Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Foz

Modelo:Xeografía políticaFoz
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°34′08″N 7°15′18″O / 43.5689, -7.255
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalFoz Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.163 (2023) Editar o valor en Wikidata (101,34 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie100,29 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJavier Jorge Castiñeira Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Foz Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27780 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27019 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellodefoz.es Editar o valor en Wikidata

Foz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9899 habitantes (9754 no 2006, 9664 no 2005, 9619 no 2004, 9591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) focego[1][2] ou focense.[3]

Xeografía

Limita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.

Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.

Historia

Existen restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos egobarros.[4]

Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.

Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.

Cultura

Toponimia

Foz procede do latín vulgar focem, que en latín clásico era faucem 'gorxa, paso estreito, fauces', un lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Patrimonio arquitectónico

Vista dos absidiolos semicirculares e contrafortes de San Martiño.

Festas de interese

Fogos de artificio durante as festas de San Lourenzo en Foz.

Amais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.

Poboación

Censo total 2014 9899 habitantes
Menores de 15 anos 1219 (12,31 %)
Entre 15 e 64 anos 6361 (64,26 %)
Maiores de 65 anos 2319 (23,43 %)
Fonte: INE Arquivo
Evolución da poboación de Foz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6514 7824 8216 8795 9619 9970 9968 9978 9966 9.899 9891 9908 9931 10002 9980 10016 10078
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

Casa do concello.

Foz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.

A continuación se mostra unha táboa onde se reflicte o paro rexistrado segundo sexo, idade e sector da actividade económica.

Paro rexistrado
Sector #
Agricultura 35
Industria 62
Construción 115
Servizos 474
Sen emprego anterior  47
Total 733 (349 homes e 384 mulleres)
Fonte:SEPE. Marzo de 2014 [5]
Pra facer ben a costeira,
mariñeiriños rinlegos,
pra botar contas, no porto,
mariñeiriños focegos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.

Lugares de Foz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Foz.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Foz

Cangas (San Pedro) | Cordido (San Xiao) | Fazouro (Santiago) | Foz (Santiago) | Nois (San Xiao) | San Martiño de Mondoñedo (San Martiño) | Santa Cilla do Valadouro (Santa Cilla) | Santo Acisclo do Valadouro (Santo Acisclo) | Vilaronte (San Xoán)

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para focego.
  2. Costas González, X.-H. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para focense.
  4. Lanza, Francisco (1973). Ribadeo antiguo: noticias y documentos. Ediciós do Castro. p. 23. 
  5. "Estadisticas municipios" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2014. Consultado o 20 de abril de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Kembali kehalaman sebelumnya