Este artigo trata sobre o matemático, para o filósofo da escola cirenaica vexa Teodoro o Ateo.
Teodoro de Cirene, (465 a.C.-398 a.C.) foi un filósofo e matemático grego, nado en Cirene (hoxe en día Shahhat, Libia), desenvolvedor da teoría dos números irracionais.
Pitagórico, cría que a alegría e o xuízo eran a base para chegar á felicidade. É coñecido sobre todo polo seu traballo matemático, onde probou a irracionalidade das raíces dos números enteiros non cadrados (2, 3, 5...) polo menos até 17 a base do método tradicional pitagórico de usar a redución ao absurdo e chegar a unha inconsistencia relacionada con pares e impares.[1] Tamén desenvolveu a espiral que leva o seu nome usando o Teorema de Pitágoras e engadindo perpendicularmente a un segmento unha unidade o que forma triángulos cunhas hipotenusas que son as sucesivas raíces graficamente.[2] Faleceu en Cirene.
Notas
↑James R. Choike (1980). "Theodorus' Irrationality Proofs". The Two-Year College Mathematics Journal.