Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Salva Ruiz

Modelo:BiografíaSalva Ruiz

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Albal, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Número deportivo14 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2015   Valencia CF Mestalla 94(2)
2012–   Valencia CF
2013–2014 cesión   CD Tenerife 5(0)
2015– cesión   Granada CF
2019–2023   Valencia CF
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2011   España sub-17 5(0)
2011–2011   España sub-16 6(0)
2012–2012   España sub-20 4(0)
2012–2014   España sub-19 5(0)

Salvador 'Salva' Ruiz Rodríguez, nado en Albal o 17 de maio de 1995, é un futbolista español. Xoga de lateral esquerdo no Castellón, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

Valencia e cesións

Formouse no Albal CF da súa localidade natal e na canteira do Valencia. Aos 16 anos debutou co filial, o Valencia Mestalla, na Segunda División B, disputando 19 partidos durante a tempada 2011/12. Continuou no filial na campaña seguinte, na que ademais fixo o seu debut co primeiro equipo da man do adestrador Pellegrino, no partido de volta dos 1/16 de final da Copa do Rei contra o Llagostera.[1]

No verán de 2013 fixo por segundo ano consecutivo a pre-tempada co primeiro equipo, adestrado por Miroslav Đukić, pero en agosto foi cedido ao Tenerife, da Segunda División.[2] Con todo, só disputou seis encontros no equipo de Álvaro Cervera, e en xaneiro regresou a Valencia.[3]

Volveu ingresar no filial, onde foi o lateral esquerdo titular do equipo de Nico Estévez durante o que restaba de tempada, e tamén na seguinte, xa con Curro Torres no banco.

No verán de 2015 acordouse a súa cesión máis a de Robert Ibáñez ao Granada, que comezaba a súa quinta campaña consecutiva en Primeira División.[4] Debutou na máxima categoría xa na primeira xornada, contra o Eibar nos Nuevo Los Cármenes, onde xogou como titular pero foi expulsado no minuto 55 por xogo perigoso.[5] O adestrador José Ramón Sandoval non o volveu aliñar ata a xornada 10, cando lle deu os minutos finais do partido contra o Espanyol en Cornellà, e durante o resto da tempada disputou só dous partidos de Copa.

Foi diagnosticado con anemia aplásica, permanecendo sen xogar durante case dous anos, ata que reapareceu en novembro de 2017 como capitán do Valencia Mestalla.[1][6] Disputou cinco encontros da Segunda B co filial valencianista.

Mallorca

En xaneiro de 2018, asinou polo Mallorca, que militaba tamén na Segunda B.[7] Xogou nove partidos, incluídos os dous partidos da final da promoción contra o Rayo Majadahonda, nos que o Mallorca logrou regresar á categoría de prata.

Na tempada 2018/19 en Segunda División comezou como titular indiscutible no lateral esquerdo mallorquino, pero unha lesión ante Las Palmas, que en principio non parecía grave, alongouse ata os catro meses afastado dos terreos de xogo.[8][9] Reapareceu na xornada 28 e contribuíu nun novo ascenso do equipo balear, o segundo consecutivo.[10]

Foi recuperado polo Valencia no verán de 2019,[11] e disputou con este club varios amigables antes do comezo da tempada. Con todo, o técnico Marcelino García prefiriu a chegada dun lateral con máis experiencia, Jaume Costa, e decidiuse darlle saída a Salva Ruiz.[12]

Deportivo da Coruña

O 2 de setembro de 2019 anunciouse a súa fichaxe por tres tempadas polo Deportivo da Coruña, na Segunda División.[13] Na Coruña volveu padecer lesións e pechou con 26 encontros unha tempada na que o club galego descendeu á Segunda División B por segunda vez na súa historia.[9] Ao ano seguinte xogou 17 partidos, tendo que competir polo posto de lateral esquerdo con Héctor Hernández.[14]

Castellón

No verán de 2021 rescindiu o seu contrato co Deportivo e asinou por tres tempadas co Castellón, na Primeira División RFEF.[15] Titular indiscutible no club orellut, na súa segunda tempada disputou a promoción de ascenso a Segunda División, eliminando nas semifinais ao seu anterior equipo, o Deportivo, antes de caer eliminado ante o Alcorcón na final.[16]

Selección española

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, dende a sub-16 ata a sub-20.

Notas

  1. 1,0 1,1 Valle, Conrado (23 de xullo de 2019). "La lucha de Salva Ruiz: "Caí en el infierno y ahora pelearé para quedarme en el cielo"". As (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  2. Balsas, Nuria (9 de agosto de 2013). "Salva Ruiz es el octavo fichaje" (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  3. "El CD Tenerife y el Valencia CF acuerdan rescindir la cesión de Salva Ruiz" (en castelán). 28 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  4. "Robert Ibáñez y Salva Ruiz llegan cedidos". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  5. "La expulsión de Salva Ruiz marca un antes y un después" (en castelán). 25 de agosto de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  6. Picó, Diego (8 de novembro de 2017). "Fin al calvario de dos años de Salva Ruiz". Marca (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  7. "El Mallorca ficha a Salva Ruiz" (en castelán). 19 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  8. "Dos meses sin Salva Ruiz" (en castelán). 5 de xaneiro de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  9. 9,0 9,1 De la Cruz, Luis (7 de outubro de 2020). "Las lesiones persiguen a Salva Ruiz hasta 2ª B" (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  10. "El Mallorca logra la gesta y regresa a Primera División". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de xuño de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  11. "El defensa de Albal Salva Ruiz volverá al Valencia CF tras lograr el ascenso con el RCD Mallorca" (en castelán). 24 de xuño de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  12. "Marcelino abre la puerta de salida a Salva Ruiz" (en castelán). 31 de agosto de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  13. "Salva Ruiz, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 2 de setembro de 2020. 
  14. "Salva Ruiz quiere "cambiar las tornas" en el lateral izquierdo del Deportivo". Cadena SER (en castelán). 25 de marzo de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  15. "Salva Ruiz ficha por el Castellón por las próximas tres temporadas" (en castelán). 25 de xullo de 2021. Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  16. "El Alcorcón remonta al Castellón para regresar a Segunda". Sport (en castelán). 25 de xuño de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya