragüismo Club Breogán do Grove tamén recibe o nome polo personaxe mitolóxico.[40] Tamén o Fillos de Breogán, primeiro equipo galego de fútbol gaélico, fai referencia no seu nome a esta personaxe mitolóxica.[41]

Na música

No ano 2014, o grupo de folk galego Luar na Lubre gravou o álbum en directo Torre de Breoghán. A Luz dos Milésians xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia. O álbum foi publicado o 2 de decembro de 2014, baixo o selo Warner Music. Baséase en episodios do relato de Lebor Gabála Érenn (Libro das invasións de Irlanda), no que se narra a invasión de Irlanda polos Milesios, que chegarían procedentes de Brigantia (A Coruña).[42] No DVD inclúese o concerto íntegro, que foi gravado en directo os días 21 e 22 de xuño de 2014, no Palacio da Ópera da Coruña.

Nos videoxogos

O videoxogo The Waylanders, desenvolvido polo estudio coruñés Gato Studio,[43] está ambientado na lenda de Breogán e na construción da torre de Brigantia. Parte da historia está relacionada co Libro das Invasións e a conquista de Irlanda.[44]

Notas

  1. José Cornide Saavedra identificouno durante o século XVIII co nome de "Brigo". Véxase Pereira González, Fernando (2013). GALLÆCIA 32, ed. Lorenzo Hervás, o celtismo galego e a lenda de Breogán. pp. 169–190. ISSN 0211-8653. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Galician county symbols:County Corunna. Flag of Corunna". galicianflag.com. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  3. "Lenda de Breogán". torredeherculesacoruna.com. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  4. Carey 1994, pp. 1–4.
  5. "The ancient genealogy of the Geoghegans according to O'Hart's Irish Pedigrees.". Geoghegan.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2014. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  6. Maíz, R. (abril-xuño). Revista de Estudios Políticos (Nueva Época), ed. Nación de Breogán: oportunidades políticas y estrategias enmarcadoras en el movimiento nacionalista gallego. pp. 33–75. 
  7. 7,0 7,1 Xunta de Galicia (ed.). "Símbolos de Galicia: O himno". Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  8. Bendala, Manuel, Tartessios, iberos y celtas, páx. 29.
  9. Daremberg e E. Saglio."Dictionnaire des Antiquités grecques et romaines", pax.937
  10. Grimal, Pierre. Diccionario de mitología griega y romana, páx. 308, nota a o pè.Gabucci,Ada. "Roma", pax.158
  11. Macalister 1938, pp.xxvi-xxvii.
  12. Carey 1994, pp. 1–4, 24.
  13. Koch 2006, p. 1130.
  14. Carey 1994, pp. 1-4.
  15. Koch 2006, p. 1132.
  16. Powell, T.G., Los Celtas, páx. 130.
  17. "Galicia, un relato no mundo". issuu.com/cidadedacultura. p. 42-43. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  18. Encyclopædia Britannica, "A Coruña".
  19. Carey 1994, p. 9.
  20. Monaghan, p.331
  21. "Lebor Gabála Érenn". Mary Jones. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xuño de 2009. 
  22. Maighréad C. Ní Dobs, "Tochomlad mac Miledh a hEspain i nErind: no Cath Tailten?" Arquivado 23 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Études Celtiques v.II, París: Librairie E. Droz, 1937
  23. Geoffrey Keating, Foas Feasa ar Éirinn 1.21, 22, 23
  24. Annals of the Four Masters M3500-3503
  25. Geoffrey Keating, Foras Feasa ar Éirinn 1.24
  26. R. A. Stewart Macalister (ed. & trans.), Lebor Gabála Érenn: The Book of the Taking of Ireland Part V, Irish Texts Society, 1956, pp. 11-185
  27. History Ireland, ed. (2001). "Did the Irish Come from Spain?". 
  28. Bloom, James J. (2013). The imaginary sea voyage : sailing away in literature, legend and lore. p. 69. ISBN 9780786465255. 
  29. The Independent, ed. (20 de setembro de 2006). "Celts descended from Spanish fishermen, study finds" (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2017. 
  30. McGee 2008, 23:30–24:00.
  31. Pereira González, Fernando (2002). dialnet.unirioja.es, ed. O príncipe Gatelo, fundador de Brigancia. Un "precursor" de Breogán na historiografía galega. p. 317-344. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  32. Monaghan, Patricia. The Encyclopedia of Celtic Mythology and Folklore. Infobase Publishing, 2014. p.332
  33. Monaghan, Patricia. The Encyclopedia of Celtic Mythology and Folklore. Infobase Publishing, 2004. p.332
  34. Carey, John. The Irish National Origin-Legend: Synthetic Pseudohistory. Universidade de Cambridge, 1994. p.13
  35. Townsend, E. R. (1950). "The Sons of Bregon". The Journal of the Royal Society of Antiquaries of Ireland 80 (1): 77–89. JSTOR 25510712. 
  36. Ferreiro, Manuel (2007). De Breogán aos Pinos. O Texto do himno galego (PDF). Edicións Laiovento. p. 85. 
  37. "El Himno Gallego cumple hoy 108 años". La Voz de Galicia. 20 de decembro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  38. Nome Breogán na Web do Intituto Galego de Estatística
  39. "O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 04 de novembro de 2016. 
  40. "Historia do Club Breogán do Grove". clubbreogan.org. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  41. "Sitio web oficial". Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  42. "Luar Na Lubre: relato épico e intenso". El País (en castelán). 2 de febreiro de 2015. 
  43. Praza Pública, ed. (23 de agosto de 2018). "O videoxogo galego 'The Waylanders', protagonista na principal revista anglosaxoa do sector". Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  44. CRTVG, ed. (4 de decembro de 2018). "'The Waylanders', o videoxogo de rol máis ambicioso do estudo coruñés Gato Salvaje". Consultado o 13 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya