"O Reino de Galicia congregado na cidade da Coruña por medio dos seus representantes reasumiu en si a Soberanía e toda a Autoridade Suprema do seu Rei, o Sr. D. Fernando VII, pola súa ausencia e detención en Francia, declarándose independente do actual Goberno de Madrid. Quedan coas armas na man os seus fillos e envía o cabaleiro D. Francisco Sangro como o seu enviado para os obxectos dos que V.E. quedará instruído.[3].[4]
As peticións que o reino de Galicia transmitía por medio dos seus delegados ao Reino Unido eran as seguintes:
Apoio militar a Portugal.
Auxilios de municións, víveres e diñeiro.
Liberdade de comercio desde Galicia a América do Sur, xa que a cuasa da ocupación de España por Francia, Iglaterra puxera cerco ao comercio que saíra dos portos españois ou entrara por eles.
A resposta do goberno inglés foi plenamente satisfactoria, xa que se comprometeu a enviar a Portugal un exército ao mando do xeneral Wellesley, obrigouse a transportar o exército de Dinamarca, liberou os prisioneiros, asegurou a libre navegación e comezou a enviar municións e diñeiro e, ademais, o goberno británico desprazou a Galicia a sir Charles Stuart con carácter oficial de embaixador, que foi comisionado para apoiar á Xunta sublevada contra a invasión napoleónica.
Porén, os envíos de diñeiro tiñan, naturalmente, varias contrapartidas. Ademais da liberdade de comercio que conseguiu Inglaterra a partir dese momento, que facilitou a entrada masiva de lenzos ingleses con notábel prexuízo para a burguesía galega, as remesas de diñeiro, sen xuros, estaban ben aseguradas.[5] Nun documento datado o 29 de xullo de 1808 e transcrito por Díaz Otero podemos ler as condicións do empréstito:
"O Reino de Galicia, Potestade Suprema e Soberana súa, no nome da S.M. o Sr.D. Fernando VII, o seu rei lexítimo (...) preso e detido en Francia (...) declara: Ter recibido da S.M. o Sr. D. Xurxo III, rei do Reino Unido da Gran Bretaña, Escocia e Irlanda, mediante a entrega do seu enviado Extraordinario o Cabaleiro Don Charles Stuart, arribado a este porto na fragata Algimene, a cantidade de oitocentos trinta e oito mil oitocentos oitenta e tres e tres cuartos pesos fortes, moeda de cuño español (...) que tivo a xenerosidade de emprestarlle sen interese e con calidade de reintegro (...) constitúe todos os Estados desta Monarquía, o seu Patrimonio Real e Rendas por garantía, obrigación e hipoteca xeral (...) e especialmente as deste Reino de Galicia, e por hipoteca especial asigna as rendas do tabaco e do sal deste mesmo Reino e as contribucións impostas ou que se impoñan a partir de agora."[6]
Do éxito da embaixada galega faise eco o historiador conde de Toreno:
"De Inglaterra chegaron tamén a Galicia prontos e cuantiosos auxilios. O seu deputado D. Francisco Sangro foi honrado e obsequiado por aquel Goberno, e remitíronselle libres á Coruña os prisioneiros españois que xemían dende había anos nos pontóns británicos. Arribou ao mesmo porto Sir Charles Stuart, primeiro diplomático inglés, que nesa calidade pisou o chan español. A Xunta (de Galicia) esmerouse en agasallalo e darlle probas da súa constante arela por estreitar os vencellos de alianza coa S.M.B."[7][8]
Ao desembarcar na Coruña sir Charles Stuart levou a noticia de que foran postos en liberdade e que serían conducidos a España todos os prisioneiros capturados no sitio de Buenos Aires, que xemían nos pontóns anclados no Támese. Precedido da fama daquelas probas da alianza e xenerosidade británicas, o comisionado foi recibido en triunfo polos habitantes da Coruña, ávidos de mostrarlle á súa gratitude e a súa alegría.[9]
Durante o seu destino como embaixador en España (realmente en Galicia) a súa actuación foi indispenásbel para o duque de Wellington.[10]
En 1825 o rei Xoán VI nomeou a Stuart o seu plenipotenciario con poderes para negociar e asinar un tratado sobre o recoñecemento da independencia do Brasil con respecto ao Reino Unido de Portugal, o Brasil e o Algarve. Investido dos poderes, Stuart asinou o tratado recoñecendo a independencia brasileira o 29 de agosto de 1825, e o 15 de novembro do mesmo ano o rei de Portugal ratificou o tratado.
O 22 de xaneiro de 1828 foi novamente nomeado embaixador en París e, o mesmo día, elevado ao título nobiliario de barón Stuart de Rothesay, da illa de Bute (Escocia).[11] Continuou como embaixador en Francia até 1831, data en que deixou o servizo diplomático.
Porén, en 1841 foi nomeado embaixador en Rusia, posto que ocupou até 1844, en que a abandonou a cuasa dunha enfermidade.
Vida familiar
O 6 de febreiro de 1818 Stuart casou con Elizabeth Margaret Yorke, filla de Philip Yorke, terceiro conde de Hardwicke, coa que tivo dúas fillas:
Charlotte Stuart (1817–1861), que foi esposa de Charles Canning, primeiro conde Canning.
Louisa Stuart (1818 - 1891), que foi esposa de Henry Beresford, terceiro marqués de Waterford.
Xubilado antecipadamrnte do servizo diplomático en 1831, Stuart mandou construír unha nova casa familiar. En 1830 comprara un terreo en Highcliffe, Dorset, que previamente fora dos seus antepasados e que vendera o seu pai. Entre 1831 e 1835 construíuse o castelo de Highcliffe,[12] unha masión de estilo neogótico.
En 1844, debido a problemas de saúde, regresou a Inglaterra, deixando a embaixada de San Petersburgo e retirándose ao seu castelo de Highcliffe, no que morreu o 6 de novembro de 1845, aos 66 anos de idade.[12] Ao non ter ningún herdeiro masculino, o título de barón Stuart de Rothesay extinguiuse coa súa morte. Foi enterrado na igrexa de St Mark, Highcliffe, e o seu monumento mortuorio aínda pode verse hoxe alí.
↑Díaz Otero, Antón (1981): Orígenes, estructura y evolución de la Junta Suprema de Galicia, 1808-1813. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, pro ms., pp. 45-46.
↑"El Reyno de Galicia congregado en la ciudad de La Coruña por medio de sus representantes ha reasumido en sí la Soberanía y toda la Autoridad Suprema de su Rey el Sr. D. Fernando VII, por su ausencia y detención en Francia, habiéndose declarado independiente del acual Gobierno de Madrid. Quedan con las armas en la mano sus hijos y envía al caballero D. Francisco Sangro como su enviado para los objetos de que V.E. quedará insturuido".
↑"El Reyno de Galicia, Potestad Suprema y Soberana de él, en nombre de S.M. el Sr. D. Fernando VII, su rey legítimo (...) preso y detenido en Francia (...) declara: Haber recibido de S.M. el Sr. D. Jorge III, rey del Reyno Unido de la Gran Bretaña, Escocia e Irlanda, por entrega de su enviado Extraordinario el Caballero Don Carlos Stuart arribado a ete puerto en la fragata Algimene, la cantidad de ochocientos treinta y oho mil ochocientos ochenta y tres y tres cuartos peos fuertes, moneda de cuño español (...) que ha tenido la generosidad de prestarle sion interés y con calidad de reintegro (...) constuituye todos los Estados de esta Monarquía, su Patrimonio Real y Rentas por garantía, obligación e hipoteca general (...) y señaladamente las de este Reyno de Galicia, y por hipoteca especial asigna las rentas del tabaco y la sal de este mismo Reyno y las contribuciones impuestas o que se impongan en lo sucesivo".
↑"De Inglaterra llegaron también a Galicia prontos y cuantiosos auxilios. Su diputado D. Francisco Sangro fue honrado y obsequido por aquel Gobierno, y se remitieron libres a La Coruña los prisioneros españoles que gemían hacía años en los pontones británicos. Arribó al mismo puerto Sir Charles Sutart, primer diplomático inglés que en calidad de tal pisó el suelo español. La Junta (de Galicia) se esmeró en agasajarle y darle pruebas de su constante anhelo por estrechar los vínculos de alinza y amistad con S.M.B".
↑Conde de Toreno: Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808), pp. 61-62.
↑Gómez de Arteche, José (1868): Guerra de la Independencia: Historia militar de España de 1808 á 1814, Volumen 1, p. 384.
Conde de Toreno (2008): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808). Ed. de J. M. Martínez Valdueza. Astorga, León: Editorial Akrón. ISBN 978-84-936293-4-2.
Moliner Prada, Antonio (2008): "De las Juntas a la Regencia. La difícil articulación del poder en la España de 1808", Historia Mexicana, vol. LVII, nº 1 (xullo-setembro). Artigo completo en PDF Inclúe un capítulo sobre "Las Juntas gallegas como ejemplo".