Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Fran Justo

Modelo:BiografíaFran Justo
Nome orixinalFrancisco Justo Rodríguez
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata

Francisco "Fran" Justo Rodríguez, nado en Ourense o 24 de agosto de 1989, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria

Nacido en Ourense, xogou ao fútbol nas categorías inferiores do Pabellón Ourense, do CD Velle e do Ponte Ourense. Debutou co primeiro equipo deste último en 2009, pero en 2013, con só 23 anos, retirouse para iniciar unha carreira de adestrador, tarefa na que xa se iniciara na canteira do propio Ponte Ourense.[1]

En xuño de 2013 colleu as rendas da SD Nogueira de Ramuín, da Primeira Autonómica,[2] e logrou o ascenso á Preferente Galicia no ano seguinte. En 2015, tras descender de novo a Primeira, abandonou o club e regresou aos xuvenís do Ponte Ourense, renomeado xa como Ourense CF.[3]

O 28 de xuño de 2016 foi elixido para poñerse á fronte do primeiro equipo do Ourense CF, en Preferente.[4] Na súa primeira campaña logrou o ascenso a Tercera División, tras rematar segundo no Grupo Sur, só por detrás do Cultural Areas.[5] Dirixiu o equipo ourensán durante os seguintes tres anos en Terceira, logrando bos resultados, e na última tempada acabou segundo só por detrás do Compostela de Yago Iglesias, ao que non conseguiu superar na fase de ascenso.

En agosto de 2020 fichou polo Arenteiro, da mesma categoría, co que conseguiu ascender á Segunda División RFEF na súa primeira tempada.[6][7] Dirixiu o equipo do Carballiño tamén durante a primeira parte da histórica campaña 2022/23, que culminaría co ascenso á Primeira División RFEF. Con todo, non chegou ao final da competición, pois en novembro, co equipo líder da liga e despois de eliminar na Copa do Rei o Almería (equipo da Primeira División) e de acadar a Copa Federación, o adestrador recibiu unha oferta para adestrar o Lugo, na Segunda División.[8][9]

Chegou ao equipo lucense para substituír a Hernán Pérez, cesado despois de 16 xornadas, co equipo en postos de descenso. Debutou na categoría cun empate a un gol ante o Levante,[10] e obtivo dúas vitorias e seis derrotas nas seguintes oito xornadas, antes de ser destituído en xaneiro.[11] Trala súa marcha, pasaron polo banco lugués Joan Carrillo e Íñigo Vélez, pero ningún deles conseguiu cambiar o rumbo do equipo, que acabou último.[12]

Iniciou a tempada 2023/24 á fronte do Real Unión, na Primeira División RFEF.[13] Comezou con bos resultados e con catro vitorias nas cinco primeiras xornadas, pero foi destituído o 26 de decembro do 2023, despois de seis partidos sen gañar,[14] sendo substituído por Iñigo Idiakez. Con todo, o técnico donostiarra non conseguiu endereitar o rumbo do equipo e só puido conseguir dúas vitorias en 13 xornadas, polo que en abril de 2024 os dirixentes do club, encabezados polos irmáns Unai e Igor Emery, decidiron ofrecerlle de novo o posto a Fran Justo, que contaba co apoio dos xogadores.[15]

Deste xeito o galego regresou ao banco do conxunto irundarra, que se atopaba empatado a puntos cos postos de descenso a falta de oito xornadas.[15] Logrou tres vitorias ante o Cornellà, o Unionistas e o Fuenlabrada, e un empate contra a Cultural Leonesa, resultados que foron suficientes para salvar a categoría na derradeira xornada en Riazor, a pesar de perder dito encontro ante o Deportivo da Coruña.[16] A pesar do éxito final, o Real Unión comunicou unhas semanas despois que o técnico non seguiría á fronte do equipo.[17]

Palmarés

Nogueira de Ramuín
Arenteiro

Notas

  1. Rodríguez González, Luis Manuel (24 de febreiro de 2020). "Fran Justo, el joven arquitecto del Ourense CF". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  2. Clinaz, Fabián (25 de xuño de 2013). "Savia nueva en los banquillos". La Región (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  3. "Fran Justo: "Es una nueva oportunidad para mi carrera en el fútbol"". Faro de Vigo (en castelán). 28 de maio de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  4. "Fran Justo, elixido novo adestrador para o equipo de Preferente". 28 de xuño de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  5. "Fran Justo seguirá un año más al frente del Ourense CF en Tercera División" (en castelán). 22 de maio de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  6. Garrote, Pepe; Nieto, Laureano (3 de agosto de 2020). "Fran Justo ficha por el Arenteiro". La Región (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  7. "El Arenteiro renueva a Fran Justo". Faro de Vigo (en castelán). 5 de xuño de 2021. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  8. "Fran Justo, nuevo entrenador del CD Lugo". Club Deportivo Lugo (en castelán). 23 de novembro de 2022. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  9. "O Lugo asina Fran Justo, adestrador do Arenteiro". Nós Diario. 23 de novembro de 2022. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  10. "El VAR condiciona el debut de Fran Justo con el Lugo". Faro de Vigo (en castelán). 28 de novembro de 2022. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  11. "El Lugo despide a Fran Justo y piensa en Joan Carrillo como sustituto". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  12. "El descenso más merecido del Lugo en sus 70 años de historia". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de maio de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  13. "Fran Justo, nuevo entrenador del Real Unión" (en castelán). 19 de xuño de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  14. "Fran Justo no continuará como entrenador del Real Unión" (en castelán). 26 de decembro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  15. 15,0 15,1 "Fran Justo acepta volver al Real Unión" (en castelán). 4 de abril de 2024. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  16. Regueiro, Zeltia (25 de maio de 2024). "Fran Justo: “Esto lo recordaremos toda la vida”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  17. "Fran Justo no continuará como entrenador del Real Unión" (en castelán). 17 de xuño de 2024. Consultado o 23 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya