Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Xavier Costa Clavell

Modelo:BiografíaXavier Costa Clavell
Biografía
Nacemento30 de maio de 1923 Editar o valor en Wikidata
Chantada, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de maio de 2006 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosXosé María Costa Gómez, Antonio Costa Gómez Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Costa Figueiras Editar o valor en Wikidata

BNE: XX841365 AELG: 239 BUSC: costa-clavell-xavier-1923-2006 Dialnet: 2620736

Xavier Costa Clavell, nado en Chantada o 30 de maio de 1923 e finado en Barcelona o 10 de maio de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Fillo do xornalista e escritor José Costa Figueiras. Colaborou na revista Inquietudes da Coruña nos seus anos mozos. Estudou xornalismo en Barcelona. Participou na fundación do grupo Brais Pinto en Madrid. En 1957 publicou nesa mesma cidade Literatura gallega actual e en 1963 deu ao prelo a súa primeira obra en galego, A rouca gorxa do meu ser, un poemario que foi editado en Buenos Aires e no que se pon de relevo a lingua galega e Galicia como patria dos galegos. En 1977 publicou Os anos do vougo e outros poemas, cun ton socialrealista e Las dos caras de Galicia bajo el franquismo.

Publicou dúas novelas en galego, O conde Villaoíde en 1985 e A Monchiña en 1987; Lume esmorecido publicado en 1999 é un libro de relatos. Traduciu Aires da Miña Terra de Manuel Curros Enríquez ao castelán en 1989. Foi articulista para diversos xornais galegos como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, O Correo Galego e Galicia Hoxe e cataláns como La Vanguardia e El Periódico. En 1991 publicou a escolma de artigos xornalísticos Sempre Galicia no meu corazón.

É o pai de Antonio Costa Gómez e Xosé María Costa Gómez.

Obra en galego

Poesía
  • A rouca gorxa do meu ser, 1963, Edicións Tempo Novo, Bos Aires.
  • Os anos do vougo e outros poemas, 1977, Ediciós do Castro.
Narrativa
  • O conde de Viloíde, 1985, Sotelo Blanco. Novela.
  • A Monchiña, 1987, Ediciós do Castro. Novela.
  • Agora que vou morrer axiña..., 1993, Ediciós do Castro. Relatos.
  • Lume esmorecido, 1999, Ir Indo. Relatos.
Ensaio
  • Perfil conflictivo de Galicia, 1976, Galba.
  • Sempre Galicia no meu corazón, 1991, Sotelo Blanco.
  • A cociña galega en España, 2006, Sotelo Blanco.
Obras colectivas
Traducións
  • Os animais e a tartaruga, de Colette, 1983, Argos Vergara.
  • Unha estoria de botóns, de Roser Capdevila, 1983, Argos Vergara.
  • Historia do parágoas, de Mauricio Montagut e Mercé Company, 1983, Argos Vergara.
  • A pasteleira Adelaida, de Montserrat Ginesta, 1983, Argos Vergara.
  • Os nenos voadores, de Pere Calders, 1984, Argos Vergara.

Obra en castelán

Poesía
Narrativa
Ensaio
  • Literatura gallega actual, 1957.
  • Rosalía de Castro, 1967, Plaza & Janés. 2ª edición de 1985, Ediciós do Castro.
  • Los Gallegos, 1970, Editorial Nós, Bos Aires.
  • Perfil conflictivo de Galicia, 1976, Galba.
  • Las dos caras de Galicia bajo el franquismo, 1977, Cambio 16.
  • Bandolerismo, romerías y jergas gallegas, 1980, La Voz de Galicia.
  • Castelao: entre la realidad y el mito, 1986, Plaza & Janés.
  • Restaurantes gallegos de Barcelona, 1987.
  • La pintura de Patiño, 1990, Sotelo Blanco.
Traducións
  • Aires da Miña Terra, de Manuel Curros Enríquez, 1989, Edicions 29. Do galego ao castelán.

Premios

  • Padroado do Pedrón de Ouro de Honra no 1991, polo seu labor en pro da difusión en ampla temática da cultura galega no exterior.

Notas

  1. Asinou o libro como Javier Costa Clavell. A portada foi ilustrada por Veiga do Campo, mentres que o poemario foi escrito en Barcelona en 1965 e rematado de imprimir nesta cidade o 30 de xullo de 1966.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya