É un pequeno paxaro de distribución paleártica, que non chega ao extremo norte da rexión,[4] moi característico pola súa longa cola.
Características
As principais características desta especie son:[6][7]
Son paxaros duns 14 cm de lonxitude, dos que de 7,5 cm corresponden á cola, moi longa con relación á totalidade do corpo.
Pesan de 6 a 10 g.
A súa coloración é basicamente negra e parda na parte superior do corpo e abrancazada na inferior, cos flancos avermellados, pero amosan diferenzas de coloración segundo as subespecies.
Así a forma do norte de Europa (A. c. caudatus) ten a cabeza e os flancos completamente brancos,
A subespecie británica (A. c. rosaceus), así como as subespecies da Europa occidental e meridional (A. c. europaeus) teñen a cabeza branca, cunha marcada e ancha franxa superciliar (cella) case negra.
En Centroeuropa hai poboacións mixtas das dúas subespecies da Europa continental citadas anteriormente.
As ás e a cola son negras, coas rectrices externas de cor branca pura.
Os individuos inmaturos teñen as meixelas, a caluga e as partes superiores pardas, e non amosan a coloración avermellada dos adultos na zona dos ombreiros.
Constrúen niños en forma de bolsas entretecidas, moi traballados, de forma esférica ou ovoidal e cunha entrada lateral, pendurados de árbores ou arbustos, ou situados na galla dunha árbore (carballo, piñeiro, ciprés, ameneiros, freixos, etc.), en silveiras ou en hedras, a de 1 a 6 m de altura sobre o solo, entre a follaxe mesta, a miúdo preto de cursos de auga.[4][6][7] Os materiais típicos de construción son musgos, liques, pelos de mamífero, plumas de aves e anacos de plantas, que tecen con teas de araña.[Cómpre referencia]
As femias poñen entre 6 e 10 ovos brancos con pencas rosadas, que chocan entre 12 e 14 días. Os polos tardan entre 14 e 18 días en poder voaren. Adoitan facer dúas postas por ano.[4][6] E corrente que os adultos que perderon a niñada fornezan ocasionalmente con alimento os polos doutras parellas.[Cómpre referencia]
Outros aspectos da conduta
Son paxaros moi sociais, que en inverno adoitan formar bandos, mesturados con exemplares doutras especies.[Cómpre referencia]
Este nome grego foi citado por Aristóteles, que describe na súa obra Historia dos animais ou Investigacións sobre os animais (en grego Περὶ Τὰ Ζῷα Ἱστορίαι, en latínHistoria animalium) varios paxaros con este nome.[10]
Especie
O epítreto específico, caudatus é o nominativo masculino singular do adxectivocaudatus, -a, -um, "con cola", derivado do substantivocauda, -ae, "cola", en alusión á longa cola desta especie.
A. c. tephronotus (ferreiriño rabilongo dos Balcáns)
A. c. trivirgatus (ferreiriño rabilongo do sur do Xapón)
A. c. vinaceous.
Algunhas destas subespecies foron consideradas no pasado como especies separadas:[Cómpre referencia]
A. c. rosaceus, que vive no extremo oeste da súa área de distribución (Francia, Gran Bretaña), caracterízase pola presenza dunha mancha negra na cabeza.
Dado que o hábitat do ferreiriño subeliño é moi frecuente en Galicia, a especie distribúese ben por todo o territorio galaico, onde é común e sedentaria, escaseando máis nas proximidades do litoral.[4][6]
Galería de imaxes
Adulto.
Adulto.
Adulto.
Adulto.
Individuo inmaturo.
Vídeo de ferreiriños subeliños nunha póla de ameneiro.
↑Aegithalos no Dictionarium Etymologicum Latinum (etc.) Or, a Dictionarie Declaring the Etymologies, the Originall and Derivation of All Words Used in Any Latine Authors, de Francis Holyoake, Kingston, 1639.
del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx EdicionsISBN 978-84-96553-98-9.
Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-87674-06-2, p. 268.
Peterson, Roger; Guy Mountfort & P. A. D. Hollom (1973). Guía de campo de las aves de España y de Europa. 3ª edición revisada. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0334-2, pp. 311–12
CCG / SGHN (1995): Atlas dos vertebrados de Galicia. II. Aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. Colección do Patrimonio Ecolóxico. ISBN 84-87172-89-X, p. 541–2.