Gotor é un concello español da provincia de Zaragoza (Aragón), situado na comarca de Aranda. A súa poboación era de 389 habitantes en 2004 (INE), sobre unha superficie de 15,26 km², o que lle outorgaba unha densidade de poboación de 25,49 hab/km². Dista 93 km da cidade de Zaragoza.
Xeografía
Áchase situado no val do Aranda, ao pé da Serra da Virxe, no oeste da provincia e da comunidade autónoma.
Nome
O seu nome explícase como proveniente do xenitivo latinoGothorum, que significa dos godos.