Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Vilardevós

Modelo:Xeografía políticaVilardevós
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°54′25″N 7°18′47″O / 41.906944444444, -7.3130555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalVilardevós Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.702 (2023) Editar o valor en Wikidata (11,2 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie152 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude743 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Cardoso Pérez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Vilardevós Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32091 Editar o valor en Wikidata

Sitio webvilardevos.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: Vilardevosmeular Editar o valor en Wikidata

Vilardevós é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2024 habitantes (2693 en 2003). O xentilicio é vilarexo ou vilarense.[1]

Poboación

Censo total 2024
Menores de 15 anos 92 (4,55 %)
Entre 15 e 64 anos 1002 (49,51 %)
Maiores de 65 anos 930 (45,94 %)
Evolución da poboación de Vilardevós   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4695 5639 6645 5932 2633 2324 2182 2131 2062 2024
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 152,7 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sueste da provincia de Ourense, limitando á súa vez ao sueste con Portugal. Limita ao norte con Castrelo do Val e Riós, ao sur con Chaves, ao leste con Vinhais, e ao oeste con Verín.

Ten unha orografía de montaña, sendo os maiores cumios os da serra de Penas Ceibes. Está atravesado polo río Támega e o río Mente.

Historia

As mámoas de Vilardevós, o castro de Florderrei, un cadaleito atopado en Arzádigos e datado do século VII, mostran o poboamento destas terras desde época antiga. Como territorio fronteirizo entre España e Portugal sufriu os avatares das relacións entre ámbolos dous países; en 1569 os exércitos portugueses invadiron e devastaron estas terras chegando ata A Gudiña. Durante o antigo Réxime estiveron baixo a xurisdición do Conde de Monterrei.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilardevós

Arzádegos (Santa Baia) | Berrande (San Bartolomeu) | Enxames (San Xoán) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | Moialde (Santa María) | Osoño (San Pedro) | Santa María de Traseirexa (Santa María) | Soutochao (Santa María) | Terroso (Santa Cruz) | Vilar de Cervos (San Vicente) | Vilardevós (San Miguel) | Vilarello da Cota (Santa María)


Lugares de Vilardevós

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilardevós vexa: Lugares de Vilardevós.

Notas

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 61. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Decreto 278/2003, do 22 de maio DOG núm. 113 (12 de xuño de 2003)

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Kembali kehalaman sebelumnya