Dende Valencia, accédese a esta localidade por estrada a través da A-3 e a V-11. Por transporte público é tamén accesible a través das liñas 3 e 5 de Metro Valencia e da liña 150 do autobús Manises/Aeroporto.
Barrios
El Carme
Socusa
Obradors
Sant Jeroni (Barriada compartida co municipio veciño de Quart de Poblet)
Sant Feliu
Alameda Park
Sant Francesc
Historia
Non hai datos seguros dunha ocupación humana deste termo anterior á romanización. Desta época son testemuñas, ademais dunha moeda achada no campo de golf e de fragmentos de vasos de terra sigillata aparecidos no Racó, os restos dunha posible vila rústica que hai na partida do Collado, onde se vía o fuste dunha columna de pedra calcaria dun metro de diámetro.
A orixe da poboación é musulmá, aínda que se atoparon pegadas da época romana. Os musulmáns crearon un centro cerámico moi importante que, trala súa conquista, foi doado por 1237 polo rei Jaume II a Artal de Lluna, cuxa familia continuou na posesión até finais do século XIII, en que pasou a poder de Pere Boil, mordomo e tesoureiro de Jaume II. Os musulmáns seguiron vivindo en Manises, traballando o barro cocido, cuxa técnica ensinaron aos cristiáns, os cales á súa vez a perfeccionaron.
Demografía
Conta cunha poboación de 29.778 habitantes en 2007. Un 6,21% dos seus habitantes era, segundo o mesmo padrón, da inmigración.
É un clima tipicamente mediterráneo pero non con trazos moi definidos, atopámonos uns veráns menos calorosos que no interior e uns invernos considerablemente bastante máis fríos que na costa, con xeadas nocturnas nos meses de inverno. A temperatura media do inverno descende aos 4,7 graos (aínda que pode chegar aos -5 °C ou -10 °C nos días máis fríos) mentres que ao verán ascende aos 24,8 grados (con picos de 35 °C).