Torre Alháquime, coñecido polos seus habitantes como La Torre, é un concello español da provincia de Cádiz, en Andalucía. Pertence á comarca da Sierra de Cádiz e tiña en 2014 unha poboación de 776 habitantes.
Situado ao nordés da provincia, forma parte da famosa Ruta dos pobos brancos. Limita cos municipios de Olvera, Alcalá del Valle e Setenil de las Bodegas. Está a unha altitude de 495 metros e a 145 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Entre os seus lugares de interese destacan un castelo árabe dos séculos XIII e XIV, declarado de interese turístico; a igrexa da Nosa Señora da Antiga, do século XVIII ou as ruínas dunha antiga fortaleza nazarí.