Eduardo Pérez Vega, coñecido como Tameirón, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Xornaleiro e traballador do camiño de ferro da Gudiña, era militante da CNT. Desertou do exército franquista e integrouse no grupo de Manuel Girón Bazán a finais de 1937. Asistiu ao Congreso de Ferradillo. Foi axudante de Mario Morán García na xefatura da II Agrupación dende 1945. Logrou fuxir a Francia na compaña de Florentino Pérez no outono de 1948. De alí marchou a Venezuela.
Véxase tamén
Bibliografía
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
|
---|
Guerrilleiros antifranquistas | |
---|
|