O concello recibe o nome da súa capital, que se sitúa na N-VI, eixo vertebrador das comunicacións no concello. Baralla sitúase no extremo oriental da Meseta Lucense e fai de transición coas Serras Orientais, pasando dos 600 metros de altitude aos 900. Os lugares máis altos atópanse na Serra de Picato (844 m), Serra do Galo (754 m), Rañadoiro (901 m), Penas da Cabra (943) e Serra da Lagoa (759 m). O río Neira é a vía fluvial máis importante.
A temperatura media anual é de 10 °C, oscilando entre os 3 °C do inverno e os 19 °C do verán. Recibe precipitacións abondosas, con frecuencia en forma de neve.
Demografía
Censo total
2488 (2022)
Menores de 16 anos
166 (6,68 %)
Entre 16 e 64 anos
1338 (53,90 %)
Maiores de 65 anos
978 (39,40 %)
Evolución da poboación de Baralla Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
5955
6345
7198
4484
3193
2955
2889
2834
2798
2774
2724
2660
2630
2566
2556
2482
2445
2436
2484
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Trala división territorial de España en 1833 constituíronse os concellos de Neira de Rei e Neira de Xusá, mais en 1840 o primeiro integrouse no segundo. Até 1975 tivo como nome oficial en castelán Neira de Jusá, mais por acordo da corporación municipal de 1974, adoptouse como nome do concello o da súa capital, Baralla.
Segundo Menéndez Pidal, o topónimoBaralla procede do latínvara, varale, varal e varalia 'sebe de traveseiros', cun significado toponímico comparable ó de Cerca, Cercado, Valada ou Valadares. En 1125 consta baixo as denominacións de [in valle de] Pineira, ripa de Neira, villa que vocitant Baralia, in ripa de Neira ou villa vocitata Baralia.
Economía
O 60 % da poboación dedícase ao sector primario, ocupándose en explotacións mixtas con gandería, aproveitamento forestal e agricultura. Destaca a gandería, especialmente de vacas de carne e leite, ademais dos porcos, ovellas e cabras. Hai algúns serradoiros e algo de construción. A poboación está envellecida e nótase a proximidade de Lugo.