Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Jaraba

Modelo:Xeografía políticaJaraba
Imaxe

Localización
Mapa
 41°11′24″N 1°53′03″O / 41.1901, -1.8841
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
CapitalJaraba Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación281 (2023) Editar o valor en Wikidata (6,56 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie42,805158 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude763 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Enrique Perez Sicilia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50237 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE50129 Editar o valor en Wikidata

Sitio webjaraba.es Editar o valor en Wikidata

Jaraba (Charaba en aragonés) é un municipio de Aragón, España, situado na provincia de Zaragoza, na comarca da Comunidade de Calatayud. En 2004 a súa poboación era de 316 habitantes. Dista 124 km da capital provincial.

Datos xeográficos

O concello de Jaraba ocupa unha área de 42,91 km². Aséntase na beira esquerda do río Mesa.

Economía

A economía de Jaraba asenta principalmente no turismo termal. Ha tres balnearios, o Balneario da Virxe, o Balneario de Serón e máis o Balneario de Sicilia, todos creados no século XIX. Ao parecer as propiedades das súas augas xa eran coñecidas desde tempos dos romanos.

As tres plantas embotelladoras de auga que existen no lugar, Fontjaraba, Fontecabras e Lunares, tamén son importantes na súa economía desde que en 1860 foron declaradas de utilidade pública.

Nome

Nos textos medievais máis antigos aparece escrito Jarava, grafía que se mantivo no Fogaxe de 1495. Logo xorde como Xarava en contexto castelanizantes, pero ese -X- no século XVII tornouse no J velar actual.

O seu nome, que se repite na microtoponimia da provincia de Sevilla, é interpretado como procedente do árabe fawwâra "fonte", con metátese, comparábel a La Alfahuara (Almeria) ou Fabara na mesma provincia de Zaragoza[1].

Notas

  1. Emilio Nieto Ballester, Breve diccionario de topónimos españoles. Madrid. Alianza. 1997, páx. 200
Kembali kehalaman sebelumnya