Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Meis

Modelo:Xeografía políticaMeis
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°29′59″N 8°43′30″O / 42.4997, -8.7249
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalO Mosteiro Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.706 (2023) Editar o valor en Wikidata (90,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie51,9 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude55 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMarta Giráldez Barral (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Meis Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36637 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36028 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmeis.gal Editar o valor en Wikidata

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.

Poboación

Evolución da poboación de Meis   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.503 4.906 5.490 5.213 5.004 5.002 4.988 4.992 5.007 5.033 5.006 4.844
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita ao norte con Vilanova de Arousa e Portas, ao leste con Barro e Pontevedra, ao sur con Poio e Meaño, e ao oeste con Ribadumia.

Patrimonio

Labirinto no petróglifo de Outeiro de Cribo.

Existen restos da cultura castrexa no monte Castrove, no que tamén se sitúan os petróglifos de Outeiro de Cribo.

O mosteiro da Armenteira foi fundado no século XII, e a igrexa do recinto foi reconstruída entre os séculos XVI e XVIII. A capela de Santa María de Nogueira pertenceu a un antigo mosteiro. As igrexas de San Martiño de Meis e San Salvador son do século XII. A igrexa de Paradela conserva a ábsida románica. O templo de Santo Tomé de Nogueira ten frescos do século XVI. A igrexa de Nogueira ten un retablo de pedra.

Ademais de tres pazos situados na parroquia de Paradela: o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, destacan os antigos muíños fluviais, destacando o conxunto de Arcos.

Turismo

A celebración da Semana Santa de Paradela, unha das parroquias do concello, foi declarada festa de interese turístico galego.

Festas gastronómicas

  • Festa dos Callos: no lugar do Mosteiro, en xullo.
  • Festa da Carne de Poldro: o 15 de agosto, tamén no Mosteiro. Celébrase desde o 2006, coincidindo coa Feira Anual do Cabalo.

Comunicacións

Por Meis pasa a Autovía do Salnés AG-41, que comunica Barro e Sanxenxo e a estrada comarcal PO-300, que comunica Meis e Cambados.

  • Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas! [1].
  • Ó subila e ó baixala/ a costa de Lantañón,/ ó subila e ó baixala/ perdín o pano mantón [2].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Meis.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meis

A Armenteira (Santa María) | Meis (San Salvador) | Nogueira (San Vicente) | Paradela (Santa María) | San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo) | San Martiño de Meis (San Martiño) | San Tomé de Nogueira (San Tomé)

Lugares de Meis

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meis vexa: Lugares de Meis.

Notas

  1. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras.
  2. Lantañón é lugar de Paradela (Meis), pero a cantiga está recollida en Baión, parroquia de Vilanova que linda coa de Paradela. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: ô subila, ô baixala.

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Kembali kehalaman sebelumnya