Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Óscar Gilsanz

Modelo:BiografíaÓscar Gilsanz
Nome orixinalÓscar Manuel Gilsanz González
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Óscar Manuel Gilsanz González, nado en Betanzos o 4 de xaneiro de 1973, é un adestrador de fútbol galego que dende 2024 dirixe o Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

Naceu en Betanzos no seo da familia fundadora da empresa de autocares Gilsanz.[1] Vencellado futbolisticamente durante décadas ao Betanzos, criouse na canteira do club, e debutou co primeiro equipo en 1991.[2] Militou no club brigantino durante as seguintes 14 tempadas, 10 delas como capitán, exceptuando cinco meses que pasou no CD Bullense de Murcia.[3] Xogou preto de 500 partidos coa camiseta vermella, viviu un ascenso a Terceira División e disputou dúas fases de ascenso á Segunda División B.[4] Retirouse en 2005, despois de militar durante unha campaña no Sporting Sada.[2]

Traballou como adestrador na canteira do Betanzos durante dúas décadas, comezando xa con 14 anos, e adestrou a todas as categorías do club, dende os benxamíns ata os xuvenís.[5][3] En 2007 adestrou durante uns meses o Laracha, en Preferente, ata que foi cesado e substituído por Carlos Brizzola.[6] En 2008 regresou ao Betanzos e colleu as rendas do primeiro equipo, ao que ascendeu na tempada 2010/11 á Terceira División. Con todo, poucos meses despois do ascenso presentou a súa dimisión, alegando inxerencias do presidente Ramiro Rilo no seu traballo.[7] Á súa renuncia sumáronse as do seu axudante, o preparador de porteiros, o delegado e o capitán do equipo, José Luis Poncela.[8]

Na tempada 2014/15 foi contratado como novo adestrador do Racing Villalbés, da Terceira División, ao que dirixiu durante catro tempadas. Con Diego Villares como principal referencia no campo, o equipo chairego obtivo un noveno posto, dous quintos e finalmente na tempada 2017/18, o terceiro lugar da táboa, o mellor resultado da historia do club. Disputou a promoción de ascenso á Segunda División B e eliminou ao Atlético Pulpileño na primeira rolda, pero caeu na segunda diante do Atlético Levante.[9][10]

Para a tempada 2018/19 incorporouse á estrutura do Deportivo da Coruña, que lle deu o mando do Laracha, equipo da Terceira División que durante esa tempada foi o segundo filial do club coruñés. Con todo, o descenso do Fabril a Terceira, supuxo tamén o descenso automático do Laracha á Preferente Galicia.

Na tempada 2020/21 foi elixido para adestrar o Deportivo da Coruña Xuvenil, labor que compaxinou co seu traballo na empresa familiar de autobuses.[1] Cun cadro de xogadores entre os que se atopaban Trilli, Dani Barcia, Guille Bueno, Brais Val, Mella ou Noel, o equipo de Gilsanz proclamouse campión do seu grupo da División de Honra e a continuación conquistou a Copa de Campións, tras derrotar sucesivamente a Las Palmas, Real Madrid e FC Barcelona.[11]

En xullo de 2021 colleu as rendas do Fabril, na Terceira División.[12] Na súa primeira campaña á fronte do filial deportivista apostou pola xuventude e por varios dos mozos cos que se proclamara campión xuvenil o ano anterior.[13] O equipo quedou quinto e disputou a fase de ascenso a Segunda División RFEF, caendo por 1-0 diante do Ourense CF. Recolleu finalmente os froitos na tempada 2022/23, proclamándose campión do Grupo 1 de Terceira, e obtendo así o ascenso de xeito directo.[13] Na seguinte campaña conseguiu o obxectivo da permanencia, rematando na novena posición da táboa.[14]

Comezou a tempada 2024/25 á fronte do filial, pero a finais de outubro colleu as rendas do primeiro equipo do Deportivo trala destitución de Imanol Idiakez.[15] Aínda que nun principio se esperaba que ocupase o cargo só de xeito interino mentres non se contrataba outro técnico, a goleada a domicilio sobre o Cartagena por 1-5 no seu primeiro partido propiciou que uns días despois fose confirmado pola directiva do club como o adestrador do equipo ata o final da tempada.[16][17]

Palmarés

Como futbolista

Betanzos

Como adestrador

Betanzos
Deportivo da Coruña Xuvenil
Fabril

Notas

  1. 1,0 1,1 Miranda, Carlos (26 de xuño de 2021). "“Con estos jugadores no hay que subir las escaleras de cuatro en cuatro”". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 López, Pery (30 de maio de 2023). "Óscar Gilsanz, entrenador por vocación" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "El Betanzos recupera su gloria". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de febreiro de 2011. p. 13. 
  4. García, Rubén (2 de maio de 2023). "Óscar Gilsanz: "Termino contrato pero me gustaría entrenar en Segunda Federación y al Fabril"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023. 
  5. Antelo, Iván (25 de abril de 2023). "Óscar Gilsanz, entrenador del Fabril: «El halago es engañoso en el fútbol, la gente te elogia porque ganas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023. 
  6. "El Laracha negocia con Brizzola para sustituir a Gilsanz". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 7 de novembro de 2007. p. 14. 
  7. "Gilsanz dimite como técnico del Betanzos «por injerencias del presidente»". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de outubro de 2011. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  8. "La insólita insurrección del Betanzos". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de outubro de 2011. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  9. "Cortell tumba al Villalbés y deja al Levante a un paso del ascenso". As (en castelán). 10 de xuño de 2018. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  10. Penoucos, X. R. (24 de xuño de 2018). "Óscar Gilsanz dice adiós al Vilalbés tras cuatro campañas excelentes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023. 
  11. "Óscar Gilsanz, el técnico campeón: "El talento de este equipo es el gran valor que tiene el Deportivo"". Marca (en castelán). 28 de xuño de 2021. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  12. "Gilsanz es el elegido para el Fabril". Cadena SER (en castelán). 2 de xullo de 2021. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  13. 13,0 13,1 "Óscar Gilsanz continúa extendiendo sus propias fronteras" (en castelán). 25 de abril de 2023. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  14. "Óscar Gilsanz: «Es la temporada de la que más orgulloso estoy con el trabajo realizado»". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de maio de 2024. Consultado o 5 de novembro de 2024. 
  15. "El primer entrenamiento de Óscar Gilsanz: con el balón bajo el brazo para que el ritmo nunca decaiga". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de outubro de 2024. Consultado o 5 de novembro de 2024. 
  16. Regueiro, Zeltia (3 de novembro de 2024). "Óscar Gilsanz, de interino a opción de continuidad". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2024. 
  17. "Óscar Gilsanz, novo adestrador do Dépor até final de temporada". 5 de novembro de 2024. Consultado o 5 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya